Brion - o servizo de emerxencias extingue un lume en Ames

O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE BRIÓN EXTINGUE UN LUME NUN ALPENDRE DE PROUPÍN, EN AMES

31 de agosto de 2012.- O Servizo de Emerxencias de Brión (SEBRI) realizou unha intervención na tarde de onte para sofocar un lume que se orixinou nun alpendre situado no lugar de Proupín, na parroquia de Ames (Ames). O incendio entrañaba peligrosidade, debido á proximidade do alpendre co monte e polos materiais almacenados xa que no lugar había vehículos, bombonas de acetileno e ferramentas de soldadura e traballo, co conseguinte risco de explosión o inhalación de fumes tóxicos. 

O SEBRI recibiu o aviso do 112 ás 16h e desprazouse ao lugar para proceder á extinción, na que contou coa axuda dunha motobomba da Xunta de Galicia. O Parque Comarcal de Boiro tamén se puxo a disposición do SEBRI por se fora necesaria a súa axuda, aínda que finalmente os dispositivos desplazados foron suficientes para controlar o lume despois de catro horas de traballo e 10.000 litros de auga empregados.

Os efectivos do Grumir tiveron, ademais, que proceder a desescombrar o lugar e enfriar os materiais máis peligrosos (vehículos de motor, bombonas, 150 alpacas e herba seca...) para evitar que puidera reavivarse ou provocar máis danos. Afortunadamente tan só houbo que lamentar danos materiais e non foi preciso o traslado ao centro médico de ningunha persoa.

Ningún comentario: