notas de prensa sobre os orzamentos de ames
CONCELLO
Apróbase o presuposto do exercicio de 2012
O orzamento deseñado polo Concello para este exercicio prevé uns gastos de23.063.225,82 millóns de euros e uns ingresos de 23.576.370 millóns.
Deste xeito, o presuposto inclúe un superávit de 513.144 euros, o que supóndar cumprimento ao previsto no Plan de Axuste e permitirá compensar o déficitderivado da xestión anterior.
Ademais, aprobouse por maioría absoluta o convenio de colaboración entre os concellos de Ames e Brión para a xestión compartida do obradoiro de emprego Encontro verde.
Ames, 31 de agosto de 2012. A corporación municipal doulle luz verde ao presuposto de 2012. O documento económico onde se recollen os ingresos e gastos previstos para este exercicio foi aprobado por maioría absoluta. Os votos a favor dos once concelleiros/as do grupo popular permiten a aprobación inicial do orzamento municipal de 2012. Os concelleiros/as do grupo socialista e Ames Novo negáronse a debater e votar o presuposto porque supostamente vulneráronse os seus dereitos ao retirar as emendas presentadas no pasado pleno de xullo. Ademais, aprobouse por maioría absoluta o convenio de colaboración entre os concellos de Ames e Brión para a xestión compartida do obradoiro de emprego Encontro verde.
O Concello de Ames elaborou un orzamento municipal para o ano 2012 realista eadaptado á actual conxuntura económica, no que se mantén o gasto social, xa que oGoberno é consciente da complicada situación que atravesan moitas familias amienses.O orzamento, que prevé uns gastos de 23.063.225,82 millóns de euros e uns ingresosde 23.576.370 millóns, foi aprobado por maioría absoluta este xoves, 31 de agosto, no pleno ordinario de agosto. Deste xeito, o presuposto inclúe un superávit de 513.144euros, o que supón dar cumprimento ao previsto no Plan de Axuste e permitirácompensar o déficit derivado da xestión anterior.
O alcalde de Ames, Santiago Amor, destacou que as contas do Concello son “realistas, prudentes e adaptadas á conxuntura económica actual”. “A incertezaeconómica e financeira na que vivimos condiciona como nunca os presupostosmunicipais, polo que debemos actuar coa máxima cautela e contención, nun escenariodescoñecido para todos”, engade.
Con todo, Amor manifesta o seu “compromiso irrenunciable cos máis débiles”, de aíque o esforzo se faga especialmente na partida social. “Cada vez hai máis familias ondese produce unha diminución significativa de ingresos, así como casos de primeiranecesidade, polo que todos debemos mirar por elas; e o Concello quere estar do seulado en todo o que poidamos”, asegura o rexedor.
Na actual conxuntura económica, o Concello de Ames mantén a súa aposta poraqueles colectivos e sectores que máis dificultades están atravesando. Deste xeito, nosorzamentos inclúense partidas de preto de 386.000 euros para axudas de servizossociais e promoción social. O Goberno amiense tamén presta un especial apoio aoemprego e ao tecido empresarial, xa que o orzamento prevé máis de 176.560 eurospara actividades que incidan directamente no fomento do emprego e do comercio local.Nesta liña, destaca o apoio que se prestará ás asociacións de comerciantes domunicipio, ás que se destinarán máis de 72.500 euros en subvencións.
Tamén se garante a continuidade das convocatorias de axudas, das que se beneficiarán, un ano máis, e entre outras, as familias numerosas, as ANPAS dos centros de ensino, os solicitantes de axudas para a compra de material escolar, entidades culturais e deportivas, o comercio local, a mocidade e os usuarios do transporte público.
Este orzamento permitirá seguir prestando servizos educativos e de carácter social como o da rede de comedores escolares cun custo menor para o Concello, grazas á introdución do concepto de progresividade que permite manter, mellorar e facer máis accesibles as medidas de conciliación nas que Ames é un exemplo. Ademais, o presuposto garante a posta en marcha da segunda fase da administración electrónica. O orzamento deseñado polo Concello tamén garante o mantemento de infraestruturas viarias no rural de Ames.
Investimentos
Nos orzamentos deseñados polo Concello de Ames destaca a partida de 2.740.547millóns de euros destinados aos investimentos reais, que inclúen obras e inversións en todos os eidos da xestión municipal. O esforzo inversor céntrase no saneamento, abastecemento e distribución de augas, nos traballos de mellora en vías públicas e estradas, no fomento do emprego, na mellora de infraestruturas e no mantemento e mellora da rede de centros escolares.
Neste capítulo inclúese, entre moitos outros, os investimentos consignados á reparación do firme e pintado da Travesía do Porto ou os destinados á compra de terreos para a potabilizadora Ames-Brión. No eido da educación, sobresaen os 139.763 euros consignados para o acondicionamento da Biblioteca Municipal do Milladoiro e entre os investimentos previstos en camiños veciñais destacan a segunda fase da pavimentación interior en Lapido, as obras de actuación de minoración de afección das avenidas do Rego dos Pasos en Bertamiráns, e o acondicionamento e os traballos de mellora en varias pistas do municipio.
Ademais, no orzamento de 2012 consígnase unha partida para o alumeado público deNadal, unha partida que nas anteriores contas quedara sen orzamento, xa que sedesviara a partida destinada a este fin a outros pagos.
Un orzamento realista
Unha boa mostra de que se trata dun orzamento municipal realista é que, por exemplo,os ingresos derivados do Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO), queno orzamento de 2010 ascendían a 2,4 millóns de euros redúcense ata os 240.000euros. Esta redución, do 90%, vén derivada da situación actual do mercadoinmobiliario (que xa era moi desfavorable no 2010) e, fundamentalmente, de que aprevisión das últimas contas non respondía a unha estimación fiable e fundamentada. Defeito, os dereitos netos liquidados por este concepto resultaron tan só de 700.000euros, algo que incidiu moi negativamente sobre a liquidación do 2010 e que, con todaseguridade, se repetirá na de 2011.
Obradoiro de emprego Encontro verde
Ademais, aprobouse por maioría absoluta, cos votos a favor dos once concelleiros e concelleiras do grupo municipal popular e coa abstención dos nove concelleiros/as do grupo socialista e Ames Novo, o convenio de colaboración entre os concellos de Ames e Brión para a xestión compartida do obradoiro de emprego Encontro verde.
Segundo explicou o concelleiro de Promoción Económica e Traballo, Bernardo Moar, este obradoiro de emprego permitirá crear 43 novos empregos a través de dous obradoiros formativos. Un trataría sobre a instalación e mantemento de xardíns, no que participarían 20 persoas, e outro versaría sobre a atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, no que participarían 15 persoas. Unha vez aprobado este convenio en ambos os dous Concellos, agora haberá que solicitarlle á Consellería de Traballo e Benestar unha subvención, que ascende a contía de 359.182,71 euros, para poder desenvolver este proxecto. A través desta axuda financiaríase a maior parte do proxecto xa que os Concellos asumirían un investimento de 50.602 euros, dos cales o Concello de Ames achegaría o 83% e o Concello de Brión o 17% restante.
Outro dos puntos que se aprobou no pleno ordinario de agosto foi a elección da xuíza de paz substituta do Concello de Ames, Dolores Cardelle Leis. Este punto foi aprobado por unanimidade de toda a corporación. A fixación dos festivos locais para o próximo ano tamén foi aprobada por unanimidade. Deste xeito, establécense como festivos locais para o ano 2013, o 19 de marzo (día de San Xosé) e o 9 de maio (día da Ascensión). Por último aprobouse por maioría absoluta, cos votos a favor dos membros do grupo municipal popular, a participación do Concello de Ames no Plan DTC-94 da Deputación da Coruña. A través deste plan o Concello recibirá 393.728 euros que destinará a gasto corrente.
----------------------------
AMES NOVO
Un goberno de costas á cidadanía
(Ames 31-08-2012) O Pleno de Ames do mes de agosto escenificou a situación do noso concello: a cidadanía deulle as costas ao goberno, despois de que o seu goberno se puxese de costas á xente. Os veciños do rural encheron o público desbordando o salón de Plenos para trasladar a cívica protesta da Plataforma do lixo. Ames Novo fixo valer a dignidade da súa representación cidadá para evitar que o alcalde elimine os seus dereitos como concelleiras e concelleiros.
Durante o Pleno a maioría do público asistente deuse a volta diante das intervencións do goberno, e ataviados con bolsas do lixo negro escenificaron a protesta en contra do cobro retroactivo do lixo. A escena era moi representativa da situación municipal de Ames: un goberno alleo aos problemas da xente, adoptando medidas contrarias á maioría da sociedade, un goberno que non dá a cara, que lle dá as costas á sociedade que representa. En fronte a cidadanía con toda a súa dignidade tamén lle dá as costas ao seu goberno, manifestando o desacordo cunha medida inxusta e o desprezo ante esa forma de gobernar. Tamén se percibe como o goberno perdeu a súa maioría na rúa, hoxe xa non conta co respaldo da maioría da sociedade amesá, é un goberno ilexítimo.
O tema estrela era a aprobación dos orzamentos do 2012, e neste punto as/os concelleiras/os da oposición decidiron non intervir como protesta á vulneración dos seus dereitos. No Pleno anterior o alcalde non permitiu que Ames Novo e o PSOE retirasen as súas propias emendas, contra o criterio da secretaria municipal quen recoñeceu este dereito. Ambas forzas políticas presentaron un recurso de reposición que aínda non foi respondido polo alcalde, nesta situación o punto non debería ser tratado ata que se repoña a legalidade e se restablezan as regras de xogo democrático. Esta trangallada foi feita polo goberno do PP para evitar perder a votación dos Orzamentos no Pleno dado que estaba en minoría polos seus conflitos internos. Se o alcalde non resolve Ames Novo continuará coa demanda nos tribunais.
Neste punto Pilar Candocia emprazou ao alcalde a que dera a cara, a que mirase aos ollos a xente, e que soubese afrontar as consecuencias dos seus actos. Candocia sinalou que o goberno non pode adulterar as regras do xogo "é unha vergonza ver como vostede que tanto criticou as formas alcalde anterior pola súa prepotencia, agora o faga moito peor, atropelando os dereitos básicos dos representantes cidadás". Entre aplausos dos asistentes Candocia comentou "comprendo moi ben que a cidadanía estea farta destas maneiras retorcidas e hipócritas dos partidos tradicionais, que din unha cousa e fan a contraria", "quen o viu e quen o ve señor alcalde, nin a min nin ao grupo de Ames Novo nos verá facendo estar cousas, non é o noso estilo; antes de facer algo así marcho para a miña casa coa cabeza alta, a política pode ser unha cousa moi digna, pero desde logo non o que vostedes fan".
Outro punto relevante foi referido ao Plan da deputación DTC-94, no que o goberno decidiu que estes fondos, concibidos orixinariamente para investimento, se destinasen a gasto ordinario, en concreto para a limpeza urbana. O concelleiro de Ames Novo Anxo Doval puxo en evidencia as contradicións e a incapacidade do goberno no ámbito da xestión económica: "primeiro din que cos prestamos solicitados xa era suficiente para dispoñer un orzamento equilibrado e agora teñen que botar man de recursos externos para o gasto corrente". O PP mostra a simplicidade da súa política económica: facer cadrar as contas, depreciando o valor dos investimentos en obras municipais na calidade de vida dos veciños pero tamén como un factor para a dinamización económica e o emprego. Anxo Doval mostrou a incompetencia dun goberno que, tendo maioría absoluta, trae os orzamentos a 4 meses de rematar o ano e sen ter presentado a liquidación do exercicio anterior; todo isto, logo da queixa continua do PP a respecto do goberno anterior polos atrasos na presentación das contas, e logo que ano pasado o Concello estivese a punto de perder a contribución estatal por non presentar as contas en prazo.
Outro ámbito onde se viu confrontación de modelos políticos foi en referencia a un convenio para un Obradoiro de emprego. Ames Novo apoia completamente a implicación municipal na cualificación profesional pero oponse ao modelo proposto polo PP que vai conveniar cun centro privado, ao que lle paga por desenvolver a docencia e as prácticas dos alumnos. Pilar denunciou a política privatizadora do PP neste campo, no que Ames debería contar con varios centros de día públicos para atender as necesidades da xente maior. Está proposta é moi perigosa dado que se lles dá "un caramelo aos usuarios, que recibirán atención durante os 6 meses do obradoiro, para logo quitárllelo e non se sabe que pasará con eles. Esta proposta favorece de facto a privatización dun servizo que ten que ser público que a cada paso Ames precisa máis."
Outros temas como a aprobación da xuíza de paz substituta e o calendario de festivos locais -San Xosé e a Ascensión- foron aprobados por unanimidade, nun Pleno no que os protagonistas volveron a ser os veciños do rural e a súa cívica protesta.
........................................
PSOE
O GRUPO SOCIALISTA DENUNCIA A PREPOTENCIA DE SANTIAGO AMOR AO APROBAR OS ORZAMENTOS SEN RESOLVER O RECURSO DE REPOSICIÓN
O PSOE anuncia que, de non haber resposta por parte do goberno local, continuarán a denuncia pola vía contencioso-administrativa
Os orzamentos aprobáronse co silencio da oposición en protesta pola vulneración dos dereitos destes concelleiros
O grupo socialista de Ames entende que no pleno municipal celebrado onte volveron vulnerarse os seus dereitos como oposición ao continuar coa aprobación dos Orzamentos sen estar resolto o recurso de reposición que, xunto con Ames Novo, presentaran por rexistro hai case un mes. “Unha vez máis Santiago Amor fixo gala da súa actitude máis prepotente e non atendeu aos nosos requerimentos de retirar o debate dos Orzamentos mentres non se nos dera resposta ao noso recurso”, explicou o voceiro municipal socialista, José Miñones.
Unha actitude que os socialistas consideran “unha total falta de respecto e unha burla á oposición” e advertiron que, de non contestar ao recurso, continuarán pola vía contencioso administrativa ata acadar a reposición da legalidade. O prazo para que o goberno local de Ames conteste remata a vindeira semana, pero os concelleiros socialistas teñen pouca fe en que Santiago Amor dé a cara. “O alcalde conseguiu que para este pleno acudiran a votar os seus concelleiros díscolos, e aproveitou a man para sacar adiante uns orzamentos que supoñen un profundo recurte nos servizos e unha suba importante dos impostos e taxas que poñen en perigo servizos sociais que Amor di defender”, afirmou Miñores.
O voceiro socialista explicou que tantos eles como Ames Novo permaneceron en silencio durante o debate do punto relativo a aprobación dos Orzamentos como sinal de protesta ante este abuso e lembrou que a presentación do recurso veu motivada pola retirada dos Orzamentos da orde do día do pleno ordinario do mes de xullo. Daquela, o alcalde non deixou retirar as emendas aos orzamentos municipais que presentara a oposición e deixou sobre a mesa o debate e votación sobre o orzamento, á vista de que o grupo de goberno carecía de votos suficientes para aprobalos.
Miñores lembra que a lexislación nesta materia recolle que o Alcalde non ten potestade para deixar sobre a mesa, ou eliminar, un punto da orde do día, unha vez que se ten iniciado o debate dese punto pois a decisión correspóndelle ao pleno municipal. De aí que a oposición solicitara un recurso de reposición do que aínda non obtiveron resposta e no que se solicita que o debate se retome no punto da orde do día sobre os orzamentos, admitindo a retirada das emendas presentadas e garantindo que a sesión prosiga nos mesmos termos e cos mesmos concelleiros que constituían o
Ningún comentario:
Publicar un comentario