O pasado sábado aprobouse o orzamento do concello de Rois para o ano 2015. Desde o BNG fixemos unha intervención moi crítica cos mesmos xa que desde o noso punto de vista, e cos datos na mán, resultan ser os máis desastrosos desde que Ramón Tojo está ao frente da alcaldía de Rois. Polo tanto amosamos o noso rexeitamento aos mesmos e votamos en contra deles.
Algunhas das razóns que demos para xustificar este voto en contra foron:
1.- Estes son os peores orzamentos do concello nos últimos dez anos, sendo os máis baixos de todo o mandato de Ramón Tojo como alcalde de Rois. Redúcense a 2.599.065,43 €.
2.- O capítulo de inversións redúcese nun 6% (arredor dos 166.000 €) mentres que a partida de gasto en bens correntes e servizos aumenta nun 8% (arredor dos 145.000 €). Son os orzamentos onde as inversións caen ao nivel máis baixo dos 8 anos do PP en Rois. O grupo de goberno sigue sin facer esforzo algún para controlar o excesivo gasto neste capítulo.
Aínda así, siguese mantendo unha dedicación exclusiva para o concelleiro de obras que nos costa a todos/as arredor dos cincuenta mil euros anuais.
3.- Materialízase a privatización de servizos públicos, tales como a xestión da escola de música ou a limpeza dos colexios de Dices e Urdilde. Decisión que vai supoñer un encarecemento do servizo.
4.- A débeda actual de arredor de 371.000 € sigue sen amortizarse prolongándose no tempo ata dentro de 2 ou 3 mandatos. Feito que vai hipotecar o futuro económico do concello para os vindeiros anos (dez ou doce).
En resumo, uns orzamentos nefastos que van servir para empeorar os servizos que debe dar o concello aos veciños e veciñas de Rois co agravante de privatizar algúns deles co cal, é previsible que no futuro, sufran un encarecemento para os propios veciños. Sin deternos nada a falar das críticas que fai o informe de intervención a algúns aspectos dos mesmos, tales como as contratacións feitas de xeito irregular, o exceso de servizos contratados sin cumplir os requisitos mínimos de publicidade, transparencia, etc. ou o descenso que se prevé dos ingresos que veñen das administracións provincial, autonómica ou estatal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario