Como cada mes, a Casa das Crechas acolle unha Cata de Libros e Viños Galegos, desta vez con recomendacións literarias da libraría Ciranda e protagonizada polo albariño Rías Baixas Arcán e o Traste (garnacha) da D.O. Valdeorras.
A libraría Ciranda é a única especializada en portugués non só en Galicia, senón tamén en España. Ademais, ofrece todo tipo de servizos relacionados con esta lingua: cursos, eventos, viaxes, etc. Nesta ocasión traeranos as novidades máis destacadas da literatura portuguesa.
Ademais o espazo enocultural VideVide introduciranos na cata de dous caldos moi diferentes: o albariño Arcán, de Rías Baixas do Salnés (91 puntos na Lista Parker, de adegas Pombal A Lanzada); e Traste, un Valdeorras con garnacha centenaria e mencía, envellecido en barrica, de adegas José Aristegui.
Ningún comentario:
Publicar un comentario