Ordes - dous ordenses gañadores do X Concurso Nacional de Jóvenes Técnicos en Automoción

Alumnos de FP do IES Nº 1 de Ordes proclámanse gañadores do X Concurso Nacional Jóvenes Técnicos en Automoción
Os irmáns David e Luis Pena acadan a máxima puntuación nesta cita organizada pola Fundación Compromiso con la Formación Profesional

O Concello de Ordes felicita aos irmáns David e Luis Pena Botana tras acadar o 1º premio nacional na X edición do concurso Jóvenes Técnicos en Automoción. Estes dous alumnos do 2º curso do grao medio de automoción do IES Nº1 de Ordes acadaron recentemente este recoñecemento, “que nos anima a seguir estudiando e invertindo na nosa formación”, aseguran. Organizados pola Fundación Compromiso con la Formación Profesional (Comforp) estes premios recoñecen aos mellores alumnos de todo o territorio nacional dentro das ramas de tecnoloxía, carrocería, pintura, e vehículos industriais. 

As tres fases das que constou este concurso foron superadas cun enorme éxito por parte destes dous irmáns de Trasmonte. Na primeira delas respostaron rápida e correctamente a todo o cuestionario que se lles enviou a través de Internet. Na segunda proba desprazaronse ata os talleres Louzao de Santiago para demostrar a súa destreza no alineado de direccións. Xa por último realizaron unha analítica de gases perfecta, exhaustiva e completa que convenceu ao xurado de que eles eran os auténticos merecedores do galardón. A puntuación que obtiveron foi de 81,83 puntos sobre 100. Por detrás deles situouse o IES valenciano O Cabañal con 78,83 puntos, mentres que o terceiro posto con 77,5 puntos foi para o IES Diego Marín de Aguilera, de Burgos. No acto de entrega de galardóns, que se celebrou hai escasos días no recinto do IFEMA en Madrid, os irmáns Pena Botana agradeceron públicamente “o esforzo e apoio por parte de todo o departamento de automoción na súa formación” do centro académico ubicado en Ordes. 

Actualmente o IES Nº1 de Ordes imparte os cursos de grao medio de Formación Profesional tanto de automoción como de traballo administrativo. A demanda para cursar estudos nestas áreas é moi elevado, chegando a completarse prácticamente a totalidade dos cursos. Por elo dende o centro demandan que se impartan tamén os restantes cursos de ciclo superior ou ben que se complete coa instauración do ciclo medio de carrocería. 

Ningún comentario: