O Concello de Melide ven de aprobar 383.117,30 € en Xunta
de Goberno Local que corresponden a bens e servizos do ano 2011 e do ano en
curso.
- A
XGL ven de aprobar todas as facturas que constaban no rexistro do Concello
dende o 1 de xaneiro ate o día 13 de abril deste ano das cales corresponden
a servizos ou bens recibidos no exercicio 2011 por importe de 86.425,02 €
e outras do ano en curso que ascenden a 296.692,28 €.
- O
esforzo económico realizado polo Concello de Melide é moi grande ao
intentar na medida das posibilidades levar as contas ao día a pesares de
facerse cargo en tan só un ano de toda a débeda acumulada.
Melide, 26 de
abril de 2012.-
A Xunta de Goberno Local ven de aprobar un total de 383.117,30 € que
corresponden a bens e servizos do ano 2011 e do ano en curso. O equipo de
goberno está a levar a cabo una xestión austera co fin de poder manter todos os
servizos básicos o que dificulta levar a cabo a contabilidade ao día debido a
situación económica herdada polo anterior equipo de goberno. Cabe dicir polo
tanto, que non están achegadas facturas de traballos realizados en anos
anteriores das cales non teñen constancia os servizos de intervención tendo que
facer fronte incluso a facturas anuladas polo bipartito BNG-PSdG-PSOE, sendo
reclamadas agora por provedores, sendo os responsables anteriores informados e
respondendo que se trata de erros. En aras de solventar toda esta problemática
a contabilidade provocada por irresponsabilidades de xestión, as contas non
están totalmente ao día tal e como lle gustaría ao equipo de goberno actual a
pesares dos esforzos que o equipo de goberno e os técnicos municipais están a
facer. Sen embargo, hai que destacar o gran esforzo que está a facer o actual
equipo de goberno para restrinxir o gasto dada a situación económica do
consistorio melidá co fin de seguir asegurando as prestacións básicas que lle
corresponden a Melide como concello cabeceira de comarca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario