Amosando publicacións coa etiqueta A XUNTANZA SAN PEDRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A XUNTANZA SAN PEDRO. Amosar todas as publicacións

A Xuntanza de San Pedro - Xornada de deporte na rúa

 Asociación A Xuntanza do Barrio de San Pedro organiza este sábado 3 de outubro de 10 a 14 horas unha Xornada de Deporte na Rúa na que queremos descubrir ese concepto de “estar en forma”. 

A xornada celebrarase na Rúa do Home Santo, de 10 a 14h, que será peonil e estará despexada de coches. Haberá un amplo programa de actividades e cada persoa poderá escoller unirse á que queira segundo as súas ganas e capacidade. Haberá ioga, baloncesto, brilé, volei, xogos tradicionais, pilates… mesmo esgrima ou danza oriental. Todo en pequenas doses de 45 min.

Non é preciso anotarse previamente. Abonda con presentarse, preferentemente con roupa axeitada. Trae compañía, o exercicio en grupo é máis divertido.

Asociación A Xuntanza - Comunicado de valoración da Festa da Primavera

A Comisión de Festas do Barrio de San Pedro e a asociación veciñal A Xuntanza fan unha valoración moi positiva da Feira da Primavera, tanto polo éxito de asistencia a pesar das circunstancias meteorolóxicas, como pola incrible colaboración de veciñas/as e voluntarias/os que salvaron as dificultades coas que nos atopamos. 

Quixeramos darlleas grazas ás veciñas, comerciantes, voluntarias e en xeral a todas as persoas que colaboraron coa organización da Feira, ademais dos asistentes que viñeron compartir e disfrutar con nós a festa. Entre todas demostramos que cando as circunstancias son adversas é cando máis medramos: grazas á veciñanza que estivo con nós; aos visitantes que armados con paraugas de cores viñeron visitarnos, ás voluntarias que aportaron horas de traballo, puntos de luz e cantaron coplas que reinvindican os nosos dereitos. Grazas tamén aos artesáns que, con vento e chuvia, resistiron aínda cando as súas carpas querían saír voando, e tamén á colaboración veciñal que amadriñou e apadriñou os puntos de luz. Máis unha vez: grazas por facer que o Barrio de San Pedro sexa un #barrioconluzpropia!

Un ano máis queremos salientar tamén o éxito dos Ecovasos que implantamos froito do noso compromiso co medio ambiente e coa mellora do Barrio. 

Puntos de luz e xeradores

Como xa dixemos queremos dedicarlle o noso especial agradecemento aos veciños e veciñas que cederon os seus puntos de luz para que determinadas actividades puideran ter lugar, logo da negativa do Concello a proporcionárnolos. 

Un Goberno que días máis tarde da Feira anuncia que proporcionará xeradores, ante o cal nos xurden moitas dúbidas: 
Afecta a todas as entidades da cidade e o alugueiro dos xeradores non solucionará nada. Como se vai facer en San Xoán con tantas cacharelas?
A licitación do alumeado está en marcha, así que nos pregos -feitos en tempos recentes- púidose ter pensado neste asunto.
Os xeradores eléctricos son ruidosos, pouco ecolóxicos e non deberían estar manexados por persoas carentes de coñecemento técnico. Tampouco é cousa certa cando o Concello vai dispoñibilizalos.
Non queremos ilegalidades nin favores. Só queremos unha solución legal, segura e apta para todo tipo de entidades da cidade.
Nun momento no que o Concello ten problemas para dinamizar a cidade porque seica non ten cartos, debería apoiar con máis forza as iniciativas cidadás que teñen custes mínimos para as arcas públicas. Sen ir máis lonxe, a Feira do Libro destes días.
Que programación se ofreceu á veciñanza e visitantes na ponte do 1º de maio? feira da primavera e feira do libro (as dúas alumeadas con luz propia).

Moi ao noso pesar, a día de hoxe, a Comisión de Festas do Barrio de San Pedro e a asociación veciñal "A Xuntanza" non podemos comprometernos a levar acabo a tradicional Cacharela de San Xoán nin as Festas do Barrio. 

Con este panorama, tanto a Comisión de Festas como A Xuntanza, estamos avaliando a situación e a posibilidade de levar a cabo ás próximas festas, que polo de agora presentanse como pouco probables.

A Xuntanza barrio San Pedro - Hoxe celébrase a Feira da Primavera

Un ano máis a Comisión de Festas do Barrio de San Pedro organiza a Feira da Primavera, que acollerá uns 200 postos e máis de 20 actividades ao longo de todo o día en diferentes espazos do barrio: rúas de San Pedro e Concheiros, Praza 8 de marzo, Cruceiro de San Pedro e Praza de San Pedro. 

Nunha xornada que se prevé con chuvascos intermitentes, a Comisión de Festas e A Xuntanza animan á cidadanía a viren disfrutar con paraugas de cores e tamén con#luzpropia para paliar a falta de enganches eléctricos: velas, candelas, lanternas, etc. Unha carencia que afectará sobre todo aos tres concertos da noite (protagonizados porUkestra do Medio, Blues do País e Habelas Hainas), que terán que realizarse en acústico. 

As actividades comezarán ás 11 da mañá, coa alborada tradicional a cargo do grupo Do Fondo do Peto, para logo comezarmos a construción do Maio, que incluirá coplas reivindicativas acordes ás circunstancias que vivimos. 

Haberá tamén o @Xogo140 polo Barrio (un xogo por equipos do que podedes saber máis aquí: http://xogo140.com), unha visita guiada ao Museo do Pobo, pasarrúas dos Maios, exhibición de danzas urbanas con IB Urban Dance Studio de Starben; e o Musical Matilda para nenas e nenos da Escola de Teatro de Espazo Aberto. 

A partir das 13 horas ademais dos Maios haberá pasarrúas tradicional e cabezudos coas Habelas Hainas, ademais de Milonga Aberta (tango con Mª Angeles Iglesias). Asesión vermú terá lugar na Praza do Torreiro con Xerock.

Pola tarde volven os pasarrúas e comezan as actividades para nenos e nenas: un espazo de xogos infantís no Paporrubio, obradoiro de arquitectura para rapaces, Peter Punk cun espectáculo de circo e un serán familiar con escolas de música e baile tradicional.

Asemade, o Museo do Pobo Galego acollerá un concerto de corais, e a Praza do 8 de Marzo, un obradoiro de baile tradicional impartido por Marcos Botana. 

E a xornada festiva porá punto final a partir das 21 horas con concertos acústicos na Praza do Torreiro a cargo de Ukestra do Medio, Habelas Hainas e Blues do País. 

Agradecementos

A Comisión de Festas quere agradecerlle aos veciños e veciñas a súa xenerosidade, así como aos comerciantes e, sobre todo, ás moreas de voluntarios/as que están a traballar para que isto sexa posible a pesar das dificultades. Convidamos a toda a cidade a que veña con nós a disfrutar unha Festa da Primavera con #luzpropia.

Hai que salientar que estará prohibido circular e aparcar tanto na rúa de San Pedro como en Concheiros entre as 8.00 da mañá e as 24.00 do 2 de maio.

Asociación A Xuntanza - Feira da Primavera no Barrio de San Pedro

Unha imaxe da festa tomada por Feans (en Flicker)
Un ano máis a Comisión de Festas do Barrio de San Pedro organiza a Feira da Primavera, que acollerá uns 200 postos e máis de 20 actividades ao longo de todo o día en diferentes espazos do barrio: rúas de San Pedro e Concheiros, Praza 8 de marzo, Cruceiro de San Pedro e Praza de San Pedro. 

Nunha xornada que se prevé con chuvascos intermitentes, a Comisión de Festas e A Xuntanza animan á cidadanía a viren disfrutar con paraugas de cores e tamén con #luzpropia para paliar a falta de enganches eléctricos: velas, candelas, lanternas, etc. Unha carencia que afectará sobre todo aos tres concertos da noite (protagonizados por Ukestra do Medio,Blues do País e Habelas Hainas), que terán que realizarse en acústico. 

As actividades comezarán ás 11 da mañá, coa alborada tradicional a cargo do grupo Do Fondo do Peto, para logo comezarmos a construción do Maio, que incluirá coplas reivindicativas acordes ás circunstancias que vivimos. 

Haberá tamén o @Xogo140 polo Barrio (un xogo por equipos do que podedes saber máis aquí: http://xogo140.com), unha visita guiada ao Museo do Pobo, pasarrúas dos Maios, exhibición de danzas urbanas con IB Urban Dance Studio de Starben; e oMusical Matilda para nenas e nenos da Escola de Teatro de Espazo Aberto. 

A partir das 13 horas ademais dos Maios haberá pasarrúas tradicional e cabezudos coas Habelas Hainas, ademais deMilonga Aberta (tango con Mª Angeles Iglesias). A sesión vermú terá lugar na Praza do Torreiro con Xerock.

Pola tarde volven os pasarrúas e comezan as actividades para nenos e nenas: un espazo de xogos infantís no Paporrubio,obradoiro de arquitectura para rapaces, Peter Punk cun espectáculo de circo e un serán familiar con escolas de música e baile tradicional.

Asemade, o Museo do Pobo Galego acollerá un concerto de corais, e a Praza do 8 de Marzo, un obradoiro de baile tradicional impartido por Marcos Botana. 

E a xornada festiva porá punto final a partir das 21 horas con concertos acústicos na Praza do Torreiro a cargo de Ukestra do Medio, Habelas Hainas e Blues do País. 

Agradecementos

A Comisión de Festas quere agradecerlle aos veciños e veciñas a súa xenerosidade, así como aos comerciantes e, sobre todo, ás moreas de voluntarios/as que están a traballar para que isto sexa posible a pesar das dificultades. Convidamos a toda a cidade a que veña con nós a disfrutar unha Festa da Primavera con #luzpropia.

Hai que salientar que estará prohibido circular e aparcar tanto na rúa de San Pedro como en Concheiros entre as 8.00 da mañá e as 24.00 do 4 de maio.

Asociación A Xuntanza - BARRIO DE SAN PEDRO CON LUZ PROPIA #Barriosconluzpropia #Queremosfestas

O Concello de Santiago de Compostela decidiu non subministrar enganches eléctricos a Feira da Primavera. Despois de reunións en Raxoi sen que o Goberno Municipal quixera buscar unha solución segura e responsable para a celebración das actividades, a Comisión de Festas do Barrio de San Pedro e a Asociación Veciñal A Xuntanza decidimos, por responsabilidade co noso barrio, celebrar igualmente a Feira cambiando a programación. 

Unha circunstancia que demanda un maior esforzo das persoas que de maneira desinteresada colaboran con esta actividade. Máis apoio, máis unión e maior implicación da veciñanza . 

Queremos decirlle á cidadanía que: 

1.- As nosas actividades son financiadas íntegramente pola veciñanza, polo comercio e hostelería do barrio e polas persoas que participan delas. O traballo organizativo está realizado de forma voluntaria e totalmente desinteresada por un cento de veciñas que se implican e participan do seu barrio. Así se fai a Feira da Primavera e así se fan tamén as Festas do Barrio de San Pedro. 

2.- Este é un barrio que sempre se implicou en buscar solucións e non crear problemas. Así o fixemos co exceso de lixo que produce a aglomeración de persoas coa implantación dos Ecovaso, os chamamentos aos comportamentos cívicos, a contratación de baños portátiles, … Ocupándonos, por exemplo, tamén de avisar a veciñanza para que retire os coches das rúas con reténs formados por voluntariado. Así o fixemos e seguiremos facendo porque ésta é a filosofía das nosas Festas e Feira. 

3.-O apoio do Concello sempre foi morno. Cada enganche eléctrico, cada peche de rúa, cada ocupación de espazo é algo que tivo que ser pedido e negociado, case rogado e arrincado, como se o barrio estivera organizando algunha cousa clandestina e nos deran o consentimento de tapadillo. 

4.- Este barrio, esta asociación veciñal e esta comisión de Festas non queren cometer ningunha ilegalidade, nen estamos pedindo que o Concello a cometa. Cremos firmemente que é o Goberno Municipal quen debe buscar e aportar unha solución legal, segura e responsable para o bo desenvolvemento das actividades públicas que realizamos na rúa. A veciñanza ten dereito a participar, organizarse e querer mellorar o seu entorno.

5.- Nós, o barrio de San Pedro, pomos o traballo, a organización a través dunha rede veciñal que implica a un cento de persoas e que beneficia a toda a cidade. O mínimo, é demandar que o Concello de Santiago de Compostela busque unha solución para que as actividades públicas se podan realizar con seguridade.

6.- O 2 de maio realizaremos a Feira da Primavera, por responsabilidade co noso barrio e coa xente que dela participa. Cambiaremos programación, buscaremos amadriñamentos e apadriñamentos da luz. Non estamos dispostas a rendirnos e sabemos que somos un #barrioconluzpropia.

7.-Esta decisión dos enganches eléctricos non é só para o Barrio de San Pedro. Afectará a cada unha das actividades que a veciñanza, asociación culturais ou colectivos queran desenvolver nas rúas. Baixo estas condicións a Comisión de Festas do Barrio de San Pedro e A Xuntanza, non podemos comprometernos a celebrar as Festas do Barrio nen a tradicional cacharela de San Xoán.

8.-Insistimos. Nós temos dereito e queremos participar. O Concello de Santiago de Compostela ten a obriga de aportar unha solución responsable e segura para ás actividades públicas.

Asoc. Veciños A Xuntanza - Carta aberta ao alcalde de Santiago de Compostela

Sr. Alcalde:

Á espera da reunión contigo para falar, entre outras cousas, da demolición da Casa da Xuventude e a posterior reurbanización da Praza do Matadoiro, queremos compartir contigo publicamente algúns aspectos que nos preocupan sobre esa intervención. 

Debes saber que a Asociación Veciñal A Xuntanza opúxose no seu momento á construción da Casa da Xuventude pois entendía que era unha idea puntual sen pensar no conxunto da valgada de Belvís que nós queríamos converter en parque; nunca entendemos ben o porqué da súa construción e nunca compartimos o costume de traballar a salto de mata.

Agora tampouco nos opoñemos frontalmente á súa demolición pero hai moitas cousas que quereríamos saber antes de seguir adiante:

· En que consiste iso de “abrir” o parque á cidade? hoxe conta con 9 accesos desde distintas zonas. Iso si, ningún está sinalizado, case todos precisan dun arranxo para unha mellor accesibilidade e seguridade, saneamento das hortas, alumeado,.. cousas que levamos anos pedindo. Non vemos isto no plan que se proxecta. Queremos abrir o parque? Fagamos un plan global da acordo co Plan Especial do Parque de Belvis, e do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica, e non só algo que quede bonito ou queres que a xente de Belvís baixe á Porta do Camiño para entrar ao parque? 

· O Parque e a Praza son espazos de valor histórico e están protexidos pola Lei de Patrimonio Cultural. Como é que se pensa nunha intervención deste tipo sen ter en conta a historia da zona, o seu antigo uso como espazo de curtidorías ou carácter pechado do parque desde o século XVII? E sen pensar nos recursos arqueolóxicos da praza? Farías algo así na contorna da rúa das Hortas? Ou nos arredores da Catedral? Sen respecto ao patrimonio herdado, esta cidade non tería -nin ten- sentido.

· A “apertura” é unha decisión unánime do Pleno Municipal, pero o xeito de executala é a túa responsabilidade. Estás disposto a seguir adiante co proxecto mesmo sen cumprir a normativa municipal, e demais lexislación sobre patrimonio? Que exemplo das a veciñanza que ten que ter permisos, proxecto, prospección arqueolóxica, obriga de usar certos materiais... para calquera obra dentro da zona do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica, mesmo restaurar un galpón ou abrir unha porta? Si, todo isto afecta tamén á veciñanza de barrios como o de San Pedro e non só ao centro histórico. Con que cara imos pedirlle que cumpran a norma, non fagan obras ás agochadas e sexan respectuosos co noso patrimonio?

· O informe histórico que temos di que a contorna da Casa da Xuventude e da Praza do Matadoiro poden agochar interesantes testemuños arqueolóxicos, porqué non aproveitamos todo este lío para sacalos á luz e poñelos en valor? É parte do noso pasado e coñecelo fará de nós unha comunidade máis forte e sensible e tamén axudaría a sacar aos turistas da contorna da Catedral, diversificar públicos... e esas outras cousas das que tanto falades os políticos.

· Cal é o proxecto para a praza do Matadoiro? Estamos arrepiadas polas noticias sobre “accesos rodados” ao Parque de Belvís. Queres abrir unha rúa? Converter a praza nun aparcadoiro? Isto precisa dunha explicación pública e en profundidade.

· E para as traseiras das casas da rúa de San Pedro? Cando se vexa o mal que están, quereredes arranxalas, ides pagar vós?

· Pensachedes algunha destas cousas á hora de propoñer a “apertura” do Parque? 



Poderíamos tamén poñer na mesa argumentos -que, como todos, son discutibles- como o despilfarro que supón meter agora 165.000 € en tirar o edificio e sabe Deus canto en reurbanizar a praza do Matadoiro. Non hai prioridades? Cando hai persoas sen emprego, expulsadas dos seus fogares ou que non poden comprar medicinas, estes proxectos deberían deixarse a un lado. As persoas deberían ser o primeiro e todo o que podamos facer por elas é pouco pois elas son a cidade.

Ou a conveniencia de que Santiago teña o que hai en todos os pobos de Galicia, unha Casa da Cultura con espazo para presentación de libros, actuacións de teatro afeccionado, exposicións de arte popular, salas de ensaio,.. todo iso que non cabe nos centros socioculturais do centro porque que están ateigados.

Aínda poderíamos debater sobre a idoneidade do argumento común para apoiar a demolición da Casa da Xuventude: é un edificio feo. Esa administración que nos obriga a manter cores, estruturas e materiais en zonas tan “normais” como a rúa das Fraguas tira un edificio porque non lle gusta? Pensaches, por un minuto, o que di isto sobre nós, como cidade e como veciñanza?

Incluso da necesidade de que a acción de goberno estea presidida pola transparencia e a colaboración entre quen toma as decisións e á cidadanía, que é a que elixe aos gobernantes e paga os seus xornais, porque neste caso botamos en falta un pouco de diálogo.

Estes son, xa o sabemos, argumentos discutibles pero en ningún caso deben ocultar que deberías dar resposta ás preguntas que facemos porque a nós parécenos incrible que o alcalde dunha cidade Patrimonio da Humanidade, premiada polo seu esforzo colectivo (técnico, fiscal e sentimental) na conservación do patrimonio herdado poda presentarnos e intentar levar adiante o que a día de hoxe é un simple proxecto de demolición sen proposta clara para o día despois nun espazo que é dúas veces Patrimonio da Humanidade.

Nós só queríamos falar disto e propoñer que paremos esta loucura, falemos, pensemos e -chegado o momento- retomemos o proxecto seguindo unha folla de ruta presidida polo que deberían ser os piares básicos do goberno desta cidade: o sentido común, a planificación e o respecto ao patrimonio herdado.

Barrio de San Pedro - Comezan as festas

Chuvia de cores nasFestas do Barrio de San Pedro

. Aposta polareciclaxe e compromiso cocoidado do noso entorno. Nas cantinas da Comisión de Festasunicamente se empregaránecovasos. 

. Danza, teatro, cinema, música, circo, arte, ciencia maistamén reflexión e debate social marcan o programa con máis de 60 actividades.

. Recuperación do “Paseo do Paraíso”. O sábado 28 cambia de formato apostando pola diversificación. Espazo da Ciencia,EspazoCidadán, Espazo de Xogo, Espazo Sonoro, Espazo das Letras. 

Apagadas as cacharelas de San Xoán, arrancan as Festas do Barrio de San Pedro. Naxornada inaugural contaremos coa proxección do filme de Alfonso Zarauza“Encallados” no Cemiterio de San Domingos de Bonaval. Uns días de ledicia que son posibles, grazas á colaboración da veciñanza e o traballar arreo de preto de cenpersoas voluntarias.

Cinco prazas, cinco cores. Fai o teu Paseo do Paraíso

Unha das novidadesmáissalientablesdeste ano é o cambio de formato para o sábado. Incorporamos cinco cores a cinco prazas do noso barrio. Sóterás que seguir o fío de cor para achegarte os debates, actuacións e obradoiros nos que o protagonismo é da veciñanza. 

Recupérase para o barrio o “Paseo do Paraíso” que por tradición era a rúa dos Concheiros ata o campo do Paraíso. Un feito histórico, unha filosofía sobre o lecer da veciñanza que leva, no sábado das Festas, a distribuir polasprazas do barrio distintos espazosadicados á ciencia, arte, debate, propostas, xogos e música para que as persoas do barrio e aquelas que nos visitan podan realizar o seu propio Paseo do Paraíso durante toda a xornada do sábado. 

Coidando do barrio, boas prácticas e diversión

O compromiso co barrio inclúe intentar reducir ao máximo o lixo que xeran as festas. Este ano, tamén como novidade, as cantinas da Comisión de Festassó servirán en ecovasos, seguindo a filosofía de que tan importante como recoller é non ensuciar. 

Os ecovasos, xuntocosLastros (a moeda oficial das festas) serán facilitados nas casetas da Comisión. 

O programa das festasinclúe un Decálogo de Boas Prácticas no que se insta á cidadanía a disfrutar desta cita lúdica no Barrio de San Pedro dunxeitorespectuoso. “Somos un barrio aberto, acolledor e orgulloso dunhasfestas que se basean no traballo voluntario e a boa vontade da veciñanza”, aseguran dende a Comisión que chama a “respectar as intruccións da organización e a nosa filosofía. Gañaremos todos e todas”.

Agradecementos

A Comisión de Festasquereagradecerlleaos vecinos e veciñas a súa colaboración e, sobre todo, ásmoreas de voluntarias/os que están a traballar para que istosexa posible.

Convidamos a toda a cidade a que veña con nós a disfrutar das nosasFestas e a ser participes do noso Barrio.

Barrio de San Pedro - Hoxe remata a décima edición das festas

Hoxe rematan as Festas de San Pedro coa Romaría no Parque de Belvís e outras actividades
Ás 10h celebrarase a II Romaría do Fútbol no Campo de Belvís
A Romaría será a partir das 14 horas no Parque de Belvís, cos Estalotes, Xandobela, contacontos, pasarrúas, xogos tradicionais, cerámica, inchables, polbo e churrasco

Barrio de San Pedro - Continúan as festas esta noite con Foliada

Continúan as Festas do Barrio de San Pedro, que celebran a súa décima edición, cunha noitaza de foliada na que brillarán o melloriño do panorama tradicional galego actual: Lagharteiras, Vaamonde, Lamas e Romero e Radio Cos.

Barrio de San Pedro - hoxe celébrase a Festa da Primavera

Hoxe celébrase a Feira da Primavera que por primeira vez tamén ocupará a rúa dos Concheiros
Este ano duplícase a capacidade da Feira coa ampliación a Concheiros, con máis de 210 postos