Santiago - Mañá único concerto en Galicia de Rústica

Catro grandes personalidades da música galega únense nun proxecto chamado RÚSTICA, un disco moi especial que acaba de saír á venda editado por FOL MÚSICA.

Rústica é o resultado de encontros casuais, sincronicidades, afinidades e descubrimentos. É unha carta de amor ao incrible patrimonio cultural de Galicia, á amizade e á emoción.

Cancións antigas cantadas con grande profundidade e sentimento, cun desenvolvemento harmónico que as trae aos nosos días pero tamén co toque máxico dos encantos e os misterios de antano.
Un tesouro agochado que agora sae á luz.

Cristina Pato - gaita e voz
Davide Salvado – voz, pandeireta e pandeiro
Anxo Pintos – zanfona
Roberto Comesaña - acordeón

Ningún comentario: