Os alumnos e alumnas da EMMA interpretaron un total de 27 pezas de varios estilos musicais en piano, frauta, guitarra, saxofón, violín e percusión. O concerto resultou ser todo un éxito de público.
Tamén este venres, as escolas infantís O Bosque deBertamiráns e A Madalena do Milladoiro celebraron as súascorrespondentes festas para dar a benvida ás datas doEntroido.
O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames ofreceu esta tarde na Casa da Cultura de Bertamiráns o seu tradicional concerto de Entroido, que resultou ser un éxito de público. Os alumnos e alumnas da EMMA interpretaron un total de 27 pezas de varios estilos musicais en piano, frauta, guitarra, saxofón, violín e percusión. Ademais, actuaron os grupos de canto e de combo. A través deste concerto, ao que asistiron o alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, preténdese gozar coa música ao tempo que os alumnos e alumnas da escola demostraron o que aprenderon dende o comezo do curso.O programa do recital incluíu versións de temas clásicos ademais de partituras pop, bandas sonoras de cine e outras sorpresas que marcaron o inicio musical do Entroido en Ames.
Tamén este venres, as escolas infantís O Bosque deBertamiráns e A Madalena do Milladoiro celebraron as súascorrespondentes festas para dar a benvida ás datas do Entroido.Os máis cativos aproveitaron esta oportunidade para lucir os seusdisfraces feitos por eles mesmos. As dúas escolas acolleroncadansúa festa na que se xuntaron nenos, pais e o persoal doscentros de ensino para compartir unha xornada de bo humor conprodutos típicos do entroido, música e diversión.
Os alumnos da Escola Infantil O Bosque de Bertamiráns estrearon durante a mañá do venres os disfraces que prepararon nas aulas de plástica ao longo de toda a semana. Este ano a temática elixida para elaborar os disfraces foi os distintos elementos que hai nun bosque. En cada aula escolleuse un elemento que se pode atopar nun bosque galego. Ao festival asistiron o alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín.
Por outra banda, na escola infantil da Madalena, no Milladoiro, os nenos e nenas escolleron como temática para elaborar os seus disfraces os contos infantís. Deste xeito os nenos/as disfrazáronse de pitufos, Mickey Mouse, Pinocho, os Picapedra, Branca Neves, Caperuchiña vermella, etc. A este certame asistiron o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, e a concelleira Susana Mayo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario