Amosando publicacións coa etiqueta TEATRODANZA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEATRODANZA. Amosar todas as publicacións

Santiago - dentro do bono de danza hoxe "Pieza teatral documental"

A compañía derribaslapuerta abre mañá a programación do ciclo de Danza 2015 con ‘Pieza Teatral Documental’. Será ás 20.30h no Teatro Principal e ademais do espectáculo de danza poderemos ver o audiovisual que prepararon xunto á produtora galega Deica. As entradas teñen un prezo de 6 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Coa compra da entrada entregarase o bono de Danza 2015 co cal se poderá obter un desconto do 25% nas entradas dos vindeiros espectáculos do ciclo.

Pieza Teatral Documental é un evento crónica (e unha película) sobre un mundo de teatro distópico no que o público ten permitido matar en resposta a un show non satisfactorio. O traballo da nova compañía derribaslapuerta presenta a personaxe de Gregoria, que exerce unha práctica artística de matar a outros artistas polo ben da arte...

derribaslapuerta está formada por Esther Arribas e Matías Daporta, graduados na escola de coreografía de Ámsterdam que comezaron a traballar xuntos cando se decataron da súa querenza polo cinema á hora de crear as súas pezas coreográficas. “Derribas la puerta de entrada del cine”… 

Esther Arribas e Matías Daporta crearon, en colaboración coa nova produtora cinematográfica galega Deica, unha peza de teatro de inversión na que o público se ve como protagonista do evento, participando do humor, da ficción… O público entra nun teatro a ver un evento composto por dúas pezas pero atópanse un espazo cheo de medidas de seguridade, discursos sobre a protección dos artistas e aos actores aterrorizados pola posibilidade de ser asasinado se a obra non vai ben. 

Unha vez terminada a obra, os seus actores sairán a escena para abrir unha conversación co público sobre as ideas que propón o guión e sobre a continuación do proxecto, que é esta película.

FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA

Ánxela Blanco / Esther Arribas / Matías Daporta performers
José María Trigo piano
Esther Arribas / Matías Daporta creación, vestiario, coreografía e dirección
Eve Kilstra deseño son
Pablo Fontdevila deseño iluminación
Audiovisuais Deica cinematografía

bono DANZA 2015
Este bono entrégase gratuitamente coa compra dunha localidade para calquera dos espectáculos incluídos no catálogo Danza 2015 e dá dereito a un desconto do 25% na compra da entrada (máximo de 1 entrada por espectáculo) para o resto das representacións do catálogo. O desconto do 25% no prezo da entrada poderá facerse efectivo mostrando este bono e o DNI no despacho de billetes do Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado) e na Zona C e no Salón Teatro os días de espectáculo. Este bono é persoal e intransferible. Non acumulable a outros descontos.

Santiago - Los Lunes presenta ‘Cuerdas’ en Compostela dentro do ciclo Teatro&Danza

· Tras a representación haberá no propio Teatro Principal, un Encontro co público da autora do texto, Bárbara Colio, e os actores da obra 

A compañía madrileña Los Lunes ofrece hoxe e mañá dúas obras dentro do ciclo Teatro&Danza 2014, ambas dirixidas pola compostelá Fefa Noia. Mañá será ‘Cuerdas’, un texto de Bárbara Colio, arredor da historia de tres irmáns que camiñan pola corda frouxa da súa vida. Será a partir das 21.00h no Teatro Principal. As entradas para este espectáculo son de 12 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Xa o sábado poderemos ver, tamén ás 21h no Principal, ‘Wild Wild Wilde’ de José Ramón Fernández, con textos de Óscar Wilde. O prezo tamén é de 12 euros, 10€ se se presenta a entrada de ‘Cuerdas’. 

"Cuerdas fálanos dos fillos sen pais e dos pais sen fillos, da xordeira que produce escoitarse con demasiada atención durante demasiado tempo, da dor que encerran as palabras que nunca se chegan a dicir e do bálsamo do silencio para as feridas abertas polas palabras ditas, de calarse antes de tempo ou de falar demasiado tarde", di a directora compostelá Fefa Noia. Bárbara Colio, autora do texto, defíneo así: “Trátase dunha historia de viaxe, un paso ao baleiro, a eses ocos da infancia que buscan encherse de adultos, sen éxito. Iso é o que nos move a obter respostas sen saber exactamente cal é a nosa pregunta É apenas un reflexo roto de tres homes únicos. É unha obra á que quero de máis”. Bárbara Colio e os actores da obra, manterán un encontro co público ao remate da representación. 

Sinopse 
Tres irmáns reciben unha carta do seu pai, funambulista de fama internacional, anunciándolles a súa retirada e invitándoos a ver a súa última actuación. Ás súas costas unha ringleira de reproches e rancores. Ante eles unha viaxe cargada de dúbidas e esperas, de carreiras cara a diante e pasos atrás, de equilibrios e desequilibrios sobre a corda. Ata que chegue o gran salto... 


FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA 

Los Lunes Madrid

español 75’

Elenco

Peter David Luque

Paul Quique Fernández

Prince Óscar de la Fuente

Fefa Noia dirección

Silvia de Mata escenografía

Alejandro Andújar / Ana López-Cobos vestiario

Fran Ledo caracterización

Pedro Yagüe iluminación

Javier Almela son

César Barló axuda dirección

Espectáculo enmarcado no programa 'PLATEA, Programación Estatal de Artes Escénicas', promovido polo INAEM, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Santiago - Javier Martín no ciclo Teatro&Danza

Javier Martín presenta ‘El ansia’ no Teatro Principal dentro do ciclo Teatro&Danza
· As entradas, a 6 euros, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en entradas.novagaliciabanco.es ou no 902 434 443

Santiago - O ciclo de Teatro&Danza trae hoxe o Colectivo Fume

Colectivo Fume estará hoxe no Teatro Principal dentro do ciclo Teatro&Danza
O espectáculo, Premio nacional INJUVE á creación escénica, comezará ás 21.00h

Santiago - Xacarandaina este domingo no ciclo Teatro&danza

Xacarandaina presenta ‘Galizien Amerika Linie’, danza tradicional galega e emigración
 Será este domingo, 6 de febreiro, ás 20.00h no Auditorio de Galicia dentro do ciclo Teatro&Danza

Santiago - "El arte de la entrevista" dentro do ciclo Teatro&danza

Iraya Producciones presenta ‘El arte de la entrevista’ de Juan Mayorga dentro do ciclo Teatro&Danza
Será hoy, sábado día 8, ás 20.30h no Teatro Principal

Santiago - Lagarta Lagarta presenta O país do Pato Donald

‘O Pais do Pato Donald’ no ciclo Teatro&Danza
Unha reflexión profunda sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura

Santiago - Nova galega de Danza no Teatro Principal

Nova Galega de Danza: Unha visión diferente da danza galega para o ciclo Teatro e danza.
Fusiona o mellor dos seus tres coñecidos traballos: ‘Alento’, ‘Engado’ e ‘Tradicción’

Santiago - Mofa e Befa pecha esta temporada e inaugura a próxima do ciclo Teatro&Danza

‘Sempre ao lonxe’ e ‘Románticos’, O teatro de Mofa e Befa no Teatro Principal
‘Sempre ao lonxe’ será martes 25 e mércores 26 e ‘Románticos’ xoves 27 e venres 28 de xuño ás 21.00h no Teatro Principal

Santiago - Final da Improfighter!

Primeiro campeonato de Improvisación Teatral Galego en Teatro&Danza
Sábado 15 de xuño ás 21.00 Finalísima ImproChampions League no Teatro Principal

Santiago - No Teatro Principal Sarabela Teatro presenta Rosalía, Os Cantares das Musas

Basada na obra Cantares Gallegos e no prólogo de ‘O cabaleiro das botas azuis’: Un home con afán de fama e recoñecemento póstumo, invoca ás musas para que lle inspiren unha nova fórmula poética.

Santiago - no ciclo Teatro & Danza o "Viaxe a ningunha parte" e "El amor de Eloy"

‘Viaxe a ningunha parte’, mércores 29 e xoves 30 maio ás 21.00 h de Sarabela Teatro, adaptación dunha obra de Fernando Fernán Gómez.
‘El Amor de Eloy’, domingo 2 de xuño ás 21.00h con dramaturxia de Ernesto Caballero

Santiago - "Snaquizados, comedia da fin do mundo" os días 26 e 27 no Teatro Principal

‘Snakizados’, no Teatro Principal venres 26 e sábado 27 de abril ás 21.00h.
Un espectáculo anovador, desde o texto á posta en escena
‘Snakizados, comedia da fin do mundo’

Santiago -A danza de Tomas Noone estará en Santiago o 17 de abril

Thomas Noone presenta a súa máis recente creación para púbico adulto, ‘Lugares extrañamente desastrosos’, a danza máis dinámica, irónica e extrema