Pacto X Ames critica o abandono do rural amiense

Ames, 27/07/2016 - Pacto X Ames reclama xestión ao goberno de Ames e demanda solucion para o rural. Lembra que fai un ano xa da toma de posesión e según as conversas mantidas con vecños de lugares como Buceleiras, Tarrío ou Biduido as cousas non varíaron en nada.
Pacto x Ames - Cando xa pasou máis de un ano de goberno tripartito en Ames, Pacto X Ames volve a visitar cos veciños as parroquias e volvese a comprobar como as cousas no rural seguen igual que no mandato anterior ou nalgúns casos, aínda peor. Así cualificaron os veciños de Buceleiras e Tarrío, na parroquia de Bugallido e os veciños de Biduído na reunión anual que mantiveron cos representantes de Pacto X Ames.

Os veciños de Tarrío, mostraron a súa preocupación polo estado do cruceiro, un dos poucos elementos que forman parte do patrimonio etnográfico desta zona. Este cruceiro dende hai máis de 2 anos está roto, e os seus restos foron recollidos pola brigada de obras do concello na espera de que o concelleiro de Cultura, o Nacionalista David Santomil, dea a orden de restauración. 

A pesar das numerosas ocasións nas que se reclamou o arranxo deste ben patrimonial, tanto polos veciños como dende PxA, a día de hoxe segue sen repararse e o estado do cruceiro segue sendo o mesmo, cheo de maleza e cos cables tocando a cruz con risco de outra rotura. (Achéganse fotos)

Tamén en Tarrío, outra das preocupacións é o estado do Pilón, con roturas tanto nos muros como no teito que supoñen un perigo de derrube. A falta de mantemento é visible e os veciños alertan da súa perigosidade. (Achéganse fotos).

Os veciños de Buceleiras, tamén en Bugallido, quéixanse da falla de mantemento da súa zona e de que as cunetas e estradas non se limpan. “Temos que ser nos os que limpemos ás nosas zonas para que a maleza non invada as estradas e poder pasar cos coches”. De igual xeito, facían unha queixa/advertencia porque “si non se fai a limpeza na época de bo tempo, logo no inverno volverán a repetirse as inundacións”.

Na parroquia de Biduído as queixas eran moi similares as anteriores, sumando a que hai beirarrúas ateigadas de maleza e da perigosidade dalgún tramo de beirarrúa que non ten baranda, podendo provocar caídas a distinto nivel, tendo en conta que é unha zona de frecuentes paseo por parte de persoas maiores e tamén dos cativos.

Unha queixa xeneralizada en todas as parroquias que os membros de Pacto X Ames recollemos, e que elevaremos ao goberno, é a falla de atención do tripartito porque non están facendo caso ás demandas do rural e das parroquias, tanto nos escritos presentados como das chamadas por teléfono que realizan ao concello.

Ningún comentario: