BNG Teo - Arranxo de pista en Bustelo

Veciños e veciñas de Bustelo (Luou) veñen de presentar un escrito no rexistro do concello solicitando unha solución urxente á problemática xerada en torno ao adecentamento da pista que vai a carón do campo de fútbol, no que tamén manifestan a súa indignación pola actuación do concelleiro de urbanismo que paralizou a obra que se pretendía iniciar, en base a un informe técnico que non fai máis que xerar preocupación entre os veciños ao concluir que pode existir risco de derrube do muro do campo de fútbol.

O portavoz do BNG de Teo, e candidato á alcaldía, Manuel Anxo Fernández Baz, demanda unha actuación urxente por parte do goberno municipal para que atenda as demandas veciñais e resolva a situación creada en Bustelo.

Ningún comentario: