Os nenos e nenas de Ordes despídense das actividades de conciliación familiar cunha gran festa de clausura
Cunha gran festa onde non faltaron os xogos, a diversión e ata as batallas con pistolas de auga esta mañá os nenos e nenas de Ordes despedíronse das actividades de conciliación familiar.
Os monitores desta nova edición das escolas de verán foron os encargados de facerlle entrega a todos eles dos seus diplomas acreditativos. Cada verán o Concello de Ordes organiza esta iniciativa co fin de facilitarlle ás familias do municipio o coidado dos máis novos da casa durante as súas vacacións estivais. Actividades de carácter lúdico e didáctico ocuparon durante estes meses as horas centrais do día destes rapaces e rapazas, que convertiron o local social nunha particular aula. Todos eles tamén tiveron tempo de realizar distintas excursións polo exterior, ademais da realización de actividades e xogos nos distintos parques da vila de Ordes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario