O Mesón do Vento prepárase para celebrar esta fin de semana a súa Feira de Cans de Caza máis concorrida

Ordes, 29/07/2016 -  O Mesón do Vento agarda esta fin de semana un bo número de visitantes con motivo da XXV Feira de Cans de Caza. Unha edición na que según os seus organizadores se esperan preto de 3000 exemplares de distintas razas entre setters, grifóns, teclees, bassets, beagles, podencos, jack terriers, dogos, gascóns, brunos de juras, sabuesos etc. A do Mesón do Vento está considerada, por parte do público e da prensa especializada, a feira deste tipo máis importante que se celebra no noroeste de España. Ademais tamén haberá un numeroso número de postos nos que aquirir todo tipo de elementos e produtos relacionados coa prácitca cinexética. Como novidade este ano quen o desexe poderá prácticar tiro con escopetas de aire comprimido ou desfrutar dunha carpa de cetrería con todo tipo de aves rapaces.

O programa inclúe na primeira xornada, a do sábado 30 de xullo, o I Campionato Xuvenil Concello de Ordes Modalidade Rastro de Xabaril. Unha proba na que terán cabida os rapaces e rapazas de ata 14 anos, e para a cal xa están inscritos máis de media ducia de rapaces. Tamén se levará a cabo o II Campionato Concello de Ordes Modalidade Rastro de Xabaril e O I Campionato Concello de Ordes Perdiz Parada por Tempos, con máis de 30 participantes en total. O domingo, 31 de xullo, será o día grande da feira. Neste día distinguiranse aos mellores exemplares de cada raza, así como ás mellores realas e exemplares de toda a edición. Trofeos, agasallos e sacos de penso serán os premios que reciban os mellores de cada apartado.

Tras o xantar, e xa pola tarde, a festa e a música virá da man de Show Musical Alba.

Ningún comentario: