Oroso - curso de conductor de carretillas

O CONCELLO DE OROSO CONVOCA UN CURSO DE CONDUTOR DE CARRETILLA
O Concello de Oroso convoca un curso de condutor/a de carretilla de 20 horas lectivas e que terá lugar os próximo 22 e 23 de maio. Un curso para o que xa está aberto o prazo de inscrición nos Servizos Sociais de Oroso (981 68 89 50) e que terá un custo xeral de 125 euros e de 100 euros para os veciños residentes en Oroso.

O curso será impartido por “Recursos, consultoría e información” e constará dunha sesión teórica e outra práctica. A sesión teórica impartirase o venres 22 de marzo no centro cultural Fernando Casas e Novoa (Sigüeiro), de 16:00 a 21:00 horas. A sesión práctica terá lugar no Polígono do Tambre (Santiago) o sábado 23 de marzo, de 9:00 a 14:00 horas. A maiores, haberá outras 10 horas formativas on line.

Ningún comentario: