Stop Deshaucios Compostela - caso na comarca compostelana

CASO DE DESAFIUZAMENTO NA COMARCA DE COMPOSTELA
• As afectadas acudiron á sucursal do Banco Popular no polígono do Tambre, xunto a activistas de Stop Desafiuzamentos Compostela. 

• O caso afecta a nove persoas, seis delas menores de idade, e solicítase dación en pago e alugueiro social con opción a compra.

Na mañá do mércores 13 de febreiro, unha veciña da comarca pendente de desafiuzamento acudiu, xunto con trinta activistas de Stop Desafiuzamentos Compostela, á sucursal do Banco Popular no polígono do Tambre, para unha primeira negociación coa entidade. 

Trátase dun matrimonio desempregado, cuxos ingresos non superan os 825€ e con 4 fillos ao seu cargo (3 menores de idade). Na mesma vivenda, vive unha familiar da parella con 2 fillos menores. Estas circunstancias, sumadas a outras de tipo persoal, fan que este caso sexa de especial gravidade e urxencia. Por iso, dende Stop Desafiuzamentos Compostela, e segundo a vontade das afectadas, consideramos que urxe unha pronta solución para esta familia. 

En consenso coas afectadas, redactouse e enviouse ao banco unha proposta para a súa consideración, obtendo o compromiso verbal do responsable da sucursal de contactar coa plataforma no prazo dunha semana. Neste escrito, contemplamos a dación en pago da vivenda en combinación cun alugueiro social da mesma, con opción a compra (por tratarse dunha vivenda de herdanza familiar). O importe do mesmo non debería ser superior ao 25%
dos ingresos da parella. 

Máis información: Stop Desafiuzamentos Compostela

Ningún comentario: