Incendio na tarde de onte en Aluminios Cortizo en Padrón

Padrón, 29/07/2016 - O lume declarado na tarde de onte nunha nave anexa as instalacións centrais de Padrón foi totalmente extinguido. Sobre as 16:00 horas produciuse un pequeno incendio nunha nave sen actividade mentres se realizaban pequenos traballos de mantemento. 

Activouse o protocolo de emerxencia e desprazáronse á zona o servizo de bombeiros de Padrón e comarca. Cara ás 16:30 o lume xa estaba totalmente apagado. 

A pesar da espectacularidade das chamas, afortunadamente non se produciron danos persoais nin tampouco danos materiais significativos. 

A actividade produtiva da fábrica non se viu nin se verá afectada. 

Ningún comentario: