Santiago, 23/07/2016 - Onte tivemos moito baile no Toural e na Quintana, bailes dopasado e do presente; hoxe toca o tempo para os máis pequenos en Bonaval pero hai moitas máis cousas, todo na axenda do Apóstolo
Santiago, 20/07/2016 - A Quintana estará presente no documental que Carles Bosch está gravando sobre a figura de Joan Ximénez, Petitet, fillo do que fora palmeiro de Peret e auténtico persoeiro xitano do barrio barcelonés do Raval.
Santiago, 18/07/2016 - 6 O catedrático de Medicina Legal Anxo Carracedo abriu esta noite as festas do Apóstolo cun pregón dende o balcón do Pazo de Raxoi no que lembrou o seu vencello a Compostela e no que reivindicou máis apoio para a ciencia e a universidade.
As Festas do Apóstolo chegan ao seu fin mañá venres 31 cunha xornada cargada de propostas interesantes. Comezamos ás 20.00 h co Pasarrúas Trova de Celaya (México) que continuará con animación de rúa da man da Charanga Compostela a partir das 21.30 h. Os Pratos fortes serán o concerto da Real Filharmonía de Galicia a partir das 21.00 h na Praza da Quintana e os Fogos Fin de Festa desde o Campus Sur ás 23.30 h. Ademais, a partir das 24.00 h estará a Orquestra Fórmula no Paseo Central da Alameda.
RFG dirixida por Diego García Rodríguez
A Real Filharmonía de Galicia ofrece o concerto fin de festas a partir das 21.00 h na praza da Quintana. Dirixidos polo mestre Diego García Rodríguez interpretaran catro obras cunha duración aproximada duns 50 minutos de concerto (9, 10, 24 e 8 minutos aprximadamente). Comezarán coas oberturas ‘As avespas’ de Ralph Vaughan Williams (1872-1958) e ‘As alegres comadres de Windsor’ de Otto Nicolai (1810-1849). Despois poderemos escoitar fragmentos do ballet ‘O Crebanoces’ de Piotr Ilich Tchaikovsky (1840-1893) para rematar coa Obertura ‘A bela helena’ de Jacques Offenbach (1819-1880).
As invitacións para cadeira podían retirarse no despacho de billetes do Teatro Principal pero esgotáronse hai dous días. En todo caso, só son válidas ata 10 minutos antes do inicio do concerto polo que todos aqueles que se acheguen ata a praza da Quintana sen entrada poderán ocupar as butacas que queden baleiras a partir das 20.50h. Ademais, o resto do espazo da praza estará tamén aberto ao público ata completar aforo.
A xornada de hoxe xoves 30, previa ao peche das Festas do Apóstolo, será unha desas noites para lembrar en Compostela xa que se xuntarán na praza da Quintana cinco bandas galegas de consolidada traxectoria e moi variada proposta estilística. O concerto, de entrada libre, comezará ás 22.00 h e nel poderemos escoitar aos composteláns Los Chavales e Ataque Escampe; aos vigueses The Soul Jacket, aos lucenses/coruñeses Guerrera e o proxecto ‘A Derradeira Noite na Terra’ que conforman membros de Malandrómeda, Dios que te Crew e Sumrrá.
A xornada comezará ás 22.00 cos ritmos sesenteros de Los Chavales, reputada banda compostelá, que reivindican a música yeyé e aposta pola recuperación dos éxitos de bandas como Los Brincos, Los Bravos ou Los Salvajes. O baile está garantido e non será Ataque Escampe quen o pare, outra formación santiaguesa que, tras catorce anos, sete discos e varios temas que xa son himnos xeracionais, está vivindo o seu mellor momento nos escenarios.
Os vigueses The Soul Jacket, outra peza histórica do rock galaico, serán os terceiros convidados da noite e, seguidos polos lucenses/coruñeses Guerrera, levarán ás cotas máis altas o rock de guitarras no evento.
O proxecto “A Derradeira Noite na Terra”, creado para a a ocasión por membros de Malandrómeda, Luis Legido (Sumrrá) e Sokram (Dios Ke Te Crew), poñerán o peche a esta noite histórica cos seus ritmos tropicais e kraut. ‘A derradeira noite na Terra’ é o nome dun momento único que se vivirá hoxe na Quintana e que xuntará no escenario a uns vellos amigos: unha recua de rapeiros, uns de Malandrómeda outros dos Dios que te Crew, que falan do propio e do máis alá e marcando ou quebrando o ritmo un home que quita meigallos cos tambores: o mestre L.A.R Legido, de Sumrrá. Daranlle unha reviravolta ás cancións que máis rabia lle dan do seu repertorio e meteranas densa roda de facer bailar con pasos simples e repetitivos para goce dos presentes.
A xornada do mércores 29 poderemos escoitar á Banda Municipal de Música da cidade, que lle poñen música en directo a ‘Peer Gynt’ xunto cos monicreques da compañía Viravolta Títeres. Trátase dunha actividade que ademais de estar dentro da programación das Festas do Apóstolo inaugura o programa de Verán na Rúa que ofrece distintas propostas ao longo do mes de agosto en prazas e rúas da cidade. O espectáculo, de entrada libre e dirixido a todos os públicos, comezará ás 20.00 h en San Martiño Pinario.
‘Peer Gynt’
Peer Gynt é un mozo fantasioso e aventureiro que quere marchar da aldea na que vive, descubrir o mundo e facerse rico. A súa nai Aase, farta das queixas dos veciños, e a súa paciente moza Solveig queren cortar, sen moito éxito, as súas ansias de aventura. Só a través duns estraños soños, Peer Gynt comprende que as súas intencións aventureiras non son o máis axeitado e finalmente permanece coa fermosa Solveig na aldea para sempre. Unha fábula posta en escena pola compañía galega Viravolta na que a Banda Municipal de Música interpreta a música composta polo máis senlleiro dos compositores noruegueses, Edvard Grieg.
Banda Municipal de Música
É unha das máis antigas de Galicia, xa que naceu en 1849 e perdura nos nosos días. Como centro de formación de instrumentistas, a ela acudiron durante moitos anos os nenos acollidos na Casa Hospicio, paliando en parte as restricións educativas no ámbito musical que sufría a poboación infantil máis desfavorecida e que en moitos casos supuxo un medio de vida para moitos deles.
Durante os primeiros anos é unha agrupación de afeccionados, ata que en 1876 o Concello decide facerse cargo dela e comeza a profesionalizarse. Nesa época redáctase un regulamento para o seu funcionamento. Unha das súas actividades máis importantes eran os concertos, denominados paseos, na Alameda ou na Rúa do Vilar, o que supón o traslado da música dos seráns privados a un ámbito público onde poden gozar del cidadáns de todos os estamentos sociais. Actúa tamén nas festas e nas procesións de Semana Santa.
Na actualidade realiza os seus concertos no Teatro Principal e na Rúa do Vilar, praza da Quintana, Alameda e outros lugares e barrios da cidade na temporada de verán. Conta con 38 compoñentes e a súa actividade baséase fundamentalmente nos concertos dominicais ao longo de todo o ano, concertos de verán os xoves e domingos, concertos didácticos en período lectivo nos que participan centos de escolares de Santiago e da bisbarra, intercambios e actos culturais e protocolarios.
Viravolta Títeres
En 1982 Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado forman a compañía Viravolta títeres. Ademais da produción e distribución de espectáculos de monicreques realizan outras actividades: cursos, exposicións, programacións (Titerentroido, Titirideza e Cantos e contos do Nadal); sempre relacionadas co mundo da marioneta.
Viravolta participou en numerosos festivais, circuítos e feiras, destacando entre outros A Mostra Internacional de Teatro Infantil “Xeración Nos”, Festival de Teatro de Ribadavia, Festival Internacional de Títeres de Santiago, Festitíteres de Alacante, Fira Internacional de Teatro de Titelles de Lleida, Feiras Galegas de Teatro, Campañas Escolares, festivais de música como a "Semana do Corpus" de Lugo ou "Cameralia", festival de música de cámara de Santiago de Compostela, Feiras do Libro, Festas Populares, Feiras Tradicionais, Circuítos Culturais, Redes de Teatro etc...
As Festas do Apóstolo continúan ofrecéndonos actividades variadas e música chegada desde diversas partes do mundo. Tras o concerto de Lila Downs o luns, na xornada do martes teremos a posibilidade de escoitar a fusión da música electrónica coa música tradicional balcánica da man do macedonio Kiril Djaikovski. Será a partir das 22.00 h na praza da Quintana e con entrada libre.
A fusión dos elementos Balcan Beats, Drum’n'bass e rap non fan que sexa tarefa fácil poñerlle etiquetas a este músico, pero si que asegura grandes emocións, graves que golpean e ritmos que sorprenden. A festa está asegurada!
Pioneiro na introdución dos sons balcánicos na música electrónica moderna, e cunha exitosa carreira de máis de dúas décadas nas costas, este nativo de Macedonia é toda unha referencia no son da rexión. É, sen dúbida, un dos artistas máis respectados e admirados tanto por músicos como por críticos por igual.
Os seus temas, axudaron a definir o que hoxe é mundialmente coñecido como o fenómeno "Balkan Beat". O seu son cargado de graves herdados do drum’n'bass, ritmos balcánicos e a súa xenial fusión con elementos máis urbanos, fan que os seus directos sexan toda unha festa. Trátase á súa vez dun dotado compositor de bandas sonoras para cinema e teatro.
Gran dose de música balcánica asegurada da man deste pioneiro. Xira acompañado da rapeira residente en Brooklyn, Tk Wonder. Escollida por Q-Tip e Stretch Armstrong como gañadora da competición See.me, está a deixar pampos aos grandes da industria.
Hoxe celebramos o Día de Padrón en Santiago, do mesmo xeito que na Pascua padronesa se conmemora anualmente o Día de Santiago. Ademais, poderemos escoitar a Lila Downs na Praza da Quintana ás 22.00h. No concerto, que será de entrada libre, a mexicana preséntanos o seu último traballo: ‘Balas y chocolate’.
Día de Padrón en Santiago
O Día de Padrón celébrase cada ano dentro das Festas do Apóstolo cun acto institucional no que a corporación compostelá recibe á corporación padronesa. Ás 13.30h o alcalde e concelleiros composteláns reciben nos soportais do Pazo de Raxoi aos seus homónimos padroneses. Tras as intervención de ambos alcaldes, escoitan o concerto que dan na Praza do Obradoiro as Bandas de Música de Compostela e Padrón.
A tradicional irmandade sentimental, histórica e cultural entre Santiago e Padrón afírmase tamén cada ano no Día de Santiago que se celebra en Padrón. Estes dous días son sempre un bo motivo para reafirmar os lazos entre as dúas vilas, que se estenden tamén a ámbitos coma o turismo ou o medio ambiente.
Lila Downs: ‘Balas y Chocolate’
Nada en Tlaxiaco, Oaxaca, Lila Downs é a filla da cantante Anita Sánchez e o profesor de cinema Allen Downs. Nas súas composicións sempre permanecen a crítica social, a migración e a procura das raíces como unha necesidade humana.
Durante máis dunha década Lila Downs viaxou por diversas partes do mundo reinterpretando as raíces da música, como o blues, o jazz, o soul, a cumbia, o rock e mesmo o rap e a música klezmer, ademais da música tradicional mexicana, música nativa de Mesoamérica e os idiomas das culturas mixteca, zapoteca, maya e náhuatl. A eles únese a súa voz marabillosa e a orixinalidade das súas composicións, co que o seu concepto musical volveuse innovador e único. Algúns poderían clasificar a Lila como unha artista mexicana, pero non hai forma real de clasificar a súa música, excepto para dicir que é unha fusión emocionante de sons internacionais.
Lila Downs foi recoñecida pola industria da música cun premio Grammy Latino en 2005 polo lanzamento de ‘Una Sangre/One Blood’ e un nomeamento máis ao Grammy por ‘Shake Away/Ojo de Culebra’ en 2008. Presentouse en celebracións e salas de concertos en todo o mundo, entre eles o Auditorio Nacional, o Carnegie Hall, WOMAD (World of Music, Art san Dance) e os Festivais de Música Sacra, figurando con personalidades como o Dalai Lama, así como no Latino Inaugural Ball do Presidente Barack Obama. No 2003 participou na banda sonora da película Frida, interpretando o famoso tema ‘Burn It Blue’, o mesmo que cantaría á beira do grandioso Caetano Veloso na Cerimonia de Entrega do Premio Óscar en marzo dese ano, cerimonia na cal estaba nomeada como Mellor Canción Orixinal.
En 2011 Lila Downs lanzou o álbum ‘Pecados y Milagros’, o cal tivo unha exposición homónima no Museo Nacional de Arte. Devandito álbum levouna a romper todas as marcas de vendas converténdose no primeiro álbum da súa carreira en superar as 160 mil copias físicas e obtendo a certificación de Dobre Platino e máis de 5 mil copias dixitais. Con ‘Pecados y Milagros’, Lila Downs fíxose acredora ao Grammy Latino na categoría de Mellor Álbum de Música Folclórica así como ao Grammy Americano na categoría de Mellor Álbum de Música Rexional Mexicana.
Paralelamente, Lila Downs sumou o seu talento ao de Niña Pastori e Soledad Pastorutti para crear un álbum concepto chamado ‘Raíz’ no cal a tradición musical de México, España e Arxentina respectivamente fusionáronse para mostrar ao mundo a beleza e a modernidade actual. Con este proxecto foron dobremente nomeadas ao Latin Grammy 2014 nas categorías de Álbum do Ano e de Mellor Álbum Folclórico nas cales resultaron gañadoras. Así mesmo, resultaron nomeadas ao Grammy americano na categoría de Mellor Álbum Pop Latino. Igualmente foron convidadas por Carlos Santana a participar no seu CD titulado Corazón á beira de Gloria Estefan, Juanes, Os Fabulosos Cádillacs e Romeo Santos entre outros.
Co seu novo material discográfico titulado ‘Balas y Chocolate’, Lila Downs cántalle á esperanza e un porvir mellor para todos. Baseado na temática do Día de los muertos, así como a cosmogonía festiva que os mexicanos e os latinoamericanos lle atribúen á Morte. ‘Balas y Chocolate’ conta con 13 temas entre os cales se atopan as colaboracións de dous importantes artistas, Juanes e Juan Gabriel, quen achegaron os seus enormes talentos ao proxecto de Lila Downs cun sentimento de fraternidade como o que ela mesma predica. Con este álbum, Lila Downs cántalle ao amor, ao desamor; á paixón e á sensualidade pero tamén á xustiza, á igualdade, á liberdade e aos sentimentos que a sociedade latinoamericana ten hoxe a flor de pel debido aos acontecementos políticos e sociais polos cales atravesan as diferentes nacións deste continente que, mesmo hoxe, a través do cantar de Lila Downs nos lembran os ideais de Simón Bolívar, Vicente Guerrero e José Martí.
Despois de seis días de programación cultural por toda a cidade e o rural de Santiago de Compostela, Artellando chegou o xoves ao seu punto e final dentro das Festas do Apóstolo 2015, cunha notable resposta por parte da cidadanía e con éxito de público en todos os espectáculos que se celebraron.
A primeira edición desta nova forma de artellar as festas da capital galega sáldase cunha valoración moi positiva. Por primeira vez, os barrios do concello que non están non centro histórico contaron con actividades no Apóstolo e unha ampla lista de máis de 130 artistas pasaron por máis de vinte puntos diferentes de Compostela.
Con Artellando, a cidade viviu varios fitos durante estes días. Grazas á organización desta programación, recuperouse a Praza do Toural para as festas do Apóstolo, lugar que nos últimos anos non acollía ningún tipo de actividade nestas festas. Os concertos celebrados no Toural durante as noites desta semana deixaron a imaxe dunha praza chea de xente que acudiu ás citas musicais para gozar de propostas como Fetén Fetén, Fado Violado, Alba María ou Marcelo Mercadante. O mesmo aconteceu coa Praza Roxa, onde este ano tiveron lugar en horario de tarde numerosos espectáculos, neste caso para público familiar e infantil. E de destacar é tamén a apertura do Parque de Belvís e do Parque de Bonaval como lugares das festas composteláns.
O mércores pola noite, máis de 3.000 persoas acudiron á Gala de Circo CirCompostela no Parque de Belvís, pola que pasaron o máis destacado do novo circo da cidade. Deseñada en colaboración con PistaCatro e Culturactiva, CirCompostela supuxo que por primeira vez o Circo forme parte da programación das Festas do Apóstolo, abrindo un camiño de cara a conseguir que os festexos do concello inclúan todo tipo de propostas culturais, en todo o abano horario do día e da noite, e para todo tipo de gustos e públicos.
De destacar tamén é a Romaría Cativa que o xoves durante toda a tarde acolleu o Parque de Bonaval e que reuniu música, danza, malabares, percusión e xogos nun festival infantil marcadamente galego no que Mamá Cabra e María Fumaça fixeron bailar e cantar aos miles de nenos, nenas e maiores que ata alí se achegaron. A primeira edición da Romaría Cativa veu co ánimo de que tamén os máis cativos da casa teñan a súa gran cita con programación específica para eles nas festas do Apóstolo.
Ademais, o feito de que o concello pensara no potencial dos numerosos centros socioculturais que hai en Santiago para estas festas, fixo que por primeira vez lugares como Meixonfrío, Ames, Brañas de San Andrés, Nemenzo, Sar, etc, gozaran tamén de ter un oco e algunha actividade do Apóstolo 2015, dentro dunhas festas descentralizadas.
Artellando rematou o xoves, non obstante, este proxecto naceu este ano con vocación de continuar. Simplemente se trata dun punto e principio, de cara a continuar traballando desde o Concello en colaboración co sector cultural da cidade, cos centros socioculturais e con demais axentes, para xuntos artellar novos movementos desde a Administración municipal que poidan lograr festas máis participativas, inclusivas e abertas, nas que cidadáns e implicados se sintan cómodos. A rede colaborativa entre a Concellería de Acción Cultural de Santiago e a cidadanía simplemente está a comezar e nos próximos meses continuarase avanzando para artellar o movemento que se iniciou coa programación destas festas.
Unha das xornadas xa tradicionais dentro das Festas do Apóstolo é o Día do Traxe Galego organizado pola Asociación do Traxe Galego e coa colaboración do Corte Inglés. Celebrámolo mañá, domingo 26, con actividades ao longo de todo o día no que será a súa XXXVI edición. Ademais, tamén teremos en Vite (no Parque Fermín Bouza Brey) o Serán de Hip-Hop a partir das 20.00 h e pechamos a xornada coa Orquestra Players ás 22.30 h na Alameda.
Día do Traxe Galego
O XXXVI Día do Traxe Galego arrincará ás 11:30 horas coa concentración de participantes na Alameda e co posterior desfile ata a praza do Obradoiro, pasando por Porta Faxeira, Toural, rúa do Vilar e Praterías. Logo, a comitiva dirixirase á Catedral para participar ás 13:15 horas nunha misa, na que realizarán a súa ofrenda ao Apóstolo.
Xa pola tarde, ás 16:00 horas, concentración en San Domingos de Bonaval. Os participantes, ataviados co traxe galego, desfilarán ás 19:30 horas ata a Quintana. Pasarán por Casas Reais, Cervantes, Preguntoiro, rúa Nova, rúa do Vilar, Praterías e Conga, para entrar na Quintana por San Paio e Casa da Conga. Cómpre lembrar que para participar neste desfile non é preciso inscribirse, só presentarse na saída cuns cinco minutos de antelación. No escenario da praza da Quintana, ás 20:00 horas, celebrarse a exhibición e concurso de traxes e a posterior entrega de premios. Tras a entrega dos galardóns anuais da Asociación do Traxe Galego, a xornada pecharase coa interpretación do Himno Galego pola Banda Municipal de Música, que tamén acompañará coa súa música aos participanes no desfile previo.
Haberá premios de 400 euros para os mellores traxes antigos completos, tanto de muller coma de home. No caso dos traxes de cotío outorgaranse 300 euros ao primeiro/a e 200 euros ao segundo/a clasificado/a. A mesma dotación é a prevista para os mellores traxes modernos. O xurado tamén elixirá os mellores traxes vestidos por un neno e por unha nena, que recibirán un agasallo conmemorativo. Finalmente, o xurado outorgará dous premios especiais: un de 600 euros para o grupo e máis de 10 persoas no que ningún dos seus integrantes se inscribira de xeito individual, e outro de 200 euros para a mellor peza ou conxunto de pezas antigas.
O portugués Mundo Segundo
A presidenta da Asociación do Traxe Galego e o alcalde de Compostela, Martiño Noriega, convidan a adultos e nenos e vestir nesta xornada os traxes tradicionais e a lucilos polas rúas de Compostela. En particular, desde a Asociación piden a agrupacións e escolas de música e danza galega que fagan un chamamento aos seus alumnos e alumnas para que participen no desfile e lles ofrezan tamén os seus fondos de vestiario tradicional.
Serán de Hip-Hop
O parque Fermín Bouza Brey é o lugar onde celebraremos o Serán de Hip-Hop destas festas mañá domingo 26 a partir das 20.00 h. O artista convidado é o portugués Mundo Segundo, figura clave do hip-hop portugués e un dos máis activos embaixadores do movemento. Forma parte de Dealema, unha das máis lonxevas agrupacións de hip-hop no país veciño. Estará acompañado por Arce, Comando Katana, Digo Diego, Grave Fame, la Hostia en Verso e Los Orate.
O sábado 25 de xullo, celebramos o Día grande das Festas do Apóstolo 2015 e como tal a xornada estará centrada pola mañá nos actos institucionais coa procesión, a partir das 10.00 h, do Padroado do Apóstolo Santiago e Ofrenda Nacional ao Apóstolo na S.A.M.I. Catedral. Pero tamén haberá cita coa troula xa que a partir das 12.30h haberá pasarrúas coa Charanga de Cabezudos pola cidade histórica. Xa pola tarde, ás 18.00 h haberá unha exhibición de taekwondo con campións do mundo deste deporte na Praza do Obradoiro, ás 22.00 h teremos concerto de Sumrrá & Friends na Praza da Quintana e a partir das 22.30h, orquestra na Alameda.
Exhibición de taekwondo
O Clube Han´s Horang-i, organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia e a concellaría de Deportes de Compostela, unha exhibición de taekwondo a partir das 18.00 h na praza da Quintana. Nela poderemos ver ao equipo Nacional de Seul, campións do mundo de exhibición, que nos amosará a especial tradición deste deporte no seu país. Fan un espectáculo moi rechamante con máis de 5 metros de altura demostrando distintos rompementos típicos desta arte marcial e combinados con multitude de acrobacias.
Sumrrá&Friends
O concerto central do 25 de xullo é o que darán Sumrrá & Friends na Praza da Quintana a partir das 22.00 h e con entrada libre, como todas as actividades das festas. Formado polos músicos Manuel Gutiérrez (piano), Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo) e L.A.R. Legido (batería), o trío de jazz SUMRRÁ está considerado como "o trío máis innovador da escena española" (Candido Querol).
Trátase dunha formación cunha das traxectorias máis sólidas e constantes da escena jazzística española, cON gran proxección internacional, como certifican as súas xiras por Bolivia, Francia, Bulgaria, Portugal ou Sudáfrica e o seu paso por numerosos festivais como Jazz Plus Festival (Sofía), Festival San Juan Evangelista (Madrid), Johannesburg Joy of Jazz (Southafrica), Festival de Jazz ImaxinaSons (Vigo), Ciclo de Jazz 1906 (Valencia, Barcelona, Bilbao, Oviedo), Festival de Jazz de la Paz (Bolivia), Festival de Jazz de Santa Cruz (Bolivia), Festival de Jazz de Alcudia (Mallorca)…
Dende os seus inicios na cidade de Compostela, Sumrrá engaiolou a crítica e público cun jazz inclasificable, melódico e moi aberto, destacando a orixinalidade das súas composicións, a calidade dos seus integrantes e a frescura dos seus directos. Sumrrá non entende de modas, de etiquetas, nin de estilos. Pasaron 14 anos dende esta feliz reunión, que no jazz é moito tempo, e o trío continúa reinventándose e alimentándose dos proxectos paralelos dos seus compoñentes.
O Parque de Belvís converterase o mércores pola noite nun gran Parque do Circo. A partir das 22:30 horas comezará a Gala de Novo Circo Compostelán CIRCOMPOSTELA, organizada por Culturactiva e por PistaCatro dentro da programación Artellando das Festas do Apóstolo 2015. Ademais, ao longo de todo o día teremos o IV Certame Folk con La Voz de Galicia no que teremos xogos de habilidade, obradoiros e varios concertos, ademais da Feira de Artesanía e de Deseño. A xornada complétase con outras moitas actividades de Artellando nos barrios e nos recunchos.
IV Certame Folk La Voz de Galicia
Por cuarto ano celebramos este certame folk dentro das Festas do Apóstolo, da man de La Voz de Galicia. A xornada comeza xa ás 11.00h da mañá coa Feira de Artesanía e de Deseño que se celebrará ata as 23.00 h. Ademais, teremos xogos de habilidade con materiais reciclados de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 17.30 h; e varios concertos xa pola tarde: ás 18.00 h Magin Blanco, ás 19.00 h Cantigas e Agarimos, ás 20.00 h Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, ás 21.30 h Tis Che Tein e pechamos o certame con Pepe Vaamonde Grupo ás 22.30 h. Todas as actividades son na praza da Quintana e con entrada libre.
Artellando
Como diciamos, o prato forte da xornada deste mércores 22 será a Gala de Novo Circo que se enmarca dentro do Artellando no Solpor e se celebra no parque de Belvís a partir das 22.30h. Na Gala participarán destacados artistas de malabares, danza, equilibrios, pallasos, músicos e circo, como son Aitor Garuz, Manu Lago, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Os Sete Magníficos Máis Un, Raquela Oitavén, Mertxe Solé, Peter Punk ou a Compañía Duelirium. O evento ademais estará presentado e conducido por dúas mulleres moi especiais e importantes na cidade, As Dúas Marías.
Pero para a xornada tamén están programadas outras actividades. En horario de mañá, Artellando nos Barrios chegará ao Centro SocioCultural Figueiras, onde a partir das 12:00 horas o público infantil poderá gozar con ‘A historia de Branca Flor’ de Os Sete Magníficos Máis Un. Ás 12:30 horas, na Praza do Cruceiro Vello (Rúa de Sánchez Freire), en Conxo, estará o espectáculo para público familiar ‘Burro-máquina’, de Inacio Vilariño.
Xa pola tarde, ‘Babamor’ de Larraitz Urruzola está programado para as 19:00 horas no Local Social A Casa Agraria de Meixonfrío. E na Praza Roxa, o mércores será a quenda de Raquel Queizás, que protagonizará a contada ‘O segredo do tendal’ a partir tamén das 19:00 horas.
Mércores tamén haberá Artellando nos Recunchos, e nesta ocasión será na Praza de Mazarelos, onde se poderá ver o espectáculo de Rut Balbís e Cristina Montero ‘Só unha escusa’, a partir das 21:30 horas.
Gentleman & The Evolution son os protagonistas da xornada das Festas do Apóstolo 2105 do martes 21 de xullo. Estarán ás 22.00 h na Praza da Quintana nun concerto con entrada libre, como todas as propostas do programa de Festas deste 2015. O programa complétase con seis actividades de Artellando: narración oral con Brais das Hortas na Gracia e con Contos Daboapipa en Vite e San Lourenzo; teatro coa Cía O Bandullo azul na Praza Roxa, danza con Ánxela Blanco, detrás do CGAC e música con Marcelo Mercadante na Praza do Toural.
Gentleman & The Evolution
A superestrela alemá do reggae está a xirar por Europa neste 2015 desde Colonia. Tras a publicación do seu sexto álbum de estudo ‘Live your live’ xunto ao xamaicano Richie Stephens e o seu sétimo álbum en solitario ‘New Day Dawn’ (Universal 2013), está embarcado nesta nova aventura da man da cadea MTV cun formato Unplugged, cun primeiro single de colaboración xunto á estrela xamaicana Shaggy. Ademais da presentación dos discos e do enerxético e rompedor show que sempre pon en escena Gentleman xunto á súa banda The Evolution, contaremos con todos os seus hits que o levantaron ao cume do Reggae a nivel mundial.
Artellando
Marcelo Mercadante e Gustavo Battaglia tocan xuntos desde 1994. O primeiro é un dos máis prestixiosos bandoneistas arxentinos que hai na actualidade; o segundo tamén arxentino, é dos mellores guitarristas de tango en activo. Ambos están afincados en Barcelona e serán os protagonistas do Artellando na noite desde martes. O concerto empezará ás 23:00 horas na Praza do Toural.
Durante o día, a programación de Artellando destinada ao público infantil continuará o seu periplo polos barrios de Santiago, co obxectivo de que a festa do Apóstolo 2015 se sinta en toda a cidade e tamén no rural do concello. Así, ás 12:30 horas, Brais das Hortas estará cos seus ‘Contos en obras’ no Centro SocioCultural da Gracia; e a esa mesma hora, no Centro SocioCultural de Vite, a compañía Contos Daboapipa representará ‘Contos de animalario’, espectáculo que se repetirá ás 19:00 horas da tarde no Centro SocioCultural de San Lourenzo.
Pola súa banda, na Praza Roxa, o martes cativos e maiores poderán gozar con ‘A incrible historia de Robinson Crusoe’, da compañía teatral clown Bandullo Azul, integrada polos actores Fran Ameixeiras e Fran Campos e dirixida por Evaristo Calvo . Será a partir das 19:00 horas.
O toque máis vangardista da xornada virá da man de Ánxela Blanco, que estará no calexón do CGAC a partir das 21:30 horas para presentar o seu traballo ‘Olivia necesita verán’.
Os protagonistas da xornada do luns 20 das Festas do Apóstolo serán The Gospell Times e Fetén Fetén que ofrecen sendos concertos á noitiña, na praza da Quintana e no Toural, respectivamente. Pero antes teremos moito Artellando: nos barrios (en Nemenzo, Santa Marta e O Castiñeiriño) e nos recunchos, en concreto no recanto de San Miguel (fronte ao Museo das Peregrinacións).
The Gospell Times
The Gospell Times
Poderemos velos na Praza da Quintana a partir das 22.00h e a entrada é libre, ao igual que todas as actividades destas festas. The Gospel Times é unha agrupación de profesionais de altísimo nivel que transmiten o máis refinado son do gospel. O seu repertorio está composto na súa totalidade de cancións tradicionais e ofrecen un concerto excepcional e pleno de soul. A formación está composta polas voces de Joyce Elaine Yuille, Julia Helen St.Louis, Wendell Torey Simpkins e Kenneth James Bailey. A sección rítmica desde fai vinte anos fórmana Michele Bonivento, Hammond B3, Stefano Calzolari, teclados, e Paolo Prizzon na batería.
Artellando
Feten Feten
O grupo folc burgalés Fetén Fetén formado por Jorge Arribas e Diego Galaz presentará mañá 20 de xullo o seu último disco, ‘Bailables’, a partir das 23:00 horas na Praza do Toural. Será dentro da programación ‘Artellando’ das Festas do Apóstolo 2015 prevista para este luns e que arrincará xa pola mañá e continuará pola tarde, no caso do horario diurno con actuacións pensadas para @s máis cativ@s.
Neste sentido, o recoñecido paiaso Peter Punk, que ven de estar de xira por Cracovia, será o protagonista hoxe do Artellando nos Barrios. Ofrecerá dous pases do seu espectáculo infantil ‘O chungo que te cagas’, ás 12:30 horas no Centro SocioCultural Nemenzo, e ás 19:00 horas no Centro SocioCultural do Castiñeiriño. Tamén dentro do Artellando nos Barrios e tamén destinado ao público infantil, Chus de Xandobela estará no Centro SocioCultural Santa Marta a partir das 12:30 horas co seu espectáculo de contos ‘Pan e auga? Sopas!’.
O punto máis vangardista da xornada virá da man de Carlos Quintá, que ofrecerá un concerto performance dentro do Artellando nos Recunchos, na Praza Recantos de San Miguel, a partir das 22:30 horas baixo o título ‘Jean Vigo. A propósito de Niza’
Un extracto do pregón de Vero Boquete que abriu as Festas do Apóstolo 2015 e o texto completo
PREGÓN
DA FESTAS DO APÓSTOLO 2015
VERÓNICA
BOQUETE
Picheleiros, veciños,
amigos, turistas e peregrinos, MOI BOAS NOITES
e benvidos á vosacidade, á vosapraza, á máis emblemática e na que ano
tras ano millóns de persoaspoñen punto e final aoseucamiño.
Aíndalleestou dando voltas
ao porqué de estar aquí hoxe, eu non soñeico 95% das cousas que me aconteceron
na vida e sendúbida esta é outramáis. Non creo que teña méritos suficientes
para merecer estar pero o que si vos podo asegurar é que sintoestacidade tan
dentro de min como a sentides todo vós, porque eu son unhamáis, de Amio, de Outeiro,
de Belvís, das Fontiñas…de Compostela.
Esta sensación de ledicia é
impagablee teño que agradecerlla a quenconfiou e me deu a oportunidade e taméncompartila
con todos vós, porque o facedesmáis especial.
Estar aquí impresiona, e
claro que é pola Catedral, pero tamén por todos vós, grazas por estar aquí hoxe
e por deixarmeroubarvosunsminutiños antes de que empecedes a disfrutar das vosasfestas.
Cando era pequena correteaba
por estas rúas, saltaba en todos os charcos posibles coas miñas katiuskas, ía á
praza de Abastos coa miñaavoa, dáballe de comer aos patos da Alameda, pasaba a
comprar un xeado dos carriños, pedía que me contasen unha vez máis a historia
das Dúas en punto…todos estes e moitos puntos máissabémolos todos os que
nacemos en Compostela ou os que se sinten adoptados por esta cidade especial,
unhacidade con maxia.
Todos estesrecordos fan que
estar aquí hoxesexa un dos mellores momentos da miña vida e a partir de hoxe é
un título que porei orgullosa no meu currículo.
Ser pregoeira é un
privilexio, pero nacer ou vivir nestacidadetamén o é. A calidade de vida e a grandeza
da nosaxentedeberíase, e espero que así sexa, valorar sempre, pero cando te ves
obrigado a marchar, cando coñeces mundo e te cansas de visitar países e cidades,
non che queda ningunhadúbida de que o que queres é volver.
Todos
vóstedesunharesponsabilidade, a de transmitir os nosos valores, costumes,
rutinas, a de conservar a nosa forma de ser e de entender a vida, a de levar
Santiago polomundo con orgullo, como fixeronmoitos antes e outros fan agora. A
eses, aos que tedes que pasar meses ou anos lonxe da terra, ánimo e GRAZAS.
Grazas por ser valientes, por manter o noso carácter, demostrar a nosa raza e
sobretodo, por ser os nososmelloresembaixadores.
Temos que ser conscientes de
que debemos coidar Galicia, a nosalingua, as nosaspaisaxes, a nosa gastronomía,
innovar e evolucionar pero mantendo a esencia, sabendosempre de donde vimos,
cal foi o camiñopercorrido e saber que, como no fútbol ou no deporte en xeral,
só os pobos comprometidos, solidarios e respetuosos con todos e con todo
conseguen perdurar fortes. Taméntemos que conservar tradicións e promocionar a
cultura, facer que os nosos cativos se eduquen e nunca perdan os principios,
que nondeixen de ter bosrecordos e as Festas do Apóstolo deberían formar parte
deles.
Os concertos, as atraccións
na Alameda, as orquestras, os fogos de artificio, a xente na rúa, os viños da
zona vella…todo iso forma parte dunhacidade en festas e a partir de hoxe
SANTIAGO ESTÁ EN FESTAS!!! E EU ANÍMOVOS A QUE AS DISFRUTEDES, a que sexades
partícipes e a que, máis que nunca, as fagamosnosas.
Eu non podo disfrutar delas
como me gustaría, en dous días marcho para Alemaña, Múnich e o Bayern agárdanme
con moitosobxectivos e eulevarei como sempre a maleta chea de soños e de
morriña. Eso e o recordodeste día serán os que me empuxen ata que volte a casa
polo Nadal.
Sempre se dixo eso de que
ninguén é profeta na súaterra, e eu profeta non serei, pero si podo presumir de
sentir o apoio incondicional, un inmenso cariño e o respecto absoluto da
miñacidade, da miñaxente, e isofai que cada día teña máis ganas de representar
ámiñaterra en calquera parte do planeta. Xa son moitos en USA, Rusia, Suecia,
Alemaña….os que saben que Galicia é un rinconciño do mundo onde o pulpo é
sagrado, os seus nativos acollen a calquera e, como di un amigo, Santiago,
ademais da capital, é a aldea máis grande e cosmopolita do mundo!!!!
Sentídevos orgullosos, como
o facía Zapatones, porque esto é o que somos e esta é a nosacidade.
E agora sí, GRACIÑAS, TODO O
MELLOR, E QUE EMPECEN AS FESTAS DO APÓSTOLO 2015!!!!!!
As festas do Apóstolo arrancarán hoxe venres co pregón desde os balcóns do pazo de Raxoi a cargo da futbolista
santiaguesa Verónica Boquete. Considerada unha das mellores xogadoras do fútbol
do mundo, Boquete dará o pistoletazo de saída a 15 días de actividades, todas
de balde, que compoñen un programa marcado por tres eixes: a diversidade, a
descentralización e a apertura.
Tras o pregón, ás 23:00 h, teremos
concerto na propia praza do Obradoiro con Jonh Nemeth & The Blue Dreamers e
a Fundación Tony Manero. Recentemente galardoado como Mellor Artista de Soul
Blues nos Blues Music Awards, John Németh protagoniza este primeiro concerto
das Festas do Apóstolo 2015, no que tamén a Fundación Toni Manero presentará o
seu novo disco, deste 2015, Superficial.
Máis información
Verónica Boquete
Verónica Boquete
naceu en Compostela no 1987 e na actualidade está considerada unha das mellores
xogadoras de fútbol feminino do mundo. Vén de gañar no pasado mes de maio a
UEFA Champions League co FCC Frankfurt e esta mesma semana anunciouse que está
nomeada, por terceiro ano, á Mellor Xogadora de Europa 2014/2015. Vive o seu
mellor momento profesional e recolle homenaxes fóra e tamén dentro da súa terra.
Boquete foi campioa
europea coa selección española sub-19 en 2004 e gañou varias Copas da Reina e
subcampionatos da Superliga co RCD Espanyol do 2009 ao 2011. Despois estivo nos
Estados Unidos, onde se proclamou campioa USL W-League no 2010 con Buffalo
Flash e subcampioa WPS co Philadelphia Independence no 2011. No 2013, e xa no
Tyresö FF acadou o subcampionato da Copa Sueca e o campionato da Liga Sueca. No
2013 coa Selección española chegou aos cuartos de final da UEFA e no 2014
quedou subcampioa da mesma competición co Tyressö. Por fin, como diciamos, foi
neste 2015 no que conseguiu chegar a campioa
da UEFA Champions League xa nas filas do Frankfurt.
A nivel persoal son
moitos tamén os premios acadados. No 2010 e 2011 foi a máxima goleadora da
Superliga e os mesmos anos levou o premio a Mellor xogadora (MPV) dos
campionatos nos que participaron os seus equipos. No 2012 foi nomeada Mellor
Mediocentro en Suecia e Mellor Deportista Galega. No 2013 os premios foron
Mellor deportista compostelá e UEFA Team Euro-2014 e no 2014 estivo nomeada a
Balón de Ouro. Ademais, estivo nomeada nos últimos tres anos a mellor xogadora
de Europa.
John Németh
Para moitos unha das
mellores voces de soul blues do mundo e un verdadeiro virtuoso da harmónica,
John Németh e fillo de inmigrantes húngaros cun sobranceiro talento natural que
creceu en Boise, Idaho. A súa carreira profesional comeza no 2000 xirando con Junior
Watson e en 2004 publica o seu debut discográfico en solitario, Come and get
it. Trasládase a California e asina un contrato con Blind Pig Records para
editar tres novos discos. O Philadephia Inquirer foi o primeiro medio que
incluíu a John Németh nunha lista de novos talentos do soul, xunto a nomes como
James Hunter, Eli “Paperboy” Reed e Sharon Jones. En 2013 trasládase a un dos
berces do soul e do blues, Memphis, e ficha por Blue Corn Music, selo de
American Roots que publica Memphis Grease, o sétimo álbum de John Németh que
con seguridade é un dos mellores discos deste xénero no que levamos de século.
JOHN NÉMETH voz / armónica
TRAVIS SWANSON guitarra / voz
MATHEW WILSON baixo / voz
DANNY BANKS batería / voz
Fundación Tony Manero
Eles foron os
culpables de revitalizar a escena funk e disco a finais dos 90, chegando mesmo
a colocar varios éxitos no Top 10, e prestixiando a música disco en castelán
como nunca antes se fixera en España. A banda regresa coa súa estrutura
orixinal, 10 músicos en escena, profusión de arranxos, sección de ventos, unha
potente e unha coidada até o último detalle presentación en directo.
O novo disco da
Fundación Tony Manero en 2015 chámase Superficial, e é unha reivindicación da
festa e a música como valores indispensables do ser humano, sen máis
pretensións que facer bailar. Este traballo leva de novo aos Manero ao son
disco dos 80, ao electro-funk, repleto de sintetizadores acedos, pianos
dixitais, caixas de ritmos, riffs de ventos secos e cortantes, mantendo o seu toque
persoal. Miguelito e Paquito Sex Machine seguen sendo os cantantes á fronte da
banda, imbatibles en calquera escenario.