14/5/2016 - En homenaxe a Manuel María, autor a quen se adica o Día das Letras Galegas 2016, o concello de Boqueixón deseñou unha programación a desenvolver ao longo da vindeira semana:
· Exposición “Manuel María: vida e obra”, percorrido polos aspectos máis salientables do autor homenaxeado no día das Letras Galegas 2016: Casa do Concello.
· Festival das Letras Galegas, hoxe ás 18:30h. na Casa da Cultura de Camporrapado: lectura de poemas de Manuel María e actuación dos Bolechas van ás olimpíadas.
· Entrega de premios do III Certame de Relatos “Xosé Neira Vilas”: 20 de maio ás 11:00 h. no salón de actos do CPI Antonio Orza Couto. O acto estará presidido por Ovidio Rodeiro, alcalde de Boqueixón, acompañado polo presidente da Fundación Neira Vilas, don Luís Reimóndez e por don José Manuel Silva, director do CPI.

Ningún comentario:
Publicar un comentario