O Hotel Eurostars Araguaney abre ao público a súa renovada cafetaría
Hoxe sábado o afamado Hotel Araguaney de Santiago de Compostela abre ao público a súa cafetaría cunha nova entrada pola Rúa Montero Ríos.
O Hotel Eurostars Araguaney ven de renovar a súa cafetaría e estrena nova carta cunha gran variedade de cafés, tés, chocolates y delicias para petiscar. Non faltan o clásico vienés, un exquisito café bautizado como o galego goloso, tés florais e aromáticos, así coma varias combinacións de chocolates, deliciosos sándwiches, hamburguesas, bocaditos e o tradicional pepito de tenreira.
O Hotel Araguaney Café configúrase, gracias a esta reforma, coma unha cafetaría aberta ao público en xeral, á que se pode acceder por unha nova entrada habilitada pola Rúa Montero Ríos. Tamén haberá un acceso dende a recepción do propio hotel.
Dende hoxe, composteláns e turistas poderán desfrutar da nova cafetaría do emblemático Hotel Eurostars Araguaney, ubicada na planta baixa do mesmo e con vistas ás rúas máis céntricas de Santiago de Compostela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario