Xente de Rois - Sengunda xornada solidaria

A asociación cívica Xente de Rois organiza este venres 11 de setembro, a partir das 18 horas, a segunda xornada solidaria a base de xogos para rapaces, manualidades, talleres de animación e maquillaxe, coa colaboración de Arenaria Coordinación e a cesión de material do concello de Rois. 

A xornada terá lugar nas instalacións preparadas para a ocasión na taberna o Tallón, a carón do Sisto. A finalidade é recadar fondos para material escolar destinado a familias de Rois con nenos que o necesiten. 

Na primeira xornada solidaria conseguiron recadarse uns 400 euros. Estes fondos serán canxeados por cheques para material escolar na libraría Pensamentos de Padrón, que sobre o total recadado engadirá un 10%. Os cheques serán distribuidos polos servizos sociais de Rois. Amais, entre os rapaces participantes sortearanse agasallos cedidos pola xoguetería Tiko Doco e a propia libraría Pensamentos.

Ningún comentario: