
Emoción, confianza e ilusión é o que transmitiron as máis de 2.000 persoas (estimacions da xerencia de Lp45) que acudiron na noite de onte á presentación oficial da candidatura de UXO para os comicios locais do 24 de maio, na discoteca LP45. Un acto no que o partido que leva gobernando en Ordes dende as últimas dúas lexislaturas presentou o seu equipo. Un nutrido grupo no que equilibradamente se mestura a experiencia e a veteranía na xestión municipal de moitos deles coa xuventude e a vontade de entrega á cidadanía doutros.
Sin dúbida trátase da presentación ofical deste tipo máis concurrida dos últimos anos, o que se interpretou por parte de moitas e moitos como unha manifestación de apoio á continuidade do proxecto emprendido por Manuel Regos dende hai oito anos.
A actual tenente de alcalde, Silvia Marín, foi encarga de abrir a noite cunhas emotivas palabras nas que non faltaron as alusións á importancia que teñen as políticas sociais e de igualdade de oportunidades. Pola súa banda, un emcionado Manuel Regos mostrou o seu agradecemento pola presenza de tantos e tantas veciñas e manifestou unha vez máis o seu compromiso cos empresarios, pequenas e medianas empresas, comerciantes e profesionais do sector agrogandeiro. Solicitou para o seu equipo a mesma confianza que él mesmo lle ten, e na que se repiten nomes na case totalidade dos primeiros postos da listaxe.
Con todo houbo tempo para facer un repaso dos proxectos máis emblemáticos realizados nos últimos anos, e tamén para criticar á Xunta do PP polo seu revanchismo político, “ao negarlle a Ordes o que necesita e lle pertence para poder levar a cabo moitos dos seus proxectos”.
Tras unha hora aproximada de acto, no que se sucederon as interrupcións pola espontaneidade dos aplausos, todas e todos os membros da candidatura se dirixiron á Alameda de Ordes para proceder coa pegada de carteis electorais. Un momento no que novamente Manuel Regos estivo arroupado non só polos membros do seu equipo, senón por gran parte do público que minutos antes asistirá ao seu acto de presentación e que non se deixou doblegar pola chuvia que azotou pola noite na vila ordense
A lista de UXO para os comicios do vindeiro 24 de maio está integrada polos seguintes candidatos:
1. Manuel Regos Boquete
2. Silvia Marín Pereiro
3. José Ramón Vázquez Raña
4. Roberto Jesús González Santos
5. Lucía Iglesias Mirás
6. José Luís Gómez Candal
7. José Antonio González Lamas
8. Manuel Iglesias Vieites
9. Verónica Candal Noya.
10. María Salomé Barallobre Martelo
11. Leoncio Gómez Liñares
12. Jorge Ferreiro Regueira
13. Yolanda Rodríguez Docampo
14. Sandra del Río Pan
15. Lucía Pérez Martínez
16. Pedro Ferreiro Martín
17. Victoria Varela Landeira
Suplentes:
1. Francisco Viqueira Castro
2. María José Bello Gil
3. María Nieves Candal Raposo
4. Antonio Cao Gómez
5. Gonzalo Candal Sanjurjo
6. José Antonio Gómez Muíño
7. Anaís Liste Rodríguez
8. Damián Calvo Prado
9. Juan Carlos Mosquera García
10. Yaiza Gómez Liñares
Ningún comentario:
Publicar un comentario