Compromiso X Galicia Rois - Apertura de primarias

A Agrupación Local de Compromiso por Galicia en Rois vén de abrir o pasado sábado o proceso de presentación de candidaturas para as primarías abertas á cidadanía que se celebrarán na localidade, e que finalizará o vindeiro venres 21 ás 00.00 horas. 

Poderán ser candidatas a encabezar a lista de Compromiso por Galicia en Rois ás vindeiras eleccións municipais do 2015 todas aquelas persoas maiores de 18 anos que compartan os principios básicos da organización e que non militen noutro partido político. 

De igual xeito, informan dende a Agrupación, non poderán ser candidatas aquelas persoas a respecto das que se ditara auto de procesamento ou de apertura do xuízo oral. Pola súa banda, poderán votar nas primarias todos os veciños e as veciñas de Rois, maiores de 16 anos que simpaticen co proxecto político de Compromiso.

Ningún comentario: