13/5/2016 - Gonzalo Concheiro presentou esta mañá, no rexistro do Concello de Boimorto, o seu escrito de renuncia como alcalde da municipio, por motivos persoais e alleos ás súas responsabilidades como alcalde da localidade e como concelleira do Partido Popular.
A dirección provincial dos populares respecta a decisión tomada polo xa ex rexedor de Boimorto, e aseguraron que a estabilidade do goberno local está garantida na figura de María Jesús Novo.
Neste sentido, os populares quixeron mandar unha mensaxe de tranquilidade aos veciños de Boimorto, asegurando que as obrigacións e a actividade diaría do goberno local seguirá adiante con total normalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario