A aula CeMIT do Concello de Arzúa volve abrir hoxe as súas

Arzúa, 26/07/2016 - A aula CeMIT do Concello de Arzúa , sito na rúa Lugo abre de novo en horario de 16 a 21 de luns a xoves e de 11:00 a 14:00 de luns a venres, poñendo a disposición da cidadanía un centro titorizado polo axente TIC encargado da xestión da aula, equipado con 20 ordenadores con acceso a internet, e cunha oferta formativa de cursos e charlas en novas tecnoloxías de diversas temáticas, como ofimática, redes sociais, imaxe e son, desempregados ou cursos de iniciación . Estes últimos enfocados principalmente aos e ás nosas maiores,colectivo onde a fenda dixital se fai máis evidente . Para máis información poden achegarse á aula, chamar nese horario ao 981 500 447 ou enviar un correo electrónico a cemit.arzua@xunta.gal . 

A Rede CeMIT está integrada por 92 aulas espalladas por toda Galicia e está caracterizada por impartir actividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento . Máis información no enderezo http://cemit.xunta.gal

Ningún comentario: