O seleccionador de Polonia, Mike Taylor, en Sar con Adam Waczynski

O Rio Natura Monbus Obradoiro recibiu esta semana a visita do adestrador da Selección nacional de Polonia, Mike Taylor. 
O técnico, acompañado do seu axudante Wojciech Kaminski, asistiu a unha das sesións de adestramento dos obradoiristas para preparar o partido ante Dominion Bilbao Basket-

"É unha pena que non nos podamos quedar ao partido, porque Adam sempre nos comenta que a atmosfera é incrible e gustaríanos coñecela, máis aínda estando cheo por completo", comentaba o adestrador. 

A súa visita responde a unha sorpresa para "animar a Adam e pasar algún tempo con el tras a lesión que sufriu. É un xogador moi importante para nós desde fai un par de anos". A selección xogará este verán a fase clasificatoria para o próximo Eurobasket. 

É a primeira vez que os técnicos visitan Galicia. "Estivemos no adestramento e gustounos moito. Ademais, falamos con Moncho e con todo o corpo técnico. Cremos que están a facer un gran traballo, están a ser moi hospitalarios connosco e ofrecéronnos a súa colaboración", explicaba. 

Da lesión de Waczynski, aseguraba Taylor que "foi fea, pero é bo velo realizando rehabilitación e achegándose cada vez máis a volver ás canchas. Está en moi boa condición física e sabemos que morre de ganas por volver axudar ao equipo". 

Ningún comentario: