USC - A Biblioteca Xeral expón algúns dos exemplares máis valiosos do Quixote

Con motivo do IV centenario da publicación da segunda parte do Quixote, o claustro alto da Biblioteca Xeral da USC acolle unha exposición con algúns dos exemplares máis valiosos que residen nos seus fondos. Dende unha edición facsímilou o famoso Quixote con gravados de GustaveDoré, pasando por libros publicados no século XVIII e reproducións actuais ata unha curiosa edición en miniatura.

Organizada por Acide –asociación sociocultural formada por antigos e recentes membros da USC– en colaboración coa Universidade compostelá,‘Reinterpretando o Quixote’ inaugurarase este martes 7 ás 20.00 horas e permanecerá aberta ata o 30 de abril de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas. Nese acto de apertura o catedrático de Literatura Española Luis Iglesias Feijoo pronunciará una conferencia.

O valor da mostra reside no seu carácter visualxa que todas as obrasse escolleron pola beleza dos seus gravados, imaxes e fotografías, alén do seu valor bibliográfico. Trátase de que o público goce dunha exposición de libros como se fosen cadros, que imaxine os capítulos a partir das ilustracións e elabore unha recreación mental que o transporte ao contido da novela. Un percorrido, por certo, que mudará cada semana ao son das diferentes fotografías dos exemplares que se irán mostrando.

O Quixote nas fiestras
Xunto coa exposición, os organizadores van "escribir" o inicio do Quixotenasfiestrasdalgúns edificios do Concello e da USC para que a xentepoidaler o texto dende a facultade de Filoloxía ata a de Filosofía (antigafacultade de filoloxía). O percorrido abarca ademais Económicas, Enfermería, Maxisterio e Medicina e outros edificios emblemáticos como a Reitoría, o Auditorio de Galicia, a Biblioteca Ánxel Casal, a Residencia Universitaria Burgo das Nacións e o CEIP López Ferreiro.

Ningún comentario: