Moción reglamento de participación
Instar ao equipo de goberno de Rois á
redacción, consensuada con todas as agrupacións políticas e tendo en conta a
opinión da veciñanza do noso concello, dun regulamento de participación cidadá,
na que as liñas mestres sexan:
-Participación dos veciños nos Plenos
mediante entrada en rexistro das súas preguntas, cunha resposta por escrito se
fose necesario.
-Reunións periódicas coas asociacións
de todo tipo con sede no concello, establecendo mecanismos de participación
deste teixido.
-Creación dun consello asesor con
representación de cada parroquia, así como un específico
de xuventude.
-Itinerancia polas parroquias do
Pleno, para facilitar a participación e o coñecemento direto da xente do
transcurso das diferentes sesións
Moción sobre control das dedicacións
Polo
que fai á alcaldía:
-Instaurar unha axenda pública, na
que conste unha franxa horaria de atención ao público.
-Reducir a retribución de maneira proporcional
ao que se corresponda ao tempo investido noutras tarefas da administración
pública que estean remuneradas, por exemplo, como pasou na lexislatura pasada
coa dedicación á Deputación.
-Velar porque a dedicación sexa
exclusiva e, en todo caso, non se solape con ningunha outra actividade privada
ou pública allea ao labor de alcalde. Neste sentido, estaría ben remarcar que,
como é público e notorio, ningún empregado da administración local teña a
obriga de ir levar documentación a asinar polo alcalde fóra da casa
consistorial, sempre que non sexa de maneira excepcional e nunca a negocios
propios de índole privada.
Polo
que fai á concellería de obras:
-Instaurar unha axenda pública.
-Dado que o labor desta concellería
se solapa en grande medida coa do arquitéctico técnico contratado polo
concello, sería conveniente reducir a dedicación da concellería de obras.
Redistribución
das cuantía empregadas en dedicacións:
-Tendo en conta todo o exposto,
sumando a parte proporcional deducible á dedicación da alcaldía e mais a
deducible á concellería de obras, dedicar a cuantía resultante a unha
dedicación, na medida que se considere oportuno, a outras concellerías que, ao
noso parecer, terían que ser potenciadas neste sentido, nomeadamente a
Concellería Educación, Cultura, Xuventude e Deportes e a Concellería de Asuntos
Sociais e Emprego.
Moción accesibilidade
Instar ao equipo de gobernode Rois a
solicitar, á instancia pertinente, a adecuación e mellora dos accesos de
aqueles locais de Rois que o necesiten e nos que se exerce o dereito a voto en
todos os comicios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario