A
Aula de informática do Milladoiro acolle durante esta
semana un
curso para aprender a buscar emprego a través da rede
Este
curso
está dirixido a persoas maiores de 18 anos, que teñen uns
coñecementos básicos de alfabetización dixital (o que
inclúe
navegar pola internet e manexar algún procesador de
textos). Esta
actividade desenvolverase entre o 23 e o 27 de abril, en
horario de
tarde, de 18:00 h a 19:00 horas.
No
mes de maio desenvolverase un curso de iniciación ás
follas de
cálculo, mentres que no mes de xuño está previsto que se
desenvolva un obradoiro de mecanografía para nenos/as.
Para
inscribirte nestes cursos ou resolver calquera outra
dúbida ou
pregunta, poden comunicarse a través do teléfono 981 535
940 ou vía
correo electrónico escribindo a
informatica.milladoiro@concellodeames.org.
A Aula de informática do Milladoiro
acolle
durante esta semana un curso para aprender a buscar emprego
a través
da rede. Este curso está dirixido a persoas maiores de 18
anos, que
teñen uns coñecementos básicos de alfabetización dixital (o
que
inclúe navegar pola internet e manexar algún procesador de
textos).
Esta actividade desenvolverase entre o 23 e o 27 de abril,
en horario
de tarde, de 18:00 h a 19:00 horas. O obradoiro, que ten
unha
duración de 5 horas, é gratuíto. No mes de maio
desenvolverase un
curso de iniciación ás follas de cálculo, mentres que no mes
de
xuño está previsto que se desenvolva un obradoiro de
mecanografía
para nenos/as. Para inscribirte nestes cursos ou resolver
calquera
outra dúbida ou pregunta, poden comunicarse a través do
teléfono
981 535 940 ou vía correo electrónico escribindo a
informatica.milladoiro@concellodeames.org.
A
Aula de informática do Milladoiro desenvolve todos os
trimestres
varios cursos co obxectivo de que a veciñanza amiense teña a
oportunidade de mellorar os seus coñecementos de
informática. As
novas tecnoloxías forman parte do día a día e cada vez é
máis
preciso saber manexar un computador ou navegar por internet.
Para
iso, organizouse un curso para aprender a buscar emprego a
través da
rede. Nestas xornadas participan cinco persoas que xa teñen
uns
coñecementos básicos de alfabetización dixital como son
navegar
pola internet e manexar algún procesador de textos. Este
curso
desenvólvese ao longo desta semana, entre o 23 e 27 de
abril, en
horario de 18:00 a 19:00 horas.
Nestas
xornadas ensínaselle aos participantes a pedir un certificado
de
vida laboral, facer un currículo e unha carta de presentación
nun
procesador de textos e envialo por correo electrónico,
rexistrarse
nalgún portal de emprego e visitar páxinas de empresas onde
poder
enviar o currículo. Unha vez rematado o curso os participantes
recibirán un certificado que acredita o correcto
aproveitamento
desta acción formativa.
No
mes de maio desenvolverase un curso de iniciación ás follas de
cálculo, que tamén está destinado as persoas maiores de 18
anos
con coñecementos básicos en informática o que inclúe manexar
algún procesador de textos. Esta actividade desenvolverase
entre o 2
e o 31 de maio, en horario de mañá, de 10:00 h a 12:00 horas,
e de
tarde, de 19:00 h a 21:00 horas. O obradoiro, que ten unha
duración
de 40 horas, ten un custo de 10 euros. Ofértanse 20 prazas (10
para
a quenda de mañá e 10 para a quenda de tarde). As persoas que
estean interesadas neste curso deben saber que aínda quedan
dúas
prazas libres na quenda de tarde.
Para o mes de xuño queda o obradoiro de mecanografía para nenos/as. Este curso está dirixido a nenos/as de entre 8 e 12 anos interesados en aprender a manexar un programa de mecanografía. Esta actividade desenvolverase entre o 11 e o 15 de xuño, en horario de 16:00 h a 17:00 horas. O obradoiro, que ten unha duración de 5 horas, é gratuíto. Ofértanse un total de 10 prazas.
Para o mes de xuño queda o obradoiro de mecanografía para nenos/as. Este curso está dirixido a nenos/as de entre 8 e 12 anos interesados en aprender a manexar un programa de mecanografía. Esta actividade desenvolverase entre o 11 e o 15 de xuño, en horario de 16:00 h a 17:00 horas. O obradoiro, que ten unha duración de 5 horas, é gratuíto. Ofértanse un total de 10 prazas.
Para
optar a unha das prazas é imprescindible estar empadroado no
Concello de Ames. Así mesmo, as prazas son limitadas e
cubriranse
por rigorosa orde de inscrición. Terán prioridade as persoas
que
non realizaron esas mesmas actividades en trimestres
anteriores.
Estas actividades realízanse co obxectivo de fomentar o acceso
ás
novas tecnoloxías de todos e todas as persoas que aínda non
tiveron
a oportunidade de matricularse nalgún dos obradoiros
programados
anteriormente. Para inscribirte nestes cursos ou resolver
calquera
outra dúbida ou pregunta, poden comunicarse a través do
teléfono
981 535 940 ou vía correo electrónico escribindo a
informatica.milladoiro@concellodeames.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario