Psoe Oroso - este sábado encontro da agrupación socialista de Oroso con veciños e simpatizantes

A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO CELEBRA ESTE SÁBADO UNA NOVA EDICIÓN DO ENCONTRO SOCIALISTA OROSÁ CON VECIÑOS E SIMPATIZANTES

Desde hoxe pódense retirar as invitacións de balde para asistir ao acto no que estarán presentes, entre outros, Francisco Caamaño e Pachi Vázquez
A agrupación socialista de Oroso celebrará o vindeiro sábado, 1 de setembro, un novo Encontro Socialista que, como ven sendo habitual, servirá de punto de encontro cos simpatizantes e veciños do municipio. A celebración terá lugar na área recreativa da Penateixa (Oroso) a partir das 13:30 horas e contará coa presenza de numerosas personalidades do Partido Socialista. Así, está confirmada a asistencia do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez; de Francisco Caamaño, e presidente do PSOE da Coruña, así como do coordinador comarcal e deputado provincial Antonio Leira e o alcalde de Oroso, Manuel Mirás; ademais de distintos deputados autonómicos e concelleiros socialistas dos municipios limítrofes.

O encontro tamén estará acompañado dun xantar popular no que non faltará a empanada, a carne e o polbo, e a música para amenizar a xornada que ano a ano organiza a agrupación socialista coa veciñanza. 
Cabe lembrar que a entrada, igual que nas cinco edicións anteriores destes encontros, segue a ser libre pero é preciso retirar as invitacións ben personalmente na propia sede socialista no concello, situada na rúa Camiño Real, 11 ou ben a través dos distintos número de teléfono que a agrupación pon a disposición da cidadanía para facilitar a súa asistencia. A recollida dos tickets comezará a partir de mañá martes, e estará aberta ata o venres, e horario de 18.30h a 19.30h, co obxecto de poder facer unha estimación do número de persoas que acodirán a esta cita.

Ningún comentario: