A programación cultural para mañá, venres, ofrece tres propostas moi variadas entre si, de humor, teatro e música. Comeza a xornada con Raúl Cimas & Julián López que presentan ‘Toda la verdad sobre el oso hormiguero’ no Auditorio Abanca ás 20.30h dentro do ciclo Falabaratos. E á mesma hora, pero na Zona C, a compañía viguesa A Artística ofrece ‘Arquitectura da emoción’ a primeira parte da súa triloxía, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Pechamos a xornada ás 21.00h na Sala Capitol cunha proposta enmarcada no ciclo Compostela Rock: o Compostela Reggae no que poderemos escoitar a Terrakota, Malaka Youth e Rebel Roots.
RAÚL CIMAS&JULIÁN LÓPEZ. Auditorio Abanca, 20.30h
Julián López e Raúl Cimas chegan co seu novo show "Toda la verdad sobre el oso hormiguero", co que dan renda solta á comedia tan característica da que fixeron gala toda a súa carreira. Non deixarán indiferente a ninguén, con este novo show Raúl Cimas e Julián López demostran que son dous dos cómicos mais en forma do país. Critica e público aválanos, 3 tempadas seguidas en carteleira en Madrid e a súa exitosa xira por todo o país dino todo. Un show para partirse de risa con estes xenios do absurdo.
As entradas teñen un prezo de 15 euros (patio butacas, anfiteatro 1) e 13 euros (anfiteatro 2) en anticipada (o mesmo día do evento serán de 18€ e 15€, respectivamente). Poden mercarse no despacho de billetes do Principal (que abre de 18.00 a 21.00h), en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou no Auditorio Abanca desde dúas horas antes do evento.
‘ARQUITECTURA DA EMOCIÓN’ de A Artística. Zona C, 20.30h
Tres pezas , tres propostas, tres estruturas escénicas, que enchen un espazo, para deixar unha pegada nova. Enfrontadas ante outra relación posible e aberta co espectador-público. Arquitectura da emoción é a primeira delas, unha invitación a reflexionar sobre os sentimentos: Onde nacen? Como é a súa expresión e o seu almacenamento? Arquivamos os sentimentos no espazo propio e proxectámolos no espazo habitado.
As entradas teñen un prezo de 8 euros, e hai un abono para as tres pezas da triloxía por 18 euros. Ademais poden adquirirse do Bono de Teatro Galego e Portugués. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (que abre de 18.00 a 21.00h), ou na propia Zona C desde unha hora antes do evento.
COMPOSTELA REGGAE. Sala Capitol, 21.00h
Os Terrakota están de volta! Presentan novo disco 'Wontanara' como cabeza de cartel do Compostela Reggae. A banda sen fronteiras regresou ao estudo e estará na estrada en 2015. Estiveron lonxe dos escenarios durante dous anos, tras trece anos de carreira en que se tornaron unha das referencias das músicas de fusión multi-étnica, con presenza asidua nos principais escenarios nacionais e internacionais da world music e do reggae. Subirán tamén ao escenario os malagueños Malaka Youth e os ferroláns Reberl Roots.
As entradas para este concerto teñen un prezo de 12 euros (anticipada) e 16 euros (billeteira) e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en www.minhoreggae.com, www.salacapitol.com, A Reixa Tenda e Discos LP Vigo.



Ningún comentario:
Publicar un comentario