Santiago - Ana Mouraen SONS13

Ana Moura presenta o seu novo disco, ‘Desfado’ dentro do ciclo Sons’13
Será hoxe, venres 22 de febreiro, a partir das 21.00h no Auditorio de Galicia
As entradas, 18€ anticipada e 22€ o mesmo día, poden mercarse xa na billeteira do Principal e en Novagaliciabanco ou o día do concerto desde as 18.00h no Auditorio

Despois de Ana Moura teremos en Sons’13 a Amancio Prada presentando ‘3 Libertarios’ o sábado 2 de marzo no Teatro Principal

A fadista Ana Moura chega a Compostela para presentarnos o seu último traballo, ‘Desfado’, dentro do ciclo Sons’13. Será mañá, venres 22 de febreiro, no Auditorio de Galicia ás 21.00h. As entradas, 18€ anticipada e 22€ o mesmo día, poden mercarse xa na billeteira do Teatro Principal (aberta de 18.00 a 21.00h) e en Novagaliciabanco (tanto en entradas.novagaliciabanco.es coma no 902 434 443 e o propio día do concerto na billeteira do Auditorio de Galicia desde as 18.00h ata a hora do concerto. Despois de Ana Moura teremos en Sons’13 a Amancio Prada presentando ‘3 Libertarios’ o sábado 2 de marzo no Teatro Principal.

Desfado, quinto álbum de Ana Moura, toma o seu nome dun dos dous temas compostos para a artista por Pedro da Silva Martins, da banda Deolinda. Desfado é un punto de inflexión na carreira de Ana Moura, denotando a súa influencia pop e dirixido a un mercado internacional e a unha nova audiencia portuguesa.

Xunto aos habituais do fado, –Ana Moura inclúe tamén unha canción de Virgem Suta, Miguel Araújo, Luísa Sobral, Pedro Abrunhosa e Manuel Cruz son algúns dos participantes.– O principal propósito era cantar cancións compostas especialmente para ela por persoas da súa propia xeración, pero que eran alleos ao fado: Virgem Suta, Miguel Araújo, Luísa Sobral, Pedro Abrunhosa e Manuel Cruz son algúns dos participantes. O primeiro single, Até ao Verão, foi escrito por Márcia. Aquí, Ana Moura parécese extraordinariamente a Lhasa de Sela. 

En canto aos músicos, Ana Moura mantén a referencia ao fado –guitarra portuguesa de Ângelo Freire e viola de fado interpretada por Pedro Soares–, incorporando tamén a colaboración do contrabaixista David Piltch (Bob Dylan, k.d.lang), o guitarrista Dean Parks (Marvin Gaye, Stevie Wonder), o percusionista Jay Bellerose (Aimee Man, Ani DiFranco), o teclista Patrick Warren (Fiona Apple, Bruce Springsteen), o violinista Freddy Koella (Lhasa, Carla Bruni) e o saxofonista quintaesencial Tim Ries, o home que a presentou aos Rolling Stones e levouna a cantar No Expectations e Brown Sugar. 

Ana Moura prepara unha revolución na súa música, convocando ao seu lado a unha estrela convidada especial internacional: o lendario músico de jazz Herbie Hancock que foi incorporado ao proxecto por Larry Klein quen produciu Desfado.
Non hai outra voz no fado como a de Ana Moura (Ribatejo, Santarém, 1979). Unha voz que se pasea libremente pola tradición, pero que flirtea elegantemente coa música pop, ampliando o espectro do fado, tan típico de Lisboa, dunha maneira moi persoal. Pero o que a sitúa á parte é non só o timbre grave e sensual, tan único: Ana Moura transforma instantaneamente calquera melodía á que presta a súa voz e convértea en fado. É unha faísca inmediata, unha explosión emocional dirixida implacablemente ao corazón do oínte.

Ningún comentario: