Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO. Amosar todas as publicacións

Ordes - Moita alegría na tarde de Entroido infantil

O Concello de Ordes celebrou esta tarde unha festa moi, moi especial para os nenos e nenas do municipio. A 'Tarde de Entroidada' congregou a centenares de persoas no pavillón Campomaior, onde lles agardaban animacións; personaxes de fantasía; obradoiros de máscaras, complementos, maquillaxe, chapas etc é máquinas de flocos onde os máis tragóns puideron comer ata fartarse. Todos e todas o pasaron en grande. Aínda que o tempo non acompañou para poder desenvolver a cita na Alameda, tal e como se tiña pensado nun principio, a mascarada non desmereceu nin defraudou a ninguén. Entre os asistentes non faltaron moitos dos conelleiros do equipo de Goberno, ademais do alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo.

Tras esta xornada Ordes prepárase para vivir o seu día grande desta época do ano. O sábado de piñata transormará esta vindeira fin de semana as principais rúas de Ordes nunha pasarela, na que se lucirán todas e todos os participantes do concurso de disfraces. A cuantía dos premios que se entregarán ese día ascende a 4.000 €.

Área Central - Día grande de Entroido no Centro Comercial

Area Central celebra en la jornada de hoy sábado el día grande del Carnaval, por la mañana, con la visita de la comparsa “Fauna Barriopinta” y, por la tarde, el concurso infantil de disfraces y degustaciones de postres típicos de estas fechas.

Mañana, sábado de Carnaval, los pasillos de Area Central recibirán la visita, a partir de las 11.30 horas, de la comparsa Fauna Barriopinta, integrada por niños del barrio y que cuenta con la colaboración del Centro Sociocultural de Fontiñas, Colectivo Barriopía e Micos do Barrio. 

Por la tarde, a partir de las 18.00 horas, el escenario principal acogerá el tradicional concurso infantil de disfraces amenizado con música y bailes muy alegres. El concurso establece tres categorías: individual, pareja y grupos. Las inscripciones se pueden realizar ya a través del correo electrónico marketing@areacentral.es o bien mañana, el mismo día del concurso, de 16.30 a 17.30 horas en la propia zona de celebración del concurso. Habrá premios para los mejores trajes.

Al finalizar el concurso, se habilitará una zona de degustación en donde los participantes del concurso y el resto de los visitantes de Area Central podrán degustar algunos de los productos típicos de estas fechas, como orejas y filloas, en colaboración con el establecimiento Pick&Pollo, ubicado en la esquina azul de la planta baja de Area Central.

Para finalizar la programación específica del Carnaval, el lunes 8, la experta en pedagogía musical Esther Sobral impartirá el taller “Entroido con Sol”, en el que los niños aprenderán a disfrutar del Carnaval con canciones, juegos y variades actividades musicales. Esta actividad se desarrollará en la esquina amarilla de Area Central, de 18.00 a 20.00 horas.

Ames - Festa de Entroido Infantil hoxe en Bertamiráns

Este ano, como novidade, a programación municipal de Entroido inclúe unha festa deseñada especialmente para os máis pequenos e pequenas de Ames. Unha carpa instalada na praza da Maía, en Bertamiráns, agarda á rapazada, convidada a participar este sábado, 6 de febreiro, nunha festa na que haberá obradoiros, concertos, xogos e se repartirán orellas entre todos os que acudan disfrazados.

A festa arrinca ás 17:00 horas, e media hora despois, dará comezo o obradoiro de cociña de Entroido, organizado polo Concello de Ames. O que van preparar os nenos e nenas manterase en segredo ata o momento mesmo de poñerse o mandil e comezar a cociñar. Outro obradoiro, este de maquillaxe, axudará aos rapaces e rapazas a completar os seus disfraces ou a converterse, por unha tarde, no seu animal preferido, nun superheroe ou superheroína, ou nunha personaxe dun filme á que admiren. Dúas monitoras maquillarán aos rapaces e rapazas de 18:00 a 20:00 horas.

A música correrá a cargo do coro da Escola Municipal de Música Ames (EMMA) e do espectáculo Uxía Lambona e a Banda Molona. Este último é a creación máis recente da compañía Troula no eido da música infantil e unha das súas actuacións estrelas. Os seus artistas achegan aos nenos e nenas a música tradicional galega dun xeito orixinal, mesturando letras que todos e todas coñecemos con ritmos máis actuais como o hip-hop ou o rock. Rapeando A saia da Carolina, cantando O gato nun saco con pinceladas de rock clásico e acompañando todas estas melodías con coreografías, a compañía ofrece un concerto dinámico e participativo para entreter e divertir tanto aos adultos como aos pequenos.

Ao longo da tarde os xogos e exhibicións da compañía de Novo Circo daranlle cor e dinamismo á festa. Ademais do reparto gratuíto de orellas, instalaranse varios postos con doces de Entroido. A festa rematará, despois de tres horas de troula, ás 20:00 horas.

Boqueixón - Seguen as actividades de Entroido

Entroido na escola infantil Raiña Lupa

Onte foi o día elexido para que os cativos da Escola Infantil Raíña Lupa celebrasen un desfile de Entroido moi orixinal. Durante varios meses, o equipo de profesionais que forman a escola, deseñou e elaborou todo o preciso para poder recrear un campo cheo de vida cos pequenos “espantallos” no entorno da escola, situada en Lestedo, en donde a tradición do Entroido está moi arraigada.

Recibiron a visita do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, que resaltou o marabilloso traballo realizado polas mestras e o persoal de apoio e encomiou as súas creacións.


Esta fin de semana seguimos coas actividades de Entroido

Primeiras Xornadas Gastronómicas da Filloa que se desarrollarán en once establecimientos hosteleros de Boqueixón los días 6,7, 9 e 13 de febrero.

- El Domingo tendrá lugar en Sergude (Boqueixón) su carnaval. A partir de las 19:00h. tendrán lugar los atranques de los Generales del Ulla.

En otro correo se envían las fotos de la Presentación de la XXXIII Fiesta de la Filloa de Lestedo (Boqueixón).

Luns de Entroido

E seguindo cos festexos propios desta época, o luns celebrarán na EIM de Boqueixón unha festa de disfraces na cal non faltará o xa tradicional concurso de filloas que xa vai pola súa XII edición, no cal participan todas as familias da escola, un desfile de disfraces individuais e en grupo e unha degustación de filloas e postres típicos de Entroido. Haberá moitas sorpresas para todos.

Presentación da XXXIII Festa da Filloa

Onte presentouse no Hostal dos Reis Católicos a XXXIII Festa da Filloa que se celebrará o vindeiro 14 de febreiro en Lestedo.

Vedra - Finde semana de Entroido

Fin de semana de entroido en Vedra





Touro - Os 'xenerais da Ulla' lucen os seus traxes a cabalo na Feira do Entroido

A capital de Touro, Fonte Díaz, viviu hoxe a súa ‘Feira do Entroido’, unha cita xa obligada no entroido da comarca del Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ foron os auténticos protagonistas. O sol que brilou durante toda a mañán fixo que os traxes dos xenerais relucisen con máis forza. Una ducena de xinetes cos seus chamativos traxes napoleónicos e os seus típicos sombreiros adornados de coloridas plumas citáronse a partir das 12.00 horas frente á Casa do Concello en Touro. Numeroso público, veciños e visitantes, concentráronse nos arredores para coñecer aos protagonistas deste orixinal entroido rural. Tamén participaron con disfraces os nenos e nenas do Colexio Público Fonte Díaz e os nenos e nenas do PAI.

Os ‘xenerais’, procedentes das parroquias de Bama e Fao, iniciaron unha marcha polas rúas de Fonte Díaz, cheas de xente que chegou á capital de Touro para facer as súas compras e disfrutar da ‘Feira do día 5’ nunha mañán de sol en pleno inverno. Ao longo do recorrido lanzaron varios ‘vivas’. Un dos xinetes gritou: “Viva San Juan de Touro, y vivan todas sus gentes, también los que aquí llegaron de sitios tan diferentes”. E o público respondeu: “¡Viva!”. E outro tamén gritou: “Oigan señores digan todos a una sola voz: viva todos los que hacen posible los Carnavales de Touro y de toda la comarca del Ulla”. E de novo o público respondeu cun “¡viva!”.


No desfile que saíu e rematou no colexio tamén participaron nenas e nenos cos seus disfraces. E tamén estaban presentes maiores con todo tipo de adornos festivos para celebrar o entroido. Todos os días 5 de cada mes se celebrase en Fonte Díaz unna feria con postos que ofrecen todo tipo de productos aos visitantes. A feira de febreiro está adicada ao entroido. Tamén é típico degustar o pulpo que ofrecen os postos instalados nas rúas principales de Fonte Díaz. Ao desfile de hoxe en Fonte Díaz seguiralle a batalla dialéctica que vivirán os ‘xenerais da Ulla’ na parroquia de Fao. Será o martes de entroido, día 9 de febreiro.

Oroso - Concerto de entroido do Combo de Rock da Aula de Música

Os rapaces do Combo de Rock da Aula de Música de Oroso ofrecerán mañá vernes 5 de febreiro o seu primeiro concerto en solitario, logo de dúas primeiras actuacións ao longo do ano apaso. O concerto terá lugar no salón de actos do centro cultural de Sigüeiro a partir das 20:00 horas. A entrada é totalmente libre e de balde.

Os rapaces ofrecerán unha selección de temas de grandes bandas de rock como Green Day, Red Hot Chili Peppers, Los Ramones ou The Kinks, “amosando así a aproximación que dende a Aula de Música facemos aos estilos modernos, cubrindo así un amplo espectro das demandas musicais dos alumnos”, explica Juan Salgueiro, director da Aula de Música de Oroso. Así mesmo, dous dos profesores interpretarán a dúo un par de pezas para cubrir a ausencia do outro combo de rapaces, logo da lesión no brazo dun dos seus membros.

Frades - Obradoiros de máscaras

O Concello de Frades organiza uns obradoiros de máscaras e maquillaxe para o luns de Entroido, 8 de febreiro, que terán lugar de 16:00 a 19:00 horas no edificio multiúsos. Unha actividade totalmente gratuíta que inclúe obradoiros, música e xogos dirixidos a nenos e nenas de ata 14 anos, se ben os menores de catro anos deberán estar acompañados por una adulto.

Todos os participantes recibirán unha merenda de entroido e, a maiores, todos os que veñan disfrazados levarán un agasallo. A participación é totalmente de balde, se ben é obrigatorio anotarse no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567 antes das 14:00 horas de mañá venres 5 de febreiro, data na que tamén se pecharán as inscricións para o Concurso de Disfraces do domingo 7 de febreiro.

Teo - Esta fin de semana continúa os Xenerais da Ulla

O entroido dos xenerais da Ulla continúa esta fin de semana en Teo, concretamente nas parroquias de Cacheiras e Santa María de Teo. O sábado 6 e domingo 7 o entroido máis numeroso do Concello voltará a percorrer as aldeas e lugares de Cacheiras mentras que en Teo, moito máis pequena, só sairán o sábado. 

No caso de Cacheiras a comitiva superará as 150 persoas entre persoas a cabalo e comparsas de bonitos e vellos. Este ano irán 14 persoas uniformadas entre correos e xenerais. O sábado a comitiva do entroido sairá dende as 11:00 horas do Sisto, e pasarán por Pedrouso, Vilar, Guldrís, Lamas, Montes, Solláns, As Laxes, Requián, a zona do instituto, a zona da Igrexa onde se fará un “alto”, Sebe, a Pedra, Catro Camiños, As Pozas e Cacheiras. O domingo o percorrido levaraos por Montouto, a Póvoa, Cobas, a Barcia, Penelas, Tras do Eixo, as Noenlles, Procelas, a Torre, a Devesa, o Raxó onde farán un “alto”, Feros e Cacheiras rematando no campo da festa. Un dos momentos centrais desta celebración é o atranque no que enfrontan dialécticamente os xenerais tocando temas de actualidade utilizando a sátira e a ironía. En Cacheiras o atranque celébrase só o domingo, sobre as 20:00 horas no campo da festa. As coordenadas para o GPS do campo da festa son: 42º 49´17.8"/8º 32´38.2". 

En Santa María de Teo sairán o sábado 6 dende mediados da mañá do campo da festa e pasarán polos lugares de Fontenlo, Noceda, Vilachaíño, Agromaior, Maios, Fontelo, Vilar, Campos e volta ao campo da festa. Rematarán co atranque e co sermón do “pai mala-lingua”, unha figura propia desta parroquia que fai un sermón de corte satírico e que se recita no momento dos atranques. As coordenadas de GPS do campo da festa son 42º 45´52.5"/ 8º 31´14.3"

Frades - Concurso de disfraces

O Concello de Frades celebrará este domingo 7 de febreiro o seu tradicional Concurso de Disfraces, que terá lugar a partir das 17:00 horas no pavillón municipal de Ponte Carreira. Como non se aceptarán inscricións o día do concurso, aqueles interesados en participar deberán apuntarse no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567 antes das 14:00 horas deste venres 5 de febreiro. 

O Concurso de Disfraces de Frades destina 1.020 euros a premios, divididos en dúas categorías: infantil (ata 14 anos) e adultos (máis de 14 anos); e dúas modalidades: individual (1 ou 2 compoñentes) e grupos (máis de dous compoñentes). O xurado, que premiará os dous mellores disfraces de cada categoría, lembra que se nun grupo infantil hai un adulto, a agrupación pasará de xeito automático a competir na categoría de adultos. Como novidade, este ano tamén premiarase con 60 euros o mellor disfrace individual de Frades, premio que se suma aos 120 euros o mellor grupo local.

Haberá premios de 300 e de 150 euros para os dous mellores grupos adultos; así como 100 e 50 euros na categoría individual. Na categoría infantil, os dous gañadores do concurso de grupos levarán 100 e 50 euros, respectivamente; mentres que os gañadores do concurso individual infantil levarán 60 e 30 euros. Os dorsais dos participantes poderán recollerse no propio pavillón polideportivo de Ponte Carreira a partir das 16:30 horas.

Durante toda a tarde, o pavillón municipal de Ponte Carreira acollerá tamén unha gran festa de animación con xogos, inchables, obradoiros, música e unha gran chocolatada. Unha festa na que o ano pasado tomaron parte case oitocentas persoas, converténdose nunha das máis numerosas dos últimos anos.

Touro - O Entroido do concello, un dos máis madrugadores

O Entroido de Touro será un dos máis madrugadores da comarca do Ulla. Xa todo está listo para que veciños e visitantes poidan disfrutar dunha das festas con máis tradición no concello de Touro. O último domingo de xaneiro, día 31, a parroquia de Bama celebra o seu domingo de ‘corredor’, unha das celebracións do entroido que ten como protagonistas aos ‘xenerais da Ulla’, que lembran a batalla entre o xeneral amotinado Solís e o xeneral que capitaneaba as forzas leais á raiña Isabel II. Será a partir das 16.00 horas no Campo da Festa de Bama. Haberá enfrontamentos ‘verbais’ sobre a situación política en España e no resto do mundo entre xenerais e tamén a ‘parranda’ contará ás súas coplas. Ao remate haberá concurso de disfraces.

Xa o venres día 5 de febreiro Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, será o escenario principal do entroido na comarca do Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ das parroquias de Bama e Fao serán os encargados de darlle colorido e emoción á ‘Feira do día 5’, tamén denominada ‘Feira do Entroido’. Os xinetes, cos seus cabalos e os seus uniformes napoleónicos, participarán nunha xuntanza ás 12.30 horas diante da sede do Concello de Touro. Lucirán as súas mellores galas e percorrerán as rúas da capital de Touro. Os visitantes e veciños poderán degustar produtos típicos do entroido nos locais de hostelería de Fonte Díaz.

O remate do entroido en Touro chegará o martes de carnaval, día 9 de febreiro na parroquia de Fao. Alí celébrase o Entroido de Fao. Comenzará ás 16.00 horas no Campo da Festa. Contará co discurso do ‘correo’ e dos ‘xenerais da Ulla’. Estos dous protagonistas abordarán en coplas a viva voz temas de actualidade política e do momento. Os ‘xenerais’ replicaránse e contrarreplicaránse ante os veciños e forasteiros que acudan ata o campo da festa de Fao. Tamén participará a ‘vellada coa súa troulada’. E non faltarán os ‘consellos dos frades’, que predicarán en verso as anécdotas acontecidas na parroquia de Fao.

TOURO PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016
-Domingo 31 de xaneiro. BAMA. 16.00 horas. Entroido de Bama. Campo da Festa.
-Venres 5 de febreiro. FONTE DÍAZ. 12.30 horas. Fonte Díaz. Feira do Entroido. Desfile dos ‘Xenerais da Ulla’ e dos diferentes personaxes do Entroido.
-Martes 9 de febreiro. FAO. 16.00 horas. Martes de Entroido. Entroido de Fao. Campo da Festa.

Oroso - Concurso de Máscaras

O Concello de Oroso vén de convocar o seu tradicional Concurso de Máscaras, que incluirá dúas categorías: infantil (para nenos e nenas entre 7 e 12 anos) e adultos (maiores de 13 anos). Unhas máscaras ou antefaces que deberán entregarse no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa antes do vindeiro 2 de febreiro. 

Os participantes optarán a dous premios por categoría. No caso da categoría infantil, o gañador levará un vale regalo por valor de 70 euros en equip@t, mentres que o finalista será premiado cun vale por valor de 35 euros no mesmo establecemento. Na categoría de adultos, o primeiro clasificado recibirá unha tablet, mentres que o finalista gozará dunha cea para dúas persoas nun restaurante do municipio. Os premios serán entregados o sábado 6 de febreiro, ás 19:30 horas, durante o concurso de disfraces do Concello de Oroso.

Características das máscaras

As máscaras ou antefaces deberán ser de temática libre e elaboración propia, cunha base realizada con calquera derivado do papel e/ou con vendas de escaiola. Ademais, o seu tamaño deberá estar adaptado ao dunha cara humana, cubrindo completamente o rostro e pudendo sobresaír adornos e accesorios (cuxos materiais son de libre elección do/a participante). Non se aceptarán traballos que xa foran premiados noutros concursos.

Os participantes deberán presentar as súas máscaras e antefaces no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa antes do 3 de febreiro. Xunto á súa creación deberán achegar un sobre pechado cunha fotografía da máscara, que levará no seu dorso o nome da obra, o nome do artista e unha frase que explique a idea que inspirou a obra. Máis información e bases na páxina web do Concello de Oroso: www.concellooroso.com.

Oroso - Concurso de disfraces de Entroido

O Concello de Oroso vén de convocar o seu tradicional concurso de disfraces de Entroido, que terá lugar no polideportivo municipal de Sigüeiro na tarde do sábado 6 de febreiro. As inscricións poden formalizarse dende hoxe mesmo no centro cultural de Sigüeiro ou no teléfono 981 690 903 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas) antes do venres 53 de febreiro. Como en anos anteriores tamén se admitirán anotacións o mesmo día do concurso, neste caso no polideportivo en horario de 16:30 a 17:30 horas.

Para poder participar no concurso é obrigatorio tomar parte no desfile de Entroido que percorrerá as rúas de Sigüeiro ás 18:00 horas (salvo que as condicións meteorolóxicas o impidan). Unha vez rematado o desfile, o polideportivo acollerá o concurso de disfraces, que repartirá 3.170 euros en premios.

Como en anos anteriores, o Concello de Oroso establece dúas categorías: infantil (ata 16 anos) e adultos (máis de 16 anos), con tres modalidades: individual, grupo (de 2 a 5 compoñentes) e comparsa, nas que se designarán un gañador e un finalista. Deste xeito, na categoría adultos, as comparsas (mínimo 6 compoñentes) optarán a dous premios de 500 e 300 euros. Os grupos repartiranse dous premios de 350 e 220 euros; mentres que na modalidade individual competirán por dous premios de 250 e 180 euros. Na categoría infantil, os premios para as comparsas serán de 350 e 200 euros; os grupos competirán por 220 e 150 euros; mentres que os individuais optarán a 180 e 120 euros. Así mesmo, haberá un premio especial de 150 euros para a mellor comparsa do concello de Oroso.

Ordes - O 9 de febreiro comeza o entroido

O Concello de Ordes prepárase para vivir un ano máis un Entroido por todo o alto, no que veciños, veciñas e visitantes de todas as idades teñen cabida. A primeira data sinalada será o martes, 9 de febreiro. Ese día a Tarde de Entroidada encherá a Alameda de Ordes de xogos, obradoiros e baile para o desfrute de todos os nenos e nenas. A festa arrancará ás 16.30 horas e perdurará ata as 19.30 horas, aínda que no caso de que chova trasladarase ao pavillón Campomaior. 

Ordes encherase novamente de cor e fantasía co Sábado de Piñata, o 13 de febreiro. A partir das 17 horas terá lugar o desfile de carrozas, comparsas e disfraces polas principais rúas do pobo ata desembocar no Campo da Feira, onde se desenvolverá o concurso no que se repartirán máis de 4.000 € en premios. No caso das carrozas serán dous cheques de 600 e 400 €. No caso das comparsas de adultos serán de 400, 300 e 200 €; mentres que nas infantís serán de 225, 175 e 135 €. Os disfraces individuais adultos optarán a premios de 170, 120 e 90 €; que no caso dos máis novos serán de 100, 80 e 60 €. A todo isto hai que engadirlle un premio simpatía de 150 €, outro de 200 € para a mellor comparsa municipal, así como diversos premios accésits por un importe total de 1.000 €.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de febreiro no Departamento de Cultura e Deporte, situado no primeiro andar do mesmo Concello. Tamén se pode formalizar a inscrición a través do 981680002. Poderán participar todas as persoas interesadas en calquera das categorías (individual, comparsa e carrozas): O número máximo de integrantes na categoría individual é de cinco persoas, mentres que no caso das comparsas o número mínimo será tamén de cinco integrantes. Tamén cabe ter en conta que o límite de idade está establecido nos 16 anos para considerarse participante da modalidade adulto. As carrozas non deben ter unha estrutura cunha superficie superior aos 7 m de longo, 3,50 m de ancho e 4 m de alto, sen que exista límite de idade nin número de integrantes.

O Entroido de Ordes é unha das celebracións máis destacadas do calendario municipal, na que cada ano se congregan milleiros de persoas entre público asistente e participantes das actividades, desfiles e concursos que teñen como escenario principal as rúas e prazas da vila. E todo isto contando co patrocinio de Seguros Reale e Jaime Castro asesores.

Varios Concellos - Protocolo de colaboración para reforzar a promoción do “Entroido Rural Tradicional da Ulla – Xenerais da Ulla”

Os Alcaldes de A Estrada, Boqueixón, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces, asinaron no Pazo de Raxoi un Protocolo de Colaboración para reforzar a promoción conxunta do “Entroido Rural Tradicional da Ulla – Xenerais da Ulla”, que foi declarado Festa de Interese Turístico de Galicia en 2013. A sinatura deste documento amosa o compromiso dos oito Concellos en afondar na colaboración para a recuperación total desta festa tradicional e a súa consolidación como un atractivo turístico que poda aumentar a demanda en temporada baixa.

Este compromiso municipal conta tamén co respaldo tanto da Xunta como das Deputacións da Coruña e de Pontevedra, que neste ano aumentan as súas achegas ao novo Plan de Promoción do Entroido dos Xenerais da Ulla elaborado polos oito concellos. Dentro desta colaboración, un Xeneral da Ulla participará na presentación dos Entroidos tradicionais galegos que terá lugar en Fitur no stand de Galicia.

O Plan de Promoción Conxunta do Entroido dos Xenerais da Ulla márcase cinco obxectivos complementarios: Consolidar a recuperación de Entroido da Ulla como elemento singular do noso patrimonio cultural; Dinamizar o turismo do territorio coa posta en valor do Entroido como eixe vertebrador do mesmo, explotando a súa capacidade de atracción e converténdoo nun atractivo turístico de primeira orde nas data do Entroido galego; Desenvolver unha campaña de promoción conxunta; Facilitar un espazo de mostra, encontro e reflexión entorno ao Entroido da Ulla; Favorecer as situacións e actividades interxeracionais, culturais e etnográficas da zona, potenciando a interacción da poboación local cos visitantes.

Co obxectivo de complementar a oferta de ocio e tradición propia dos Xenerais da Ulla, dende o 2014 os Concellos organizan unha proposta gastronómica de temporada para vivir dun xeito integral o Entroido Tradicional, coa participación de múltiples establecementos. Tamén se ofertan paquetes gastronómicos de turismo rural, nos que se inclúen aloxamento e gastronomía así como outras actividades para descubrir a comarca. Neste ano farase un esforzo maior pola promoción deste programa, cunha maior e mellor distribución de folletos e a creación de identificadores para os establecementos participantes.

O Entroido da Ulla remonta as súa orixes a primeira metade do s. XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese século: a invasión do exército napoleónico, a revolución do 1846 ou as guerras carlistas. As personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón.

Toda a información do Entroido dos Xenerais da Ulla pode consultarse en www.xeneraisdaulla.com e nas distintas contas que o grupo dos oito Concellos está impulsando nas principais redes sociais para promocionar o evento: Facebook, Twitter e Instagram.

Arzua - Un concurso de disfraces abrirá o entroido o día 31

Os disfraces, a música e as actividades de carácter infantil serán os protagonistas do Entroido, que en Arzúa chegará nos vindeiros días da man do Departamento de Cultura. 

O pistoletazo de saída da programación entroideira será o domingo día 31 de xaneiro; Arzúa acollerá dende as cinco da tarde o desfile do Concurso de Disfraces que sairá do recinto feiral, percorrerá as principais rúas da vila e rematará de novo no recinto coas actuacións e coa entrega dos premios que ascenden a dous mil euros repartidos entre as catro modalidades (comparsas, grupos, individual infantil e individual adulto).

As actividades continuarán na xornada do domingo de entroido, 7 de febreiro; día no que o concello organiza unha gran festa infantil con inchables, futbolín humano, algodón de azucre de balde e a visita de Bob Esponja en horario de catro e media a sete e media da tarde na Praza de Galiza ou no Recinto Feiral Terra do Queixo, en caso de mal tempo.

O día seguinte, luns 8 de febreiro, véspera do festivo local, o grupo de gaitas Castro Curbín animará coa súa música as rúas e bares da vila de oito e media a once e media da noite.

Poñerase o punto e final o martes día 9 de febreiro cun Baile de Entroido pola tarde, no que os asistentes poderán bailar co dúo musical “La Hora Bruja” e desfrutar dunha merenda a base de chocolate e doces variados. Todo isto será de seis a nove da tarde no Recinto Feiral “Terra do Queixo”.

Brión - Gañadores do concurso de disfraces

O polideportivo municipal de Pedrouzos (Brión) quedou moi pequeno para acoller o tradicional Concurso de Disfraces de Entroido do Concello de Brión, no que tomaron parte máis de 700 participantes, chegados de distintas partes de Galicia e que fixeron desta edición a máis concorrida dos últimos anos. Os grandes triunfadores da noite foron os gañadores das modalidades de Comparsa, “Circo de Brión” (de Brión); e de Carroza, “Carnavaleiros”, de Liñaio (Negreira), que reeditaron o seu triunfo do ano pasado.

A pesar dos malos augurios meteorolóxicos, o tempo acompañou e así puido celebrarse o desfile pola avenida de Santa Minia ata o polideportivo municipal, que realizaron todos os participantes no concurso. O maior premio da xornada, de 300 euros á mellor Comparsa, foi para “Circo de Brión”, que simularon a chegada triunfal dun circo ao municipio, incluso pegando pasquíns polos negocios da zona. Os 200 euros do segundo posto foron para “Os pallasos da tele”, integrado por veciños e veciñas da aldea de Guisande, gañadores da edición de 2014.

O terceiro posto foi para unha comparsa de Noia: “Fantasía de Aladín”, que levaron 150 euros pola súa recreación do fantástico mundo desta película de Disney. O nivel dos participantes foi tal que o xurado concedeu dous accésits de 75 euros ás comparsas “Brión viaxa á lúa” (Brión) e “A queimada” (Cambre). Como recoñecemento especial, o xurado premiou “Os vellos deben namorarse”, integrado por maiores participantes nos obradoiros da memoria de Brión. E na modalidade Carroza, os 200 euros do primeiro premio foi para “Carnavaleiros” de Liñaio (Negreira), que reeditaron o seu triunfo de 2014 con “Liñaio wars”, unha divertida recreación do mundo Star Wars.

Resto de modalidades

O resto dos premios da categoría de adultos distribuíronse da seguinte maneira: 

Modalidade parellas: 1º premio (150 € ) a “Espantallos” (Santiago e Ames); e 2º premio (100 € ) a “Beleza animal”. 
Modalidade adultos individual (+ 18 anos): 1º premio (100 € ) a “Génesis, el Erizo” (Santiago); e 2º premio (75 €) a “O gardián dos montes”. 

Na categoría infantil os premios consistiron en vales por material didáctico e os premios distribuíronse da seguinte maneira: 

Modalidade infantil (ata 11 anos): 1º premio (vale por 50 €) a “O Buho sabio”, 2º premio (vale por 40 €) a “Somos como las flores”; e 3º premio (vale por 20 €) a “Os irmáns quechup e mostaza”dinosauros. 
Modalidade xuvenil (de 12 a 17 anos): 1º premio (vale por 55 €) a “A planta carnívora”; 2º premio (vale por 40 €) a “Club e carozo ambulante”; e 3º premio (vale por 20 €) a “Os pequenos dinosaurios”. 

En total, o Concello de Brión repartiu 2.200 euros en premios. O xurado estivo presidido por Sandy Cebral Gómez e integrado por Cristina Vittores Lamas, Yolanda Bouzas Alfonsín, José Luís Sampedro Bouzas e José Antonio Agrafojo López. Tras a entrega dos premios, a festa continuou ao son da orquestra “Passarela”, que coa súa música pechou un día de intensa diversión que puxo punto e final por este ano ás celebracións do Entroido na comarca.



Ordes - Milleiros de persoas no desfile de Entroido de Ordes



Protagonistas de banda deseñada e películas infantís, faraóns chegados de Exipto, mariachis, labregos, seres das profundidades do mar, diablesas de infarto e ata pezas de roupa a medio lavar. As rúas de Ordes viron desfilar neste Sábado de piñata a todo tipo de personaxes, seres e fantasías ante a atenta mirada de milleiros de veciños, veciñas e visitantes. 

Tras o percorrido de rigor pola vila onde a cor, a música e a diversión foron o máis característico, o Campo da Feira acolleu o concurso de disfraces. Este ano hai que falar dunha das edicións máis concurridas ao contar con preto de medio cento de inscricións vidas de lugares como Santiago, Arteixo, A Laracha, Ames, Pontevedra, Carral, Melide e outras localidades da comarca ordense. Todo elo traducíuse en máis de 500 participantes en total, que hoxe deron o mellor de sí para volver a situar o Entroido de Ordes como o mellor da comarca e un dos máis vistosos de toda a provincia. 

Chegado o momento e ante un público que enchía o Campo da Feira sen querer perder un só detalle, cada un dos inscritos nas categorías individuais, comparsa ou carrozas deron o mellor de sí. Xa fosen adultos ou menores ofreceron o seu espectáculo e deleitaron a todos e todas coas súas coreografías e postas en escena. Todelo con un único fin, o de acadar o primeiro posto e levar o mellor premio. Nesta ocasión, na que ademais tamén se ofreceron premios á simpatía e categorías especiais para os participantes do municipio, entregáronse máis de 4.000. O Concello contou para elo co patrocinio e a colaboración de empresas do municipio como a asesoría Jaime Castro e seguros Reale. 

E en medio de todo isto hai que recoñecer o ánimo e ilusión coa que a veciñanza de Ordes vive este Sábado de piñata, acudindo disfrazados a disfrutar desta cita aínda sen participar no concurso ou no desfile. É máis, foron moitos e moitas os que posteriormente extenderon a celebración e dilataron a festa ata ben entrada a madrugada nos pubs e locais de ocio nocturno da vila.

Touro - La salida de la crisis, la corrupción y los desahucios, protagonistas de los 'xenerais da Ulla' de Fao

La salida de la crisis económica, la corrupción política o los desahucios centraron este año la batalla dialéctica de los ‘xenerais da Ulla’ de Fao en su tradicional ‘Antroidada’. “Que le importan los desahucios / por los pagos incumplidos / mientras grandes dirigentes / se llena bien los bolsillos”, dijo un ‘xeneral’ en el campo da festa de Fao, donde a partir de las 17.00 horas se concentraron los jinetes, que lucieron sus vistosos y coloridos trajes. El radiante sol animó a los vecinos y forasteros, que llegaron el campo da festa, pese al aire frío de febrero. “Nuestros grandes dirigentes / aclaremos la cuestión / han caído en las redes / de la infame corrupción”, dijo gritando otro de los ‘xenerais’ desde en centro del campo da festa, donde se concentraron una decena de jinetes. “Y nos repiten a diario / que lo peor ya ha pasado / o viven en otra España / o están algo enajenados”, le contestó otro ‘xeneral’.

Otro de los ‘xenerais’, a viva voz, apuntó a continuación: “Y se doblan los salarios / le dan los mejores puestos / total quien paga es el pueblo / a través de los impuestos”. Y el primero añadió: “Gastan dinero a mansalva / corren juergas a raudales / y aún más cubren esos gastos / con tarjetas especiales”. Y le replicó otro jinete: “Así funciona el país / este es el gran disparate / y al final siempre es el pueblo / el que se enfrenta al rescate”.

La ‘Antroidada’ comenzó pasadas las 17.00 horas. A esa hora el campo de la fiesta de Fao comenzó a llenarse de gente. Muchos vecinos acudieron disfrazados. Todos los que asistieron hoy pudieron disfrutar de una alegre y divertida ‘Antroidada’. Abrieron el festejo los integrantes de la ‘Rumba da Susita’, desde el palco del campo da festa. A continuación ya comenzó el debate dialéctico de los ‘xenerais da Ulla’. Los jinetes se situaron en un recinto cerrado en círculo ubicado en el centro del campo de la fiesta. Y allí, tras darles el alto el centinela, comenzó la confrontación verbal. Y salieron a relucir la crisis económica y su efecto sobre los ciudadanos, las tarjetas ‘black’, los desahucios y la corrupción política. Los‘xenerais da Ulla’ replicaron y contrarreplicaron ante los vecinos durante media hora. No faltaron, posteriormente, 'os consellos dos frades', que predicaron en verso anécdotas sucedidas en la parroquia de Fao y en los alrededores.

El espectáculo finalizó con el 'Enterro do Antroido', que dio por cerrado hasta el próximo año el carnaval en el Concello de Touro, uno de los más intensos y vistosos de la comarca de Santiago de Compostela.

Ordes - Hoxe comeza o Entroido no concello

O Concello de xa ten todo listo para dar hoxe o disparo de saída para o seu Entroido. Unha das celebracións máis esperadas polos veciños e veciñas e que terá como protagonistas desta primeira data aos nenos e nenas do municipio.

A partir das 16.30 horas a Alameda de Ordes servirá de escenario para a gran Tarde de entroidada. Sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan, xa que no caso contrario a convocatoria trasladarase ao pavillón Campomaior. Ata as 19.30 horas a diversión virá dada por obradoiros de maquillaxe, globoflexia, máscaras, chapas, ademais de contar con divertidas animacións, xogos e bailes.

Xa de cara ao sábado o Concello celebrará o Sábado de piñata. A partir das 17 horas as rúas do pobo acollerán un gran desfile de disfraces e un concurso, no que se repartirán máis de 4.000 euros en premios.