Silleda - prazo para as inscripcións no programa de balnearios


Ábrese o prazo de inscrición para participar no programa Benestar en Balnearios destinado á terceira idade

Silleda, 27 de abril de 2012. O prazo para poder participar nas xornadas Benestar en Balnearios acaba de comezar e rematará o vindeiro 11 de maio.

Este é un programa da Consellaría de Traballo e Benestar, co que colabora a Concellaría de Benestar e Igualdade que dirixe Dolores García, no municipio de Silleda.

Benestar en Balneario, que leva convocándose dende hai varios anos, pretende contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, de forma divertida e con tratamento termal, e ocupar o tempo libre dun xeito activo e positivo.


Nesta ocasión, ofertantes 720 prazas para toda Galicia, e hai un total de trece balnearios para elixir onde pasar a estadía de dez días e nove noites, con aloxamento, manutención e animación sociocultural, todo incluído nun prezo que oscila entre os 300 e os 400 euros por persoa.

Os solicitantes deben ser maiores de 65 anos, ou maiores de 60 e ser pensionistas, e poden ir acompañados dun cónxuxe que non precisa cumplir estas condicións; asemade, deben residir en Galicia e atoparse en condicións de participar no programa valéndose por si mesmos para as actividades da vida diaria.

Outro requisito a cumprir é non padecer ningún tipo de enfermidade que afecte á normal convivencia, nin superar uns ingresos persoais de 763,60 euros.

No Concello de Silleda, quen o desexe, pode inscribirse nas dependencias de Servizos Sociais emprazadas no Centro Social dos Maiores, no antigo ambulatorio, onde tamén poden obter máis información. 

Ningún comentario: