Federación de libreiros - comeza a feira do libro de Santiago


A XXXI FEIRA DO LIBRO DE SANTIAGO ENCHERÁ A ALAMEDA COMPOSTELÁ DE LIBROS A PARTIRES DESTE SÁBADO

A cita cos libros terá lugar do 28 de abril ao 6 de maio no Paseo Central da Alameda santiaguesa

26 de abril de 2012.- Esta mañá tivo lugar a presentación da XXXI edición da Feira do Libro de Santiago, na sede da Federación de Libreiros de Galicia.

O Paseo Central da Alameda santiaguesa será, entre o 28 de abril, e o 6 de maio. o emprazamento para esta xuntanza coa mellor literatura e máis os volumes de divulgación. O seu horario é de mañás de  12:00 a 14:00 horas;  tardes, de  17:30 a 21:00 horas; e fins de semana e festivos,  de 12:00 a 14:30 e de 17:30 a 21:30 horas.


Na presentación tomaron a palabra Antonio Fernández Maira, coordinador da Federación; e Xosé Antón Pedreira Mirás, director técnico da Feira do Libro compostelá, que debullaron a programación deste ano.

Na Feira participan: Biblioteca Pública Ánxel Casal; Consorcio Editorial Galego; Editores de Compostela; Gran Enciclopedia Galega; Ler Librarías (A Pobra do Caramiñal); Libraría Aenea (Santiago); Libraría Brañas (Carballo); Libraría Brea (Betanzos); Libraría Cartabón (Vigo); Libraría Pedreira (Santiago); Libros Para Soñar (Vigo) e Urco Editora.

A Federación de Libreiros de Galicia, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza a xeira de feiras do libro. Colaboran na cita santiaguesa o Concello de Santiago, a Deputación Provincial da Coruña e a Asociación do Traxe Galego.

Trala quenda de Santiago chegarán a de Lugo, entre o 15 e o 20 de maio; Ourense, do 1 ao 6 de xuño; Vigo, entre o 1 e o 8 de xullo; A Coruña, do 1 ao 10 de agosto; e Viveiro, entre o 13 e o 16 de agosto.

A Comisión de Honra da Feira conta con Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia; Ángel Currás Fernández, Alcalde de Santiago; Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Anxo M. Lorenzo Suárez, Secretario Xeral de Cultura; e Xurxo Patiño Pérez, Presidente da Federación de Libreiros de Galicia.

Na Comisión técnica toman parte Xurxo Patiño Pérez e Antonio Fernández Maira. E a dirección técnica corre a cargo de Xosé Antón Pedreira Mirás.


+ INFORMACIÓN: Luís Cividanes González · T: 981 93 53 45 ·  662 12 63 98 · M: prensa@trevisani.es
PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Día 28.  Sábado

12:45    
Actuación musical: Banda de Música de Santiago de Compostela.

13:00    
Inauguración oficial.
Intervencións dos representantes institucionais.
Pregón inaugural a cargo de Víctor F. Freixanes.
Participación da Asociación do Traxe Galego.
                 
18:00
Actividade infantil: Obradoiro de Xogos Malabares. Yuma  

19:00
Sinatura de libros: Historia de Santiago de Compostela, de Mercedes López-Mayán, Beatriz Castro Díaz e Alfonso Iglesias Amorín, publicado por de Vía Láctea Editorial

20:.00   
Presentación de libros: Morgana en Esmelle
Participan: Begoña Caamaño, autora, Víctor F. Freixanes, Director Xeral de Galaxia e María Xesús Nogueira, profesora de Filoloxía Galega na USC

21:15    
Sorteo dun lote de libros.


Día 29.  Domingo

13:00    
Actuación musical: Banda e Orquestra da Escola Municipal de Música do Concello de Santiago.

18:00    
Obradoiro de narración oral e contacontos: Boniface Ofogo, narrador senegalés
Ao remate, o autor asinará exemplares do seu libro O león Kandinga, publicado por Kalandraka Editora.

19:00    
Presentación de novidades editoriais: “O renacer da literatura fantástica en galego”.  Urco Editora e Contos Estranos Editora. 

21:15    
Sorteo dun lote de libros.




Día 30.  Luns

18.30    
A Fundación Eduardo Pondal, de Ponteceso presenta o seu programa Festiletras. Participarán na mesa de presentación Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Fondo, alcalde de Ponteceso e presidente da Fundación e Uxía Blanco.  Ao remate das intervencións, actuación  do grupo Cultura Activa e da cantante Alba Costa.

19:00    
Presentación do libro 100 anos do himno de Galicia, publicado por Edicións Embora. 
Participa: Xosé Neira Vilas, autor. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares das súas obras.

20:00
Presentación do libro A praza é nosa. Quen constrúe a democracia? , publicado por 2.0 Editora
Participan: Marcos Pérez Pena, xornalista e coordinador do libro, Antón Lado, editor, e varios dos autores.

21:15    
Sorteo dun lote de libros.

Día 1.  Martes

18:00    
Actividade para nenos: Obradoiro de baile e xogos tradicionais. Cantigas e Agarimos

19:00    
Presentación dos libros Medievalario, de Fran Zabaleta e Mi padre comía botones, de Juan Sacha Full,  editados por Redelibros. 
Participan: os autores e un representante da editorial.

20:00    
Mesa redonda:  “Segredos da novela histórica”
Participan: Marcos Calveiro (autor de Settecento, Ed. Xerais),  Pere Tobaruela (autor de Poñente, Ed. Xerais)  e Fran Zabaleta  (autor de Medievalario, Redelibros).  Ao remate do acto, os autores asinarán exemplares dos seus libros.

21:15    
Sorteo dun lote de libros.

Día 2.  Mércores

19:00    
Presentación do libro Por un común denominador. A esquerda da nación, publicado por 2.0 Editora.
Participan: Martiño Noriega, autor, e Manuel M. Barreiro, editor.

20:00    
Presentación do libro O silencio, publicado por Edicións Xerais de Galicia. 
Participan: Mario Regueira, autor, e Manuel Bragado Rodríguez, Director Xeral da editorial.

21:15    
Sorteo dun lote de libros.

Día 3.  Xoves

18:00    
Actividade infantil: “Un conto de sempre”. Monicreques Cascanueces

19:00    
Presentación dos libros Ruído de fondo, de Daniel Salgado e Os fillos do mar, de Pedro Feijóo, publicados por Edicións Xerais de Galicia.
Participan: os autores e Manuel Bragado Rodríguez, Director Xeral da editorial.
Ao remate do acto, os escritores asinarán exemplares dos seus libros.

21:15    
Sorteo dun lote de libros.

Día 4. Venres

18:00    
Actividade infantil: O Pequeño Cabaret de tolosMonicreques Cascanueces  

19:00    
Presentación do libro Herdeiros pola forza, publicado por 2.0 Editora.
Participan: Xurxo Ayán e Manuel Gago , autores, e Manuel Lado, editor.

20:00    
Presentación do libro Un pozo moi fondo, publicado por Editorial Galaxia.
Participan: o doutor José Luís Iglesias Díaz, autor, Nieves Herrero, vogal de ABAGAL (Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia) e o editor Francisco Castro.

21:15    
Sorteo dun lote de libros.

Día 5.  Sábado

12:30    
Presentación da colección Cociña infantil e familiar, da editorial Ouvirmos.
Cursos de cociña para nenos.
Horarios:              Mañá de 12:30 a 14:00 horas
Tarde de 17:30 a 19:00 horas

19:00    
Presentación dos libros Iria, de Anxo Angueira e Transmuta, de Xabier Cordal, publicados por Edicións Xerais de Galicia.
Participan: os autores e Manuel Bragado Rodríguez, Director Xeral da editorial. 
Ao remate do acto, os escritores asinarán exemplares dos seus libros.

21:15    
Sorteo dun lote de libros.

Día 6.  Domingo

18:00    
Presentación: Paula Carballeira e un representante de Kalandraka Editora presentan O principio,  novo álbum desta autora e narradora, ilustrado por Sonja Danowski: unha historia sobre a crueldade da guerra, cunha mensaxe de esperanza.

19:00 
Sinatura do libro Almas opuestas, de Cristina Prieto SolanoIrene Castelos Cortizas, publicado por Ediciones Hades.

21:15    
Sorteo dun lote de libros

21:30    
Peche da Feira do Libro




COLABORADORES
  • Concello de Santiago
  • Deputación Provincial da Coruña
  • Asociación do Traxe Galego



RELACIÓN DE PARTICIPANTES


  • Biblioteca Pública Ánxel Casal
  • Consorcio Editorial Galego
  • Editores de Compostela
  • Gran Enciclopedia Galega
  • Ler Librarías. A Pobra do Caramiñal
  • Libraría Aenea.  Santiago
  • Libraría Brañas.  Carballo
  • Libraría Brea.  Betanzos
  • Libraría Cartabón.  Vigo
  • Libraría Pedreira.  Santiago
  • Libros Para Soñar.  Vigo
  • Urco Editora
  • Secretaría e Información
  • Caseta de firmas


Ningún comentario: