USC - María José Domínguez nomeada membro do Consello Científico Internacional do Instituto Lingua Alemá de Mannheim

A profesora da USC María José Domínguez Vázquez acaba de ser nomeada membro do Consello Científico Internacional do prestixioso Instituto da Lingua Alemá de Mannheim, sendo a única representante de España neste órgano. 

Fundado en 1964, é a institución máis relevante para a investigación e documentación da lingua xermana actual que contempla entre as súasprincipais funcións a promocióndo estudo científico desa lingua e velar pola cooperación internacional entre Alemaña e os países representados. O proceso de selección dos membros deste consello realízase por diferentes gremios científicos atendendo á meritoria traxectoria curricular e ao labor realizadono ámbito da lingua e lingüística alemá. 

Para María José Domínguez Vázquez, profesora titular de Gramática Alemáda USC desde 2008 efellow da Fundación AlexandervonHumboldt a partir do 2012,este recoñecemento supón unha “grande honra” que lle permitirá “facer confluír sinerxías entre as diferentes institucións representadas e a Universidade de Santiago, na que se están levando a cabo investigacións ao máis alto nivel científico”.

Ningún comentario: