Teo - presentación da novela "Costa do solpor" de Xosé María Lema

A CONCELLARÍA DE CULTURA E XERAIS PRESENTAN EN TEO A NOVELA “COSTA DO SOLPOR” DE XOSÉ MÁRIA LEMA
O acto público será na Mediateca do Grilo hoxe venres 22 ás 20:30 horas

A Concellaría de Cultura de Teo e a Editorial Xerais presentan hoxe na Mediateca do Grilo a primeira novela de Xosé Mª Lema Costa do solpor. O acto comezará ás 20:30 horas e nel está previsto que participen Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia e Francisco Fernández Rei, catedrático de Filoloxía Románica da USC ademais de veciño de Cacheiras. Tamén estará a concelleira de Cultura teense, Carme Hermida. 

Costa do solpor é a primeira novela do autor Xosé Mª Lema e foi finalista do premio Xerais 2011. Trátase dunha novela de aventuras de mar e terra con batallas navais, abordaxes, esceas de terror e de amor e senlleiros personaxes lendarios e reais. Estes son algúns dos ingredientes que conforman a inografía histórica da galega Costa do solpor. 

Xosé Mª Lema (1950) natural de Vimianzo é catedrático de Xeografía e Historia de E.S. e doctor en Historia da Arte. É membro da AELG, de AGOn e correspondente da RAG. Ten publicacións de temática diversa en forma de artigos en revistas e prensa e libros. Desde 2005 preside o Seminario de Estudos da Costa da Morte. 

O autor ten un blog sobre a novela http://costadosolpor.blogspot.com.es/

Ningún comentario: