11.15 h
Na Porta do Camiño (inmediacións do Centro Sociocomunitario), a concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, participa na campaña Hidráta-T, do Urbana Santiago Norte, na que se repartirán botellas de auga e información aos maiores para evitar estados de deshidratación.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.
Verán na rúa
19:30 Praza da Quintana
OS SETE MAGNÍFICOS MÁIS UN
“Dous pallasos en apuros”Galicia. Clown e farsas clásicas de circo. A partir de 3 anos.
Dous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de Os Sete Magníficos máis Un. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni para, sen esquecer a creatividade e actitude de risco características desta compañía, compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar.
“Os Sete Magníficos + Un” quixeron con esta peza levar os narices vermellos enriba dun escenario”, afirman os protagonistas, sendo a única produción do teatro galego infantil que inclúe este elemento. Ademais coa estrea deste obra a compañía pretende afondar na creación dun espazo para os números clásicos e sinxelos do mundo do pallaso de circo, a través de espectáculos de pequeno formato que, polas súas características,
poidan adaptarse practicamente a calquera espazo escénico, tanto en interior como en rúa

Ningún comentario:
Publicar un comentario