Ames - hábitos alimenticios saudables nos contos das bibliotecas municipáis

Os nenos e nenas de Ames coñecerán máis de preto os hábitos alimenticiossaudables a través dos contos das bibliotecas municipais
A programación de contos desenvolverase durante os meses e febreiro, marzo, abril e maio tanto nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro coma nos locais sociaisde Bugallido e Aguapesada.

A periodicidade dos contacontos é quincenal no caso das bibliotecas, e mensualno caso dos locais sociais. As sesións de contos de febreiro desenvolveranse os días 18, 19, 20 e 21.

A actividade consiste na narración de contos relacionados coa temática escollidae adaptados ás idades dos participantes. Disto encárgase o persoal de animacióná lectura das bibliotecas municipais.

Durante o mes de febreiro a temática das sesións de contos xirará arredor dos alimentos co obxectivo de inculcarlle aos rapaces e rapazas uns hábitosalimenticios saudables.

Ames, 18 de febreiro de 2013. "Bo proveito!", baixo este lema a Biblioteca municipal organizou novas sesións de contacontos para este mes de febreiro. Estas actividades, que están dirixidas aos rapaces e rapazas de 3 a 8 anos, terán o seu escenario nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais de Aguapesada e Bugallido. Os contos non se centrarán nunha única temática senón que durante cada mes abordarase un tema distinto, sempre relacionado con aspectos de interese e de actualidade na formación emotiva, artística e formal dos máis cativos. Durante o mes de febreiro a temática das sesións de contos xirará arredor dos alimentos co obxectivo de inculcarlle aos rapaces e rapazas uns hábitos alimenticios saudables.

Os nenos e nenas de Ames coñecerán dunha forma entretida e divertida cales son os hábitos saudables alimenticios que deben adoptar. A programación dos contos que prepararon as bibliotecas municipais de Ames de cara ao mes de febreiro aborda a temática dos alimentos e a aprendizaxe duns hábitos alimenticios saudables. Ademais, a través dos contos preténdese que os rapaces e rapazas respecten e coñezan as normasde comportamento na mesa; abordar os desordes alimenticios; e fomentar a colaboraciónentre todos os membros da familia nas tarefas domésticas. Estas actividades están dirixidas aos nenos e nenas que teñen entre 3 e 8 anos de idade. Os cativos sempre deben estar acompañados dos seus pais, nais ou titores.

Estas actividades desenvolveranse nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais de Aguapesada e Bugallido. As sesións de contacontos comezan o luns, 18 de febreiro, no local social de Augapesada e continúan o martes 19 no local social de Bugallido. O mércores 20 tócalle a quenda aos usuarios da biblioteca de Bertamiráns, mentres que o xoves 21 gozarán dos contos os nenos e nenas que se acheguen á biblioteca municipal do Milladoiro. Todas as sesión de contacontos realizaranse ás 18:00 horas.

Os contos que se lerán nas sesións de contacontos de febreiro serán A sopa queima, Nunca jamás comeré tomates e Conto para contar mentres se come un ovo frito. Unha vez rematen os contos os nenos e nenas poderán participar nun obradoiro para elaborar unha marioneta de cartolina en forma de pera.

Temática xeral: números, cores, alimentos e letras

A programación de contos que se desenvolverán durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio ten unha temática xeral relacionada cun dos obxectivos que o Ministerio deEducación marca para a etapa da educación infantil: observar e explorar o seu entornofamiliar, natural e social. Desta xeito, as bibliotecas municipais colaboran cos demaisaxentes educativos (escola e familia) na consecución dese obxectivo. Para iso cada mesirán tratando temas relacionadas cos primeiros conceptos que se lle presentan aosnenos/as para o recoñecemento do seu contorno máis próximo. Así, a bibliografía que seutilizará nos contacontos terá que ver cos números, coas cores, os alimentos e as letras.

Os contacontos, como todas as demais actividades que organiza a Biblioteca municipal teñen uns obxectivos claros: fomentar o hábito da lectura, especialmente entre os máis novos, e converter a biblioteca nun referente de encontro nun lugar axeitado para satisfacer as necesidades e inquietudes sociais, culturais, informativas e lúdicas da poboación amiense.

Ningún comentario: