23/5/2016 - O coro Encaixe , gañador da primeira edición do concurso Oh Happy Day da TVG, fai a súa primeira posta en escena
Encaixe é unha formación composta por 14 cantantes que proveñen de distintos xéneros musicais: soul, folque, rock, jazz, pop... Xuntos conforman unha ampla variedade musical, con arranxos vocais de temas de Led Zepellin, Marful, Eurythmics ou Pharrell Williams.
No seu primeiro espectáculo, o coro Encaixe achegará ao público un repertorio ecléctico, cheo de carácter e matices. Unha perfecta ocasión para gozar de boa música en Santiago de Compostela.
A cita será o vindeiro 26 de maio ás 22.00 horas na Sala Capitol. As entradas xa estan á venda na Reixa Tenda, Miranda-Cultura para levar, e na Sala Capitol a un prezo de 5 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario