Comunicado do concelleiro Juan José Cruz García

 Lalin, 24/07/2016 - Ante as reiteradas chamadas dos medios de comunicación e co obxecto de despexar calquera posible dúbida sobre os motivos e finalidades da miña decisión de abandonar o Goberno municipal de Lalín, eu, Juan José Cruz García, quero deixar meridianamente claros os seguintes aspectos:

 -As únicas razóns que me levan a adoptar esta decisión están recollidas no escrito presentado esta mañá no rexistro municipal do Concello de Lalín. O seu obxectivo último, en todo caso, é ter unha maior autonomía e marxe de manobra para traballar e presentar iniciativas a prol do interese xeral das e dos lalinenses.

-Neste contexto, e xa dende a miña nova posición, reitero que sigo a disposición do Goberno municipal de Lalín para colaborar de forma coordinada. 

-Por último -e para evitar calquera lectura errónea, malintencionada ou interesada sobre os motivos ou finalidades desta decisión- quero reiterar de forma clara e contundente que non está no meu ánimo de ningunha maneira prexudicar a continuidade do Goberno municipal de Lalín. En consecuencia, comprométome a que, no que de min dependa, o Goberno presidido polo alcalde Rafael Cuíña se manteña ata o final deste mandato. 


Juan José Cruz García

Ningún comentario: