PP Provincial - comunicado de Albino Vazquez sobre a sua dimisión e baixa do Partido Popular

COMUNICADO DE D. ALBINO VÁZQUEZ ALDREY
No día de hoxe, sábado 16 de febreiro de 2013, e tras a miña nova situación procesual comunicada na madrugada deste mesmo día por parte do Xulgado número 1 de Lugo, quero informar dos seguintes aspectos:
1. Que na mañá do vindeiro luns formalizarei a miña renuncia como concelleiro da cidade de Santiago de Compostela.

2. Que como consecuencia desta mesma decisión tamén abandonarei o meu escano na Deputación da Coruña.

3. Que desde esta mesma tarde ceso da miña condición de militante do Partido Popular de Galicia mentres dure o proceso xudicial no que me vexo inmerso.

Tomo estas tres decisións co fin de non prexudicar nin ao meu partido nin ao organismo provincial do que formo parte, pero sobre todo para non danar a imaxe da cidade na que vivo, na que traballo e á que me debo e deberei sempre.

Coa renuncia ás miñas responsabilidades públicas e orgánicas tanto nas institucións como no PPdeG aspiro a poder dedicar o 100 por cento do meu tempo a demostrar a miña honradez e a miña inocencia.

Ningún comentario: