27/5/2016 - Este encontro organízase en base á triloxía da literatura galega do mesmo nome: Dragal, unha actividade organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingúística e o Concello de Boqueixón, contando coa colaboración de Ramsa, S.A.
Durante toda a mañá de hoxe , os 230 rapaces/as participantes de 6 centros educativos de toda Galicia, realizarán varios xogos de rol e actividades no Pico Sacro, no Centro de Interpretación, pavillón de Lestedo e inmediacións da igrexa de Sta. María de Lestedo. O encontro supón unha importante acción de potenciación e promoción cultural, patrimonial e turística do Pico Sacro e de toda a historia lexendaria que acumula este monte.
Día: venres 27 de maio de 2016
Lugar: Pico Sacro (Lestedo - Boqueixón)
Programa de actos:
- 10:30h- 11:00h. Chegada participantes
- 11:00h. - 14:00h. Xogos de rol
- 14:15h. Xantar
- 14:45h. Entrega de diplomas
Ningún comentario:
Publicar un comentario