A S. D. Compostela proclámase en Ordes campión da I Supercopa Diputación
A media hora de finalizar o encontro os campións desta edición viron como o Silva remontaba un 3 a 0 que foi sentenciado na rolda de penaltis
Ordes 31 agosto 2012. A S. D. Compostela proclamouse onte campión da I Supercopa Diputación ó vencer ó Silva no campo de Vista Alegre de Ordes. O concello ordense acolleu unha final que media hora antes do seu final parecía sentenciada a favor do Compos que vencía por 3 a 0. Dous destes tantos foron marcados por Louro e outro por Tachi. Pero minutos antes do pitido final o marcador reflexaba un empate que se tivo que resolver na rolda de penaltis. A victoria supón, ademais do trofeo, 2.000 euros para o equipo gañador.
Nas gradas da cidade deportiva de Vista Alegre estiveron presentes a tenente alcalde Silvia Marín e o concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias. Ambos dous acompañaron a Manuel Taboada, representante por parte da Deputación da Coruña, encargado de entregar a copa ós vencedores desta competición.
FICHA
Compostela: Adrián, Borja, Jimmy, Tachi, mariño, Germán, Nogueira, Gonzalo, Louro, Peláez, Martín González.
Cambios: Alex, Manu Rodríguez, Catú, Uru, Manuel Castiñeiras.
Silva: Marcos, Cano, Popi, David, Iván, Diego, Carlos, Migueliño, Manu, Diego, Capi e Isaac.
Árbitro: García Villaverde

Ningún comentario:
Publicar un comentario