Plataforma Rexistro Civil - Constitución da plataforma en defensa dos rexistros civís

El pasado día 7 de abril de 2015 se constituyó en Compostela la Plataforma para la defensa del Registro Civil Público y de Justicia una plataforma que quiere ser marco para la organización coordinada de las distintas entidades que están en contra de la privatización del registro civil y para organizar acciones para luchar contra esta privatización.

Aún cuanto la privatización del registro civil es una cuestión de carácter general que afecta a todas y todos, los funcionarios del registro civil asumiendo su responsabilidad en cuanto que funcionarios del ámbito de la justicia, garantes de la imparcialidad e independencia del registro civil deciden ser el germen en la creación de esta plataforma que surge como aglutinador de todos los sindicatos, otros agentes sociales, asociaciones de profesionales y ciudadanos que sean conscientes de la atrocidad que va a suponer para la sociedad la privatización de un servicio ejemplo de eficacia desde su fundación en 1871.

El registro civil es un servicio público, que contiene todos nuestros datos personales que hasta ahora se había atribuido su gestión a la Administración de Justicia.

La Plataforma para la defensa del Registro Civil Público y de Justicia convoca a todas las entidades sociales y a la ciudadanía para que se sumen a las acciones que van a desarrollar para la defensa del registro civil.

Como primera medida en la ciudad de Compostela vamos a reiniciar las concentraciones todos los jueves, empezando este jueves 16/4/15 a las 11:30 delante del edificio principal de los juzgados de Compostela, vistiendo las camisetas de la marea amarilla para protestar contra la privatización del registro civil.

Además hemos establecido contacto con asociaciones de fiscales, agentes sociales, colegio de abogados, colegio de procuradores, asociaciones de la policía, empresas de funerarias… a fin de que se sumen a esta plataforma. Este jueves 16/4/15 se convoca a un reunión en los locales de los juzgados a las 18:00h a fin de presentar el germen de esta plataforma en sociedad, a la cual se convoca a los medios a las 18:30h.

La plataforma se suma así mimo a la campaña iniciada por CCOO de recogida de firmas para apoyar la Iniciativa Legislativa Popular para la reforma que privatiza el registro civil, que en Compostela en una semana ya ha recogido más de 1200 firmas.

Así mismo la Plataforma tiene como intención la convocatoria de una manifestación en defensa del registro civil a principio de mayo.

Psoe Santiago - Paco Reyes propón á Cámara de Comercio a creación dun campus aeronáutico na antiga terminal de Lavacolla

O candidato socialista á alcaldía, Paco Reyes, mantivo hoxe unha reunión co pleno da Cámara de Comercio de Santiago. O actual voceiro do grupo municipal socialista trasladou ao seu presidente, Jesús Asorey, e ao seu vicepresidente, José Luis Rodríguez Dacal e aos representantes da entidade as principais liñas do programa co que concorrerá ás eleccións municipais de maio e departiu con eles os aspectos que máis lles afectan.

A promoción económica e o emprego, o proxecto social, o desenvolvemento urbano e a transparencia e a participación son os piares máis importantes do programa do PSdeG de Santiago. Construír unha intermodal que sexa a estación central de Galicia e impulsar e defender o aeroporto de Lavacolla son, desde o punto de vista das infraestruturas, as prioridades do candidato socialista á alcaldía de Santiago.

Antiga terminal
Paco Reyes propuxo ao presidente da Cámara a utilización da antiga terminal de Lavacolla para a creación dun campus universitario aeronáutico en colaboración coa USC e a Cámara de Comercio. O socialista comprometeuse a presentar un proxecto neste sentido a AENA nos primeiros meses de mandato se chega á alcaldía.

Este campus será o marco para a aprendizaxe da profesión de piloto e contaría co Grao de piloto de aviación comercial de operacións aéreas, estudos de persoal de cabina, e a maiores tería un centro de I + D en mantemento aviónico.

Promoción económica
No que atinxe ao comercio e a promoción económica, a capital galega, que ten o ratio de empresas por habitante máis alto en Galicia, segundo lembrou Paco Reyes, debe “promover a economía social e as cooperativas en base a unha liña de microcréditos operada a través dunha banca solidaria”.

Outra das ideas que recollerá o programa do PSdeG é a estruturación dunha bolsa de emprego para os traballos de mantemento do Concello. Os obxectivos dos socialistas son dinamizar a economía social, ofrecer bonificacións fiscais para emprendedores e a promoción do comercio con eventos financiados polo Concello, así como a creación dunha marca de calidade que distinga o comercio compostelán.

No encontro falouse tamén do Xacobeo 2021. Socialistas e membros da Cámara coincidiron en que é importante que se estableza xa o programa 2015-2021 e tratar de que se convoque o Real Patronato, así como de amañar as entradas do Camiño a Santiago, que están actualmente en moi mal estado.

Turismo e aeroporto
A perda de pasaxeiros do aeroporto de Lavacolla (mais de medio millón de pasaxeiros desde novembro de 2011) é outro punto que preocupa aos representantes da Cámara. Paco Reyes considera que debe haber “unha unión total na súa defensa e promoción”. O candidato aposta por “políticas serias e concretas para mudar estas cifras, como, por exemplo, establecer acordos de colaboración con Sá Carneiro para que os turistas que chegan a Oporto e visitan Compostela poidan facer o regreso aos seus países de orixe dende aquí”.

Outras medidas que cre imprescindibles para impulsar o noso aeroporto e o turismo son a concesión de licenzas para autobuses lanzadeira a fin de que os visitantes poidan vir a Lavacolla, así como acadar máis frecuencias a Madrid que conecten con destinos internacionais. Tamén ve necesario incrementar a estadía media das pernoctacións na cidade ou poñer en valor o seu circuíto monumental e conxunto de edificios históricos

Estación intermodal
Conseguir unha estación intermodal para o AVE “á altura que se merece Santiago”, que sexa a estación central galega é outro dos obxectivos dos socialistas. Unha infraestrutura que terá que estar integrada co barrio da Pontepedriña.

Neste sentido, criticou que o goberno socialista no anterior mandato asinara un convenio con ADIF comprometéndose a ceder tan só o aproveitamento urbanístico e que nos últimos orzamentos o goberno popular comprometa tres millóns de euros que sairán das arcas municipais.

Outra das prioridades de Paco Reyes é a estación de mercadorías de A Sionlla, que deberá estar conectada coa AP-9 e coa Cidade da Cultura, o que xa estaba previsto desde hai catro anos.

Numax - Do xoves 16 ao xoves 23 de abril de 2015

Javier Tolentino presenta "El cine que me importa" na libraría NUMAX

Este venres 17 ás 20.30h, na libraría NUMAX, contaremos coa presencia de Javier Tolentino, director do programa de Radio 3 El Séptimo Vicio, para falar connosco do seu libro El cine que me importa, no que fai un repaso ao que el chama "cinema pequeno" a través dunha selección de filmes de cinematografías alonxadas que conviven con outros que son fitos na historia do cinema e que dalgún xeito ou outro se cruzaron na súa vida. Acompañarano na presentación José Manuel Sande e Ramiro Ledo.

Programación en NUMAX do 16 ao 23 de abril

Canda ás de Puro Vicio, seguimos coas proxeccións Timbuktú e Clan Salvaxe (que entra na carteleira este venres despois da preestrea do mércores 15 coa presenza do seu director, Jean-Charles Hue) e introducimos dous títulos novos na nosa programación: Terra de ninguém e E agora? Lembra-me.


Un escenario neutral. Terra de ninguén. Un home sentado nunha cadeira, contando a súa vida. De mozo foi soldado nun comando de elite portugués durante as guerras coloniais en Mozambique e Angola. Após a revolución dos Cravos, traballou de gardacostas en Portugal e máis tarde de mercenario da CIA en El Salvador, até rematar asasinando por encomenda para os GAL. O monstroso das atrocidades que descrebe contrponse ao minimalismo formal do filme e ao xeito que o personaxe ten de se presentar a si propio.


Joaquim Pinto, afectado polo VIH e o VHC, comeza un tratamento experimental en Madrid o mesmo día que o PP de Rajoy gana as eleccións de 2011. O cineasta portugués, a carón do seu marido Nuno, grava a súa terapia durante un ano. Desde o íntimo do rexistro en primeira persoa, Pinto trata asuntos universais coma a sanidade pública, a crise económica, a historia do cinema e as formas múltiples do amor. Cercano sen ser exhibicionista, conmovedor sen ser aleccionador, extraordinario desde a súa normalidade, este vídeodiario, que xustifica plenamente o seu formato, arrasou nas listas do mellor de 2013.

Xoves 16 de abril

12:00 - Puro vicio (VOSE) 
16:00 - Terra de ninguém (VOSE)
17:45 - Timbuktú (VOSE)
19:45 - Puro vicio (VOSE)
22:30 - Timbuktú (VOSE)
 

Venres 17 de abril

12:00 - Timbuktú (VOSE) 
16:00 - Timbuktú (VOSE) 
18:15 - Terra de ninguém (VOSE) 
20:00 - Clan salvaxe (VOSE)
22:00 - Clan salvaxe (VOSE)
 

Sábado 18 de abril

12:00 - Terra de ninguém (VOSE) 
16:00 - Timbuktú (VOSE)
18:00 - Clan salvaxe (VOSE)
20:00 - Timbuktú (VOSE)
22:00 - Clan salvaxe (VOSE)
 

Domingo 19 de abril

12:00 - Clan salvaxe (VOSE)
16:00 - Clan salvaxe (VOSE)
18:00 - Timbuktú (VOSE)
20:00 - Terra de ninguém (VOSE)
22:00 - Clan salvaxe (VOSE)

 

Martes 21 de abril

12:00 - Clan salvaxe (VOSE)
16:00 - Timbuktú (VOSE)
18:00 - Clan salvaxe (VOSE)
20:00 - Timbuktú (VOSE)
22:00 - Terra de ninguém (VOSE)
 

Mércores 22 de abril

12:00 - Timbuktú (VOSE)
16:00 - Clan salvaxe (VOSE)
17:45 - Timbuktú (VOSE)
19:30 - E agora? Lembra-me (VOSE)
22:30 - Clan salvaxe (VOSE)
 

Xoves 23 de abril

12:00 - Clan Salvaxe (VOSE)
16:00 - E agora? Lembra-me (VOSE)
19:00 - Clan Salvaxe (VOSE)
20:45 - Clan Salvaxe (VOSE)
22:30 - Timbuktú (VOSE)

Axenda e tempo do 15 de abril - Cine, seminarios, exposicións

Santiago - Numax - presentación de "Clan salvaxe"

Oroso - charla para pais sobre alimentación

Santiago - USC - seminario sobre o teatro de Goldoni

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Exemplares do Quixote (ata o 30 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - retrospectiva de Rudy Daini (ata o 3 de maio)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Oroso - A gardería acolle hoxe unha charla sobre alimentación

O Concello de Oroso retoma hoxe mércores 15 de abril as charlas informativas dirixidas aos pais e nais da escola municipal da Ulloa, que se comezaron a impartir en outubro e novembro de 2014 e acadaron tanta participación que xa daquela o Concello se comprometera a organizar novas sesións no primeiro semestre de 2015. A primeira desas sesións será “Alimentación na infancia” e terá lugar mañá mércores 15 de abril, de 17:00 a 19:00 horas, na gardería municipal da Ulloa. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso comunicala antes na propia gardería (981 691 505) ou nos Servizos Sociais do Concello de Oroso (981 68 89 50).

O concelleiro de Familia, Antonio Leira, explica que “o obxectivo destas xornadas é que os pais e nais dos meniños da gardería teñan un lugar no que tratar temas de interese sobre os seus pequenos, ao tempo que poden resolver calquera das dúbidas que se lles presenten”. Por iso, a estrutura da xornada é sempre a mesma: unha pequena exposición práctica do tema a debater e logo unha queda de preguntas que adoita estenderse case unha hora.

Se nas dúas primeiras charlas se abordaron cuestións relacionadas coa seguridade dos pequenos (cun curso de pequenos auxilios e outro de prevención de accidentes no fogar), a de hoxe mércores xirará en torno a como conseguir unha alimentación correcta e equilibrada nos pequenos, que axude a previr calquera desorde alimentaria.



Psoe Teo - Proposta de debate entre os candidatos a alcaldía

Xa hai varias semanas a candidata socialista Uxía Lemus propuxo a realización dun debate público entre os candidatos á alcaldía de Teo. Os Socialistas de Teo, unha vez coñecidos os nomes destes, procedeu esta mañá ao envío desta proposta a cada candidato para concretar as características do mesmo.

O apoio a esta proposta nas redes sociais, apoio amosado como por exemplo nunha enquisa veciñal no portal As Novas de Teo, indican a relevancia desta forma de confrontar ideas para a cidadanía.

Uxía Lemus sinalou que tras o envío desta proposta, que agardaba fose recibida positivamente polo resto dos candidatos, se concretarían as características e formato do debate, cunha reunión das diferentes forzas políticas.

Os Socialistas de Teo defenden, en todo caso, que o debate público debería ser aberto ás preguntas da veciñanza, emitido en streaming pola propia web do Concello e debería celebrarse nun local municipal de amplo aforo, como é o auditorio da Ramallosa.

Neste debate, os candidatos poderían confrontar os puntos principais do seu programa electoral, que os Socialistas de Teo están a rematar. 

Como indica Uxía Lemus, “En Teo, xa chegou o momento de falar de futuro. Tras anos marcados primeiro por unha política caciquil do PP e despois, por unha política mediática do BNG/Anova Teo, Teo necesita un goberno progresista con proxecto de futuro”.

Uxía Lemus formulará as ideas principais deste programa no acto de presentación da candidatura socialista o venres 24 de abril, no local da Asociación Gandeira e Agrícola de Cacheiras, ás 20:30 horas.

BNG A Estrada - A obra de “mellora” do carreiro da praia fluvial de Barcala non se axusta ao proxectado

“O proxecto de mellora do carreiro natural da praia fluvial de Barcala non ten nada que ver coa desfeita realizada polo concello da Estrada” afirmou hoxe aos medios de comunicación local o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, logo de analizar o citado proxecto de obra, reiteradamente demandado polos nacionalistas despois da denuncia realizada nos días pasados.

“No proxecto”, explicou Magariños, “indica que dentro do plan de mellora tiña que facerse un desbroce manual selectivo da vexetación e que as melloras do carreiro non podían producir modificacións no trazado nin na lonxitude deste”. “Os feitos”, engadiu Magariños, “que calquera veciño ou veciña da Estrada pode ver in situ, reflicten que o goberno municipal do PP entrou na praia fluvial de Barcala como un elefante nunha cacharrería levando por diante todo o que atopaba ao seu paso e saĺtándose o proxecto aprobado polo goberno municipal”.

“O executado non se axusta en absoluto ao descrito no proxecto”, afirmou o concelleiro do BNG, “se para o alcalde iso é un plan de mellora, daquela temos que concluír que o alcalde ten moi poucas luces e ademais mente” en relación ás preguntas formuladas por Magariños no pleno celebrado a semana pasada, “porque a realidade non ten nada que ver co planificado e autorizado polas autoridades medio ambientais como el afirmou no pleno”.

“Instamos”, engadiu Magariños, “á consellaría de medio ambiente a tomar cartas no asunto porque o que fixo o goberno municipal do PP nesta zona da Rede Natura é un delito ecolóxico moi grave e ten que ter consecuencias”. “Agardemos”, engadiu o concelleiro nacionalista, “que a administración galega aparque os favoritismos de tipo político e actúe con contundencia, porque este tipo de delitos non poden quedar impunes”.

“Pero non só estamos ante un presunto delito ecolóxico”, explicou o concelleiro do BNG, “se o goberno municipal do PP aprobou un proxecto e logo se fixou outra cousa distinta, estamos ante un grave irregularidade administrativa do PP e do alcalde”. “O concello ten que comprobar que o traballo realizado se axusta ao proxectado”, engadiu Magariños, “neste caso é obvio que non, porque alí non hai desbroce manual selectivo, alí entrou unha máquina escavadora arrasando árbores autóctonas, o carreiro, ... arrasando todo nunha lonxitude aproximada duns 500 metros”.

“Por outra parte”, explicou o concelleiro do BNG, “no proxecto hai outro dato que chamou poderosamente a nosa atención; segundo o taboleiro situado na praia fluvial o plan de mellora valorado en 23.305 € tiña unha duración de seis meses, poren no proxecto indícase que a obra tería unha duración de cinco días”. “Desde logo, para facer a desfeita que fixeron até lle sobraron días”, ironizou o concelleiro nacionalista, “de feito, sabemos por algún veciño que só estiveron dous días facendo os traballos, por chamarlle dalgún xeito, tempo claramente insuficiente para acometer o plan de mellora proxectado dentro dunha zona da Rede Natura”.

O concelleiro nacionalista concluíu que este martes 14 pola noite analizarán no consello local do BNG máis polo miúdo este asunto. “Desde logo”, afirmou, “non deixaremos morrer esta asunto que consideramos moi grave, e neste sentido analizaremos as actuacións que sexan preciso para non deixar impune o que para nós é un grave delito ecolóxico perpetrado por unha administración pública”.

USC - O CITUS colaborará no programa Talentum

O CiTIUS da USC actuará como entidade aceleradora do programa Talentum de Telefónica na modalidade de ‘TalentumStartups’, unha iniciativa de apoio ao alumnado de carreiras tecnolóxicas e ao ecosistema emprendedor xestionado a través de la Fundación SEPI co obxecto de ofrecer aos seus participantes unha experiencia laboral en ámbitos de alta innovación tecnolóxica.

Na presente edición, o programa ofrece seis bolsas para a realización de prácticas no CiTIUS durante 6 meses en réxime de xornada parcial (5 horas/día), cunha remuneración de 500 euros mensuais. Terán prioridade aqueles candidatos e candidatas que procedan de áreas tecnolóxicas.

As probas de selección –para as que é necesario inscribirse previamente na páxina oficial do evento– terán lugar o próximo 21 de abril ás 11:00 horas na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, e posteriormente enviaranse ao xurado de Talentum encargado de tomar a decisión final sobre os aspirantes ao programa. As persoas seleccionadas completarán o seu período de prácticas no CiTIUS incorporándose así a proxectos tecnolóxicos que serán propostos desde os programas científicos do centro.

A participación como organismo acelerador no só brinda ao CiTIUS a oportunidade de participar nun dos programas de captación de talento de maior prestixio estatal, senón tamén aos propios bolseiros, que desenvolverán a súa actividade emprendedora nun entorno ideal para proxectos innovadores.

USC - A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento visibiliza as súas accións nun portal web

As universidades galegas puxeron en marcha en 2014 co apoio económico da Dirección Xeral de Relacións Externas e coa Unión Europea da Xunta de Galicia a Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (RGCUD). Segundo explican os seus responsables, é a ferramenta chave para lograr que toda a experiencia e o coñecemento xerado nas universidades galegas, “que asumimos o noso rol como actores relevantes da cooperación internacional ao desenvolvemento”, poida ser empregado “na procura dun mundo máis xusto”.

Nunha primeira fase, as institucións promotoras elaboraron unha diagnose para coñecer o punto de partida nesta materia e crearon un portal Web (www.rgcud.gal) que servirá para visibilizar toda as actuacións que teñen en marcha as universidades no eido da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (CUD) e a Educación para ao Desenvolvemento (EpD) e potenciar o xurdimento de sinerxías que melloren o impacto das actuacións.

Deste xeito, a RGCUD pon a disposición de universidades e da sociedade unha base de datos de accións de CUD e EpD executadas coa participación universitaria. Á súa vez, elabora un plan de formación anual destinado á comunidade universitaria galega e informa sobre as convocatorias existentes en CUD e EpD.

En total, a base de datos recolle información de preto de 500 accións executadas dende 2012, así como referencias de actualidade neste ámbito, información sobre convocatorias, recursos e ligazóns de intereses que permitan unha maior efectividade de futuras propostas aproveitando todo o traballo previamente para darlle un maior alcance, tal e como se sinalou na presentación celebrada este martes coa intervención do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo Aller, e a técnica do Servizo de Integración e Participación Universitaria da USC, Carolina Lodeiro. Asistiron ademais a adxunta para apoio a Residencias, Cultura e Empregabilidade da USC, María del Carmen Segura Iglesias; o vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel Fernandez Iglesias; e a vicerreitora de Relacións Internacionais e Cooperación da UDC, Natalia Álvarez Lata.

Sensibilización
Xunto ao portal web, esta rede universitaria distribuirá entre a comunidade universitaria de todos os campus galegos material de cartelería que contén diversas experiencias notorias de boas prácticas en cooperación e educación para o desenvolvemento que se están levando a cabo nas tres universidades. Trátase así de sensibilizar sobre as múltiples alternativas que para as universidades existen neste ámbito.

Silleda - O Concello asina un acordo para rematar a RPT

O Concello de Silleda vén de asinar un convenio para rematar o traballo da Relación de Postos de Traballo da plantilla municipal e para a súa posta en marcha. O traballo estará dirixido por Francisco Jesús Ferreiro Seoane, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago e profesor da Escola de Relacións Laborais da Universidade de A Coruña. 

O pasado mes de febreiro xa se celebrou no Concello un encontro con este profesor universitario para estudar as posibilidades de poñer en marcha a iniciativa .

O alcalde, Manuel Cuiña, na xuntanza que mantivo co comité de empresa e os sindicatos a finais de 2014 xa avanzara a intención do goberno municipal de poñer en marcha a RPT. “Consideramos que a situación económica actual do Concello, logo da xestión realizada polo goberno municipal, permite poñer en marcha esta actuación para regularizar e reordenar a plantilla municipal”, explica o alcalde, que remarca que “con esta iniciativa dende o goberno damos cumprimento ao compromiso adquirido coa Mesa de Persoal para a posta en marcha da RPT”, engade.

Melide - Presentaión da Foliada

.- O salón de plenos do concello de Melide foi o marco escollido pola asociación cultural e músical “O Castelo”, encargada da organización da Foliada que anualmente se leva a cabo na vila por estas datas.

En dito acto, estivo presente a alcaldesa da vila Ánxeles Vázquez xunto ocn membros da organización, sendo esta a encargada de abrir o acto a cal  loubou o traballo e o esforzó que dita asociación realiza a hora de sacar a diante unha actividade tan ben acollida polo publico en xeral.

Ánxeles Vázquez, animóu aos organizadores a seguir traballando en prol da cultura e da música tradicional deste país, que como todolos anos  contan co apoio incondicional do Concello de Melide, en canto a material, servizos, instalacións, seguridade, limpeza, grupos electróxenos, iluminación ,etc que o concello facilita a asociación co fin de que durante esa fin de semana, todo saia sen incidencias.

Esta programación está pensada para o desfrute da xente, de cativos e de maiores, dos veciños de Melide e dos que chegan de fóra, tres días completos de actividades, de diversión, de contacto có noso… coa nosa música, coa nosa artesanía, coa nosa cultura, coa nosa tradición.
Unha das novidades deste ano é un CONCURSO FOTOGRÁFICO que organizamos en colaboración coa Asociación Enfócame no que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sen restricción de idade.

Según explica o presidente da asociación, Miguel Varela este ano pretendemos abrir novos escenarios que amplíen a dimensión deste evento que despois de dez anos xa está consolidado como un referente da música tradicional do país.

A continuación imos desglosar o programa de actividades  desta 11ª edición da FOLIADA de MELIDE e comezamos polo VENRES  24 DE ABRIL

VENRES 24 DE ABRIL

O ano pasado como celebración do décimo aniversario ampliamos a programación un día máis e nesta ocasión queríamos asentar o venres  xa, como o día adicado á música feita na comarca. E como referentes da música tradicional e folk na nosa comarca contaremos coa actuación dos MELIDAOS e TROMENTELOS, dous grupos con dni melidense e que presentarán os seus traballos discográficos a partir das 22:00h na Casa da Cultura.


SÁBADO 25 DE ABRIL

Inauguración da MOSTRA DE ARTESANÍA E INTRUMENTOS que abrirá as súas portas a partir das 11:00 da mañá e permanecerá instalada na Praza do Convento durante toda a fin de semana. Reunirá a artesáns de todo o pais repartidos en 20 postos que abarcan dende instrumentos de percusión, gaitas, zanfonas, instrumentos folk,  confección de traxes tradicionais, talla de madeira, pedra ou coiro.
Nesta edición contamos cunha ampla representación de artesáns de instrumentos

Un dos pratos fortes desta segunda xornada son os CANTOS DE TABERNA. Este ano celébrase a sétima edición e as novidades con respecto a outras edicións están no incremento dos grupos participantes. Contaremos con dezaoito grupos e dezaoito locais de hostalería.
Cada grupo fará un percorrido por oito locais no que recibirán a puntuación do taberneiro correspondente. Os tres grupos con maior puntuación serán os gañadores. Os premios nesta ocasión están patrocinados pola Asociación Casco Vello, o primeiro premio consistirá nunha cea nun restaurante de Melide e o segundo e o terceiro nunhas cestas de productos típicos.
Os grupos participantes proveñen de lugares moi diversos, Marín, Mondoñedo, Compostela, A Fonsagrada, Chantada, Sada, Bergondo, O Pino, Touro, Arzúa, Vila de Cruces, Santiso e Melide.


Xa pola tarde a partir das 18:00h na Praza do Convento realizarase o OBRADOIRO "Entra no baile a bailar" un obradoiro de baile tradicional que Luís Prego se encargará de impartir e que está dirixido a todo o público, enfocado a ser totalmente participativo coa intención de contar con nenos e nenas e maiores interesados en aprender recursos de baile tradicional. O grupo local Froito Novo serán os encargados de poñela música


As sete da tarde. Un dos clásicos da Foliada, a MARCHA GAITEIRA. Un percorrido musical que enche as rúas de Melide de música. Participarán vinte agrupacións musicais que se repartirán por diferentes rúas e prazas. Un pasarrúas multitudinario que anima á vila e nos encamiña ao centro mesmo da festa, a Praza das Coles, onde terá lugar o Serán.

O SERÁN foi o xermolo da Foliada. O nacemento desta aventura, foi un serán, unha reunión de amigos para tocar e bailar que pronto se fixo grande e colleu vida propia. A partir do serán surxiu todo o demáis. O serán é unha festa. Uns tocan para que outros poidamos bailar. Hai quen se inicia no baile, outros máis avanzados… “e o que non canta nen baila, qué ven facer ao serán? Aprender catro mentiras para ir contar mañán”. Pois non, tamén se pode vir a desfrutar dunha noite de música e bon ambiente na que participarán vinte agrupacións de música tradiconal.

E xa como fin de festa e como remate do Serán, a partir das doce da noite actuarán Habelas Hainas e Sacha na Horta

HABELAS HAINAS son catro rapazas unidas pola música tradicional cun son enérxico, fresco e orixinal. Ofrecerán un concerto moi animado e visualmente moi entretido.

SACHA NA HORTA é un grupo cun estilo moi propio, que deron en chamar "agro-punkchanga", no que as voces das mulleres atopan toda a forza, a urxencia e a liberdade para se expresar e falar do mundo que elas ven e tamén do que desexan. Isto todo cosido cun fío con moita retranca


DOMINGO 26 DE ABRIL

Nesta xornada as actividades da mañá desenvolveranse na súa maior parte na Praza do Convento onde a Mostra de Artesanía e Instrumentos será o principal atractivo.

Tamén pola mañá na Praza das Ichoas e na zona dos viños  a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional realizará un OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES dirixido a todo o público.

A exhibición do baile tradicional sempre tivo presencia dentro da programación da Foliada. Este ano na MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL contaremos coa Escola de baile e música tradicional de Santa Comba. Actuarán ás 13:30h na Praza do Convento

Durante toda a fin de semana a ANIMACIÓN DE RÚA  estará conducida por diferentes grupos musicais que acompañarán a xigantes e cabezudos que encherán as rúas e prazas do pobo de colorido musical.

Xa pola tarde os protagonistas serán os máis cativos. Poderán desfrutar da actuación Peter Punk, que presentará o espectáculo “Peor imposible”, un espectáculo que combina maxia, malabares e sobre todo moito humor.

Tamén se entregarán os premios do concurso XENTE CATIVA, un concurso de debuxo dirixido aos nenos e nenas dos colexios da comarca da Terra de Melide

E xa coma fin de festa actuarán NAJLA SHAMI e OS DIPLOMÁTICOS DE MONTEALTO

NAJLA SHAMI é unha artista e compositora nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, creceu entre Galicia e Kuwait. Mestura diferentes estilos coma o jazz, funk e a música tradicional. Este concerto será a partir das seis na Praza das Coles


Dos DIPLOMÁTICOS DE MONTEALTO pouco hai que dicir. Dende a organización fixemos un esforzo importante para que Melide poida desfrutar dun grupo histórico, un dos impulsores do Bravú e en definitiva un grupo de referencia no movemento musical galego. Este concertó será as oito da tarde na Praza do Coles

Teo - Resultado orzamentario do exercicio 2014

O Concello de Teo presenta a liquidación do orzamento do 2014, da que se dará conta no pleno do mes de abril, cun resultado orzamentario positivo de 563.657 euros. Trátase da diferencia entre ingresos e gastos que leva tres anos consecutivos arroxando datos positivos ao peche do orzamento. 

Segundo destaca o alcalde de Teo, Martiño Noriega, “a liquidación do orzamento presenta unha mellora notable nos parámetros económicos máis importantes, e o que resulta aínda máis destacable, unha evolución positiva nos últimos anos”. Deste xeito no 2012 o resultado orzamentario foi de 909.195 euros, no 2013 baixou a 147.506 e neste último volve a superar o medio millón de euros. 

Outros dos elementos que recolle o informe de intervención é o remanente de tesourería “que minorou nunha sexta parte do que había no 2011” destaca o rexedor. No 2012 foi xa de -1.578.118 euros, no 2013 a cifra quedou en -1.236.182 euros e neste ano baixou a -563.545 euros. 

Noriega salienta que o tema económico “sempre é unha cuestión de moito debate máis as cifras oficiais avalan que todos os parámetros de saúde económica do Concello melloraron nesta lexislatura, aínda máis se os comparamos co 2007”. E eso “sendo capaces de pór en marcha servizos básicos e manter as conquistas sociais en materia cultural, educativa ou de servizos sociais” explica o alcalde de Teo. Unha xestión económica responsable “é a mellor garantía de que o Concello poderá seguir apostando polas conquistas sociais”. 

Á vista da documentación de intervención tamén cabe destacar que o aforro neto é positivo e o nivel de endebedamento é do 24%, moi inferior ao límite establecido do 75% a partir do que non se poderían concertar novas operacións de préstamo. Nas conclusións do informe de intervención tamén se recolle que se cumpre coa estabilidade orzamentaria, coa regla de gasto e coa sostenibilidade financeira. 

Acabo de asinar o expediente de liquidación do orzamento 2014 no Concello de Teo cun resultado orzamentario positivo (por terceiro ano consecutivo) en máis de medio millón de euros. O remanente negativo de tesourería minorou a unha sexta parte do que había no 2011 e cumprimos con todos os parámetros económicos. A maiores o volume de endebedamento é do 24% (o máis baixo dende hai moitos anos). Todo isto conseguiuse sen renunciar a políticas activas socioculturais e a infraestruturas necesarias.
Resumindo:
-Todos os parámetros da saúde económica do Concello melloraron nesta lexislatura (aínda máis se o comparamos co 2007)
-Non renunciamos as nosas conquistas.
-Estas datos son oficiais (servizo de intervención) 
-Quero partillalos con vos para que diante de todo o que algúns din (ou dirán) da saúde económica do Concello nestas semanas pre-electorais, vos teñades os datos que eu teño sacados dos informes.Transparencia.

Obradoiro CAB - La Fundación Heracles inicia su actividad con la presentación en las instalaciones de Cenor

La Fundación Heracles presentó ayer su actividad ante los medios en la sede central del Grupo Cenor, cuyo gerente Javier González es patrón de la misma. El también consejero del Rio Natura Monbus Obradoiro estuvo acompañado por el propio presidente de la organización, Pepe Casal, así como por el técnico del Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, y por su director general, José Luis Mateo.

El anfitrión González inauguró el acto satisfación y mostró su agradecimiento a los demás patronos, para luego explicar que “el objetivo principal de la fundación es fomentar la práctica del baloncesto en Galicia, pero su labor también será importante para involucrar a más empresas en el proyecto baloncestístico en Santiago, que poco a poco se va consolidando. El siguiente paso en este proceso es llegar a ser una cantera referente en el norte de España”.

La intervención de Pepe Casal aclaró a los presentes que Heracles trabajará para que “ningún niño de Galicia con el espíritu que el Rio Natura Monbus aporta a los aficionados al baloncesto tenga que irse a otros sitios para poder llegar a la élite. La Fundación proporcionará herramientas para cumplir ese objetivo y hacer ejercer la práctica deportiva e nuestra región”. Comenzando su actividad para ello, en el calendario de la fundación están ya fijadas también otras citas ineludibles, como el Clínic “Desmontando al entrenador ayudante” o el Campus Obradoiro CAB de verano, así como otras actividades que serán presentadas próximamente.

Aunque está presente la llegada de la Minicopa del Rey 2016 a A Coruña, la Fundación no se pone plazos cronológicos para ir logrando sus metas. El propio Moncho Fernández, tras mostrarse encantado por compartir mesa con Javier González porque“Cenor habla siempre de valores, algo que me gusta mucho, que prueba que desde la humildad y desde el trabajo bien hecho se puede competir con gigantes”, explicó que “ojalá algún día pueda decirle a un chico criado en nuestra cantera que se prepare que va a debutar en Liga Endesa. No obstante, lo menos importante es el tiempo, porque aquí no influyen solo medios técnicos o físicos, también hay que encontrar el talento. Es muy difícil, pero al menos podremos tener las mismas herramientas que en otras ciudades con club Liga Endesa para, si ese talento surje, poder encauzarlo“. También menciona el concepto “cantera social”, debido a que “de aquí también saldrán los nuevos aficionados, entrenadores, delegados, etc.”.

Los presentes cerraron el acto asegurando que próximamente la Fundación pondrá en marcha nuevos proyectos dirigidos a cumplir las primeras metas fijadas.

Psoe Negreira - Demanda de arranxos en parque infantil

O Grupo Municipal Socialista de Negreira esixe ao goberno local a que repoña no Parque Infantil anexo ao Colexio de Primaria, os columpios destinados a ser usado polos rapaces mais pequeniños.


O Parque Infantil en cuestión foi remodelado na anterior lexislatura, marcando dúas zonas de xogos diferenciadas pola idade.

Na parte anexa ao recinto escolar colocáronse xogos para os mais pequenos e na parte anexa á Rúa Castelao colocáronse xogos para nenos de maior idade.

Durante esta lexislatura se deterioraron os columpios dos mais peqeuchos, concretamente os balancíns que contan cunha barra de seguridade para evitar que os nenos se caian.

Pois ben, estes elementos foron substituídos por balancíns para nenos de mais idade, é dicir elementos de xogo carentes das barras de seguridade.

Resultando que agora mesmo hai catro columpios para os nenos de maior idade e ningún para os pequenos. 

Ao mesmo tempo se está a incumprir a normativa actual en materia de parques infantís, posto que nunha zona destinada a unha franxa de idade determinada, están colocados elementos de xogo marcados para unha franxa de idade distinta.

Por iso o Grupo Municipal Socialista de Negreira esixe ao goberno local que repoña os elementos acordes coa normativa e acordes coa idade correspondente.

Así mesmo o noso Grupo Municipal solicita ao goberno local que revise a instalación do Parque Infantil de Pedra Mámoa.

Solicitamos que mande ao Técnico Municipal realizar un informe acerca de si a instalación de dito parque é correcta, ou hai algo que corrixir, como así nós o entendemos.

Tamén solicitamos que se lle volva a dar augar á fonte pública que hai no zona de Pedra Mámoa, fonte que se inutilizou fai xa varios meses e que segue no mesmo estado.

Hai que ser conscientes da cantidade de persoas que pasan por dita zona, e o lamentable que é que a única fonte existente estea inutilizada.

E todo isto debido á ineptitude do goberno local e da súa ineficacia.

Xa para rematar solicitamos que se asfalte integramente a Rúa de Rosalía de Castro, por que non damos entendido como se pode planificar o arranxo dunha rúa e deixar a mesma a medias.

Aínda que claro, a xestión deste equipo de goberno actual é difícil de entender.

Hostalería de Compostela - reunión co presidente da Xunta

Unha delegación da nova directiva de Hostalería Compostela, encabezada polos seus presidentes, Sara Santos e Antonio Riveiro, foi recibida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Nesta xuntanza os representantes dos empresarios do sector turístico falaron da necesaria reactivación do Clúster de Turismo de Galicia, coa entrada das empresas deste colectivo empresarial, e da necesidade de incrementar a conectividade aérea internacional de Galicia, a través do aeroporto central, para redistribuir fluxos turísticos dende Compostela a toda a comunidade e reducir así a excesiva estacionalidade e a alta dependencia do turismo nacional, contribuindo deste xeito o turismo á reactivación da economía de Galicia. 

Os hostaleiros tamén lle trasladaron a Núñez Feijoo a súa preocupación pola paralización da Lei do Espectáculo e o presidente da Xunta interesouse polo proxecto gastronómico e cultural deseñado por Hostalería Compostela para a nave número 5 do Mercado de Abastos de Santiago. Un modelo de negocio innovador e cun enfoque global e de cidade que tén como obxectivo facer de Santiago un destino gastronómico de referencia a nivel nacional e internacional, fronte un proxecto que os hostaleiros composteláns temen que poida contribuir a turistificar excesivamente un dos mercados de abastos máis auténticos de España, desvirtuando a súa propia natureza.

Este encontro forma parte da estratexia da nova directiva de Hostalería Compostela para poñer todo o coñecemento e a experiencia do sector empresarial ao servizo dos decisores públicos, co obxectivo de reactivar a actividade hostaleira na cidade co maior grao de especialización turística de Galicia e con máis capacidade para internacionalizar e desestacionalizar o sector turístico. Para seguir avanzando nestas liñas de traballo, o presidente da Xunta comprometeuse a manter un xantar de traballo, na semana vindeira, no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostalería Compostela, onde estes días se está a desenvolver un curso de cociña para desempregados. No arquivo anexo vanvos as fotos deste encontro mantido onte.

USC - Congreso Internacional sobre los antecedentes de Goldoni

La Facultad de Filología de la Universidad de Santiago Compostela (USC) da comienzo hoy miércoles, día 15, al congreso internacional sobre los antecedentes de Goldoni, renovador del teatro italiano en el s. XVIII, que se extenderá hasta el próximo viernes, día 17. El rector de la USC, Juan Viaño, acompañado por el agregado cultural del Instituto Italiano de Cultura en Madrid, Mario Vecchione, y el presidente de la Sociedad Española de Italianistas, Vicente González Martín, inaugurará este encuentro de investigación teatral sobre la figura de Goldoni.

El presidente del comité organizador es el profesor de Literatura Italiana de la USC Javier Gutiérrez Carou, y el programa incluye 64 ponencias y 2 conferencias con la participación de expertos de siete países, Italia, Francia, Alemania, Polonia, Austria, Hungría y España.

Cámara de Comercio - Inauguración dun programa de creación de empresas

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia inauguraron onte unha nova edición do Programa de creación e consolidación de industrias culturais e creativas, que se impartirá de forma gratuíta no Centro de Emprendemento do Gaiás ata o 29 de maio. Ao acto, que se celebrou no edificio da Biblioteca do Gaiás, asistiron a responsable de Creación de Empresas da Cámara, Rosa Cardeso, a xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González, e a directora de Programas de Incyde, María Dolores García. Esta acción formativa organízase en colaboración coa Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa (INCYDE) e conta co financiamento do Fondo Social Europeo.

Nunha época na que a cultura se converteu nun sólido activo e estratéxico de desenvolvemento social e nunha importante plataforma económica, a Cámara de Comercio de Santiago e a Cidade da Cultura organizan este programa para tratar de satisfacer a crecente demanda deste tipo de pequenas empresas culturais cun enfoque “altamente” creativo e novos modelos de financiamento e xestión “novidosos e máis eficientes”, destinados a actualizar os procesos de produción, distribución, exhibición e difusión dos produtos culturais. 

No programa, que se desenvolverá en 320 horas, participarán un máximo de vinte e cinco proxectos. Está dirixido fundamentalmente a empresarios e responsables de pequenas empresas culturais e creativas. 

Rosa Cardeso destacou que os alumnos participantes poderán desenvolver proxectos de emprendemento relacionados coas artes, teatro, música, danza, os sectores audiovisual e editorial, e mesmo as actividades vinculadas ás novas tecnoloxías e ao deseño. “Os alumnos recibirán nocións para desenvolver un plan de empresa e contidos sobre administración da empresa cultural, marketing e comercialización, prevención de riscos laborais, calidade medioambiental e igualdade de oportunidade, xestión financeira e económica e novas tecnoloxías da información e ferramentas informáticas” –explicou Cardeso–.

Os titores asesorarán de forma individualizada a cada un dos participantes, ofrecéndolles os instrumentos empresarias necesarios para deseñar e dirixir os seus proxectos culturais, fomentando o uso de novas tecnoloxías, tanto en sectores artísticos tradicionais como nos novos espazos de ocio creativo: cine de animación, publicidade, comunicación, páxinas web ou videoxogos.

Ames Novo - Homenaxe os homiños de Boimorto no día da Republica

Ames Novo conmemorou onte o 14 de abril homenaxeando na Carballeira de Ortoño aos “homiños de Boimorto”, cunha ofrenda floral na que defenderon os valores de democracia e igualdade da República. A candidata de Ames Novo, Pilar Candocia, destacou a importancia do primeiro goberno Republicano en Ames que “trouxo ao noso concello as escolas, a luz e as estradas”. Deste xeito destacou o seu valor coma “o primero gobernó para as persoas e os servizos”.

Os membros da Coordenadora de Ames Novo fixeron este serán na Carballeira de Ortoño una ofrenda floral adicada aos “homiños de Boimorto”, asesinados en Ames neste mesmo lugar. Alí depositaron un ramo con frores por cada un dos represaliados nun acto que consideraron de “reivindicación da liberdade e a democracia”.

Pilar Candocia lembrou ademáis a decisión tomada por unanimidade fai un ano polo Concello de Ames de “restituir ao Goberno Republicano que foi inxustamente cesado”. Segundo dixo a candidata de Ames Novo ata o de agora “o Goberno do PP foi incapaz de asumir o mandato do Pleno de Ames aprobado por unanimidade”, una decisión adoptada polo consistorio fai un ano e que, segundo lembrou Candocia “segue sin facerse efectiva”.

Axenda e tempo do martes 14 de abril - Danza, música, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - Casa das Crechas - Sergio Tanús trio

Santiago - Pub Atlántico - Tertulia sobre fotografía

Santiago - Teatro Principal  - Pisando ovos presenta "Que volvan as flores"

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Exemplares do Quixote (ata o 30 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - retrospectiva de Rudy Daini (ata o 3 de maio)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Fundación Araguaney - El artista Rudy Daini expone una retrospectiva de toda su carrera

La Fundación Araguaney-Puente de Culturas acogerá una exposición de pintura y escultura del artista Rudy Daini desde hoy martes, día 14, en su galería de arte (calle Alfredo Brañas, 5). Bajo el título “(Retrospectiva) Rudy Daini. Últimos 20 años”, el artista de origen venezolano mostrará más de veinte obras en este espacio expositivo del Araguaney hasta el día 3 de mayo.

En esta retrospectiva, Rudy Daini ofrece “en un solo instante y en un solo espacio” los diferentes recorridos de su trabajo durante las últimas dos décadas. Cuelga en las paredes colores que transcienden las telas y los objetos que representan, trata temas atemporales que invitan a la reflexión, y a través de curiosos detalles hiperrealistas coloca al público ante la presencia de aparentes dicotomías como, por ejemplo, el tiempo y la permanencia, la eternidad y la muerte, lo frágil y lo concreto, la realidad y la fantasía o lo prohibido y la libertad. Rudy Daini retrata un mundo solitario y dual que obliga al espectador a pasearse por distintas posturas mientras contempla su obra. “Mi obra es una trayectoria de investigación y de búsqueda incesante que raya de alguna manera con una insatisfacción permanente” –indica–.

Entre sus pinturas recientes destacan obras enmarcadas en la serie Negra. Son trabajos realizados sobre cartulina negra adherida a un soporte de madera. Los temas tratados en cada cuadro aparecen como si fueran el resultado de un collage, con diferentes áreas pintadas con distintos materiales, como óleo, acrílico, pastel o lápices de colores que colocan al espectador delante de una obra con distintos planos existenciales.

Otra de las series de pintura recibe el nombre de Miradas. Daini busca, sobre lino crudo, resaltar el contenido emocional de las miradas y las coloca sobre figuras de trazados sencillos y rústicos. En la exposición también podrán contemplarse cuadros de las series de Cuerdas, Naturaleza Muerta y Tela.

Y en su obra escultórica reciente destaca la figura del “Caminante”, que estará presente en la muestra. Se trata de un estudio en yeso, de dos metros de altura, que surge como el inicio de un proyecto de varias figuras en bronce sobre el Camino de Santiago en el que empezó a trabajar el artista hace algún tiempo. “El reto de esta obra fue llevar a la dimensión tridimensional el personaje que he dibujado en muchas de mis caricaturas y animaciones y que cariñosamente llamo Uno, porque para mí representa a cada uno de nosotros” –explica.

Artista desde la niñez
Rudy Daini es un artista de origen italiano, nacido en Caracas (Venezuela) en 1951. Ha heredado la vena artística de su padre, el escultor de importantes obras monumentales y de pequeño formato Hugo Daini. En el atelier y taller de fundición de su padre, Rudy pudo vivir y desarrollarse en el mundo del arte desde muy temprana edad. Su padre le enseña a dibujar, modelar el barro y el trabajo de la fundición en bronce. Un amigo y vecino de la familia, el pintor español Lucio Rivas, se encarga de introducirlo en el oficio de la pintura.

En 1969 participa en su primera exposición colectiva de esculturas en bronce de pequeño formato. En 1970 tiene la ocasión de incursionar en el mundo de la escenografía en el Caracas Theater Club de Caracas. En 1972, lo hace en una muestra colectiva de pintura. En 1971 inicia sus estudios de Arquitectura y en 1974 pasa a estudiar la carrera de Psicología. Realiza también en 1975 algunos trabajos en orfebrería y publica su primer libro de caricaturas “¿Dónde estás tú?”. Su segunda publicación, “Rejas”, llega en 1981 cuando deja de trabajar para el Ministerio de Justicia de Venezuela en el área penitenciaria. El tercer libro, “El corazón roto”, aparece en 1987. En 1990 le encargan la restauración de las esculturas y fuentes del Paseo de los Próceres realizadas por el padre en 1957. En 1996 elabora por encargo el busto en bronce de Giuseppe Garibaldi. En 1995 y 1999 participa en el Ankara International Cartoon Festival, Turquía. En esta última fecha, colabora como caricaturista para la revista de la empresa TOTAL. En New York, en 1998, tiene su primera muestra colectiva de pinturas. Le siguen las de 2001, 2002, 2003 en Caracas, Venezuela, y en el 2008 en A Coruña. Ya en tierras compostelanas, donde establece su residencia, realiza dos exposiciones individuales como marca de una nueva etapa creativa.

Además, Rudy Daini participa en diferentes ferias de arte internacionales en Estados Unidos y en Europa entre 1999 y 2001. Y entre los años 2003 y 2006 realiza una serie de videos institucionales y de corte cultural como “Frida Kahlo - Una visión – 55 artistas”.

BNG Santiago - Homenaxe a Elvira Cienfuegos

O BNG, en colaboración co asociacionismo veciñal e cos colectivos sociais, organiza un acto de homenaxe á concelleira do BNG Elvira Cienfuegos, que deixará a Corporación municipal despois de 12 anos ao servizo da cidade.

O evento será aberto ao público e desenvolverase o sábado 18 ás 13:00 horas na Casa de Brandía e, continuación, está previsto un xantar na Nave de Vidán. As persoas que queiran asistir á comida, deberán retirar o bono por 25 euros no propio restaurante, na libraría Pedreira, no local comarcal do BNG situado na rúa do Home Santo 54 ou na oficina do grupo municipal do BNG do pazo de Raxoi. O prazo para obter o bono de xantar remata o mércores 15 de abril.

Elvira Cienfuegos ocupou as responsabilidades de Educación e Mocidade no período 2003-2011 e de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no 2007-2011. Neste último mandato, como concelleira na oposición, as súas iniciativas destacaron por continuar na defensa da depuración de augas, do ensino público, das zonas verdes, do patrimonio, do rural e do persoal que presta servizos públicos. Nesta convocatoria electoral do 24 de maio, pecha a lista do BNG-Asembleas Abertas.

Profesionalmente, é licenciada en Bioloxía e Farmacia e exerce como catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xelmírez II en Santiago.