O TORNEO DE FÚTBOL DO CONCELLO DE OROSO PROCLAMA CAMPIÓNS AO ‘DEIXEBRE VINOTECA RAQUEL’ EN CATEGORÍA VETERANOS E AO ‘SIGÜEIRO FC’ NA CATEGORÍA AFECCIONADOS
O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Luis Rey, entregaron os trofeos nun acto conxunto para as dúas categorías
A décima edición do Torneo de Fútbol do Concello de Oroso xa ten gañadores: o ‘Deixebre Vinoteca Raquel’ na categoría de veteranos e o ‘Sigüeiro FC’ na categoría de afeccionados.
| afeccionados |
O ‘Deixebre Vinoteca Raquel’ gañoulle por tres goles a dous ao conxunto veterano do ‘Sigüeiro FC’. Os dous eran os únicos que participaron nesta categoría. Na de afeccionados, o ‘Sigüeiro FC’ clasificouse en primeiro lugar do triangular ao vencer por dous a cero ao ‘ED Xuventude Oroso’ e perder por un a cero ante a ‘SD Deixebre’. A ‘ED Xuventude Oroso’, segundo equipo clasificado, empatou a puntos e a goles co gañador porque vencera por dous a cero á ‘SD Deixebre’, pero o resultado particular do partido entre os que serían campión e subcampión (dous a cero para o ‘Sigüeiro FC’) decantou a victoria.
| veteranos |
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Luis Rey, acudiron á entrega dos trofeos, que tivo lugar no campo de fútbol de Deixebre nun acto conxunto para as dúas categorías, unha vez rematado o triangular de afeccionados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario