Ames - resultado e imaxes do XXVII descenso do Tambre

Un total de 450 padexeiros participaron este domingo na XXVII edición do Descenso do Tambre
Un total de 62 padexeiros participaron no descenso dende Portomouro ata a praia fluvial de Tapia, mentres que 388 nenos e nenas participaron no circuíto que se instalou na praia fluvial de Tapia.
O club amiense Ribeiras do Tambre logrou dous primeiros postos e un terceiro no descenso do Tambre. Alberto Viaño conseguiu unha meritoria terceira posición na categoría K-1 sénior. Irene Mirás quedou na primeira posición da categoría K-1 cadete e Elisa Ricoy logrou a primeira posición na categoría xuvenil feminina K-1.

David Maquieira
A praia fluvial de Tapia acolleu este domingo 26 de agosto a XXVII edición do descenso do Tambre. Uns 450 deportistas, pertencentes a 16 clubs de toda Galicia, xuntáronse na tradicional baixada do Tambre. Jonathan Monteagudo, do club SD AS Xubias, logrou o primeiro posto na categoría sénior K-1 masculina , mentres que na categoría sénior K-1 feminina o primeiro posto foi para María del Carmen Bueno, do club Kayak Mar Ría de Muros Noia. Na categoría C-1 sénior masculina gañou David Maquieira, do club Naútico O Muíño. Este proba está organizada polo Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre en colaboración co Concello de Ames.

Jose Manuel Ferreira
O bo tempo deste domingo fixo que a xente acudise en masa á praia fluvial de Tapia para gozar do piragüismo e ver aos mellores padexeiros de Galicia que se deron cita na XXVII edición do descenso do Tambre. Así a participación nesta proba foi maior do que se agardaba. Un total de 450 padexeiros, pertencentes a un total de 16 clubs de toda Galicia, competiron por alzarse cos premios nas distintas categorías. A baixada do Tambre, organizada polo Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre xunto co Concello de Ames é xa toda unha referencia para o piragüismo galego.

María Carmen Bueno
Na baixada desde a ponte de Portomouro ata a Praia Fluvial de Tapia participaron padexeiros das categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano. Dentro destas categorías competiron un total de 62 padexeiros que tiveron que percorre 6 quilómetros de distancia. Tampouco faltou o circuíto da praia fluvial, reservado ás categorías infantil, alevín e benxamín que percorreron 1.500 metros. Nas categorías de nenos/as participaron un total de 388 padexeiros.

Na categoría sénior masculina, os gañadores foron Jonathan Monteagudo do club As Xubias, na categoría K-1, e David Maquieira do club O Muíño, na categoría C-1. Estes padexeiros repetiron vitoria xa que na edición de 2011 tamén lograron o primeiro posto nestas categorías. Alberto Viaño, do club Ribeiras do Tambre, logrou unha meritoria terceira posición na categoría K-1 sénior. Na categoría masculina de veteranos gañou José Manuel Ferreira do club piragüismo Narón e María del Carmen Bueno, do club Muros-Noia, en K-1 feminino. Ao igual que no caso anterior esta padexeira tamén repetiu vitoria.

Por outra banda, na categoría xuvenil masculina K-1 impúxose Ramón Gondar, do club náutico O Muíño, mentres que na categoría xuvenil feminina K-1 o primeiro posto foi para Elisa Ricoy, do club Ribeiras do Tambre. Na categoría xuvenil masculina C-1 gañou José Ramón González, do Club piragüismo Rianxo.

Na categoría cadete, na modalidade masculina C-1 gañou Lorenzo Rodríguez, Club piragüismo Rianxo, e na modalidade K-1 impúxose Borja Bejo, do Club náutico O Muíño. Mentres que na modalidade K-1 cadete pero categoría feminina gañou Irene Mirás, do club Ribeiras do Tambre.




Ningún comentario: