Ames - o luns comezan as actividades do programa Amessan

Este luns, 18 de febreiro, iniciaranse as actividades do programa Amessan. Durante esta xornada desenvolveranse as actividades de ximnasia terapéutica en Bertamiráns, Piñeiro e na Tarroeira; o obradoiro de memoria (ludoteca cognitiva) en Covas, Milladoiro e Bertamiráns; e as actividades de baile e música tradicional (Ao son da sacha) en Trasmonte.
As principais novidades desta edición son a ampliación do programa á parroquia de Tapia e ao lugar de Augapesada. Ademais, impartirase unha actividade orientada á formación dun coro musical e a actividade “Ao son da sacha”, que incluirá baile e música tradicional.

A concelleira de Benestar Social, María Eugenia Martín, explicou que “este programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos e persoas cunha discapacidade acreditada. Amessan ten como finalidade impulsar o benestar físico, psicolóxico e social da poboación maior do concello de Ames”.

Este luns, 18 de febreiro de 2013, comezan asactividades que se enmarcan dentro do programa Amessan, que está organizado poloConcello de Ames a través das áreas de Voluntariado e Benestar Social. Esteprograma, que se desenvolverá ata a última semana do mes de xuño, inclúe máis de 16actividades, entre manualidades, ximnasia, ludotecas cognitivas música e charlas sobresaúde ou temas de interese para os maiores amienses. O alcalde de Ames, SantiagoAmor, asinou o contrato coa firma Esproade para a prestación deste servizo. Nasinatura estiveron presentes a concelleira de Benestar Social, María Eugenia Martín, e aconcelleira de Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde.

As principais novidades desta edición son a ampliación do programa á parroquia de de Tapia e ao lugar de Augapesada. Ademais, impartirase unha actividade orientada á formación dun coro musical e a actividade “Ao son da sacha”, que incluirá baile e música tradicional. As inscricións faranse o primeiro día de clase nos lugares onde se imparten as diferentes actividades.

Entre o 18 e o 22 de febreiro porase en marcha unha nova edición do programaAmessan en 12 parroquias e lugares amienses. As actividades incluídas neste programadesenvolveranse nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns e nos locais sociaisde Agrón, Ameixenda, Augapesada, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Piñeiro, Tapia,Tarroeira e Trasmonte. As iniciativas programadas son o obradoiro de manualidadesCreando fogares, o taller de música e baile tradicional Ao son da sacha, ximnasiaterapéutica, ludoteca cognitiva (obradoiro de memoria) e a actividade de coro, para aformación dunha coral en Bertamiráns.

Segundo explica a concelleira de Benestar Social, María Eugenia Martín, “este programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos e persoas cunha discapacidade acreditada. Amessan ten como finalidade impulsar o benestar físico, psicolóxico e social da poboación maior do concello de Ames. Coa participación dos maiores nestas actividades preténdense que estas persoas segan mantendo o contacto cos seus veciños e segan tendo vida social. En definitiva, Amessan é un xeito de socializarse e manter o contacto entre os nosos maiores”.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades que compoñen Amessanpoden anotarse a través do número de teléfono 672 071 561 ou achegándose aosdistintos lugares nos horarios nos que se realizarán as clases. Os grupos terán que serdun mínimo de oito persoas e dun máximo de 20. Se se supera este númeroestablecerase unha lista de agarda. A inscrición farase o primeiro día de clase e deberáachegarse fotocopia do DNI.

Horarios e lugares
A actividade de manualidades Creando Fogares impartirase nos locais sociais deAgrón e Augapesada. En Agrón, o horario da actividade será os martes entre as 17:00e as 19:00 horas. En Augapesada, as clases serán os xoves de 18:00 a 20:00 horas.

A música e o baile tradicional serán os protagonistas da actividade Ao son da sacha,que se ofrecerá na Ameixenda, Trasmonte e na Aula 4 da Casa da Cultura doMilladoiro. No local social da Ameixenda, a actividade será os mércores de 18:30 a20:30 horas. En Trasmonte, as clases serán os luns en horario de 19:00 a 21:00

Ningún comentario: