Axenda - venres 31 - Santiago, Tráfico, Ames, Ordes. Oroso, Silleda

SANTIAGO
11.00 h
Na rúa República Checa, 17 (Polígono Empresarial Costa Vella), as concelleiras Paula Prado e María Castelao visitan as instalacións centrais de Coregal, empresa de reciclaxe que forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

11.45 h
Na Casa do Concello, recepción á organización da Volta Ciclista a España.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local. 


12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

13.10 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á saída neutralizada da 13ª etapa da Volta Ciclista a España: Santiago-Ferrol.

VERÁN NA RÚA
19:30 Praza da Quintana
ROI SIXTO
“Roi o Cagabolas”
Galicia. Malabares e maxia cómica. Todas as idades
Roi Sixto é un malabarista ferrolán que representa a nova xeración de artistas de rúa e de novo circo que emerxeu en Galicia nos últimos anos e que, pouco a pouco, están a conquistar as prazas e teatros galegos.
Empezou a súa formación en Narón, da man da compañía Picompé, e posteriormente foi mellorando a súa técnica e ampliando os seus coñecementos en diversos espazos, como La 
Ciudad de los Muchachos en Ourense ou a Asociación de Novo Circo Pista Catro de Santiago de Compostela. 
Cos anos, Roi Sixto foi converténdose nun dos malabaristas de referencia en Galicia, e desde 2004 traballa profesionalmente co seu espectáculo Roi, o Cagabolas, co que visitou multitude de vilas e cidades galegas. Asemade, sigue colaborando con outros artistas galegos, como o malabarista Kote ou a compañía Picompé, cos que traballa habitualmente noutros espectáculos.
Malabarista multidisciplinar, domina diversas técnicas, desde as máis habituais (bolas, aros, diábolo ou mazas) ata outras moito menos comúns nos escenarios galegos, como o rulo americano. Pero se por algo podemos destacar a Roi Sixto é polas súas rutinas con bolas de rebote, sendo o único malabarista galego que inclúe esta espectacular técnica no seu espectáculo.
Tamén ten un importante currículo como formador, como monitor de malabares, globoflexia e educación física, destacando os obradoiros realizados para o programa Noites Abertas de Ferrol o na Escola de Circo Santa Cecilia de Narón (A Coruña)

TRAFICO
ASUNTO: Restricións ao tráfico por mor 
da Volta Ciclista a España 2012
Este venres día 31 de agosto, ás 13:20 horas, terá lugar a saída dende a nosa cidade da Volta Ciclista a España 2012”, partindo da praza do Obradoiro, co seguinte itinerario: praza do Obradoiro, Fonseca, praza de Praterías, rúa do Vilar, Porta Faxeira, Campo da Estrela, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, Camiño Novo, avenida Mestre Mateo, avenida Victoria Míguez e rotonda de Vidán, seguindo pola estrada AC-543 en dirección a Bertamiráns - Ames. A saída será neutralizada ata o km 0,5 da AC-543 (rotonda de Brandía).
Por este motivo, a avenida Xoán XXIII (dende o Cruce do Burgo), a rúa San Francisco, a costa de San Francisco, a rúa Castiñeiros e a rúa Costa Nova quedarán pechadas ao tráfico cando menos dúas horas antes da saída. Así mesmo, sobre as 13:00 horas, pecharase ao trafico o itinerario urbano antes mencionado, coas seguintes modificacións no tráfico:
- O tráfico que circula pola rúa Rosalía de Castro, procedente de Pontevedra, no cruce do Camiño Novo será desviado cara a avenida Romero Donallo.
- O tráfico que circule pola avenida Torrente Ballester e pola rúa da Choupana cara a avenida Filgueira Valverde (dirección Noia), será desviado na Volta do Castro cara o Milladoiro, para tomar a AG-56 Santiago – Brión.
- O tráfico procedente de Santa Comba – Carballo pola AC-404 será desviado en Vista Alegre cara a avenida de Castelao.
Así mesmo, quedará prohibido o estacionamento na rúa Carretas dende as 22:00 horas do día 30 ata as 14:00 horas do día 31
Todos os cortes e os desvíos estarán debidamente sinalizados e atendidos pola Policía Local coa colaboración de Protección Civil. O Concello prega os cidadáns desculpen as molestias que esta alteracións poidan causar.

ASUNTO: Corte de tráfico no acceso ao Polígono do Tambre
Con motivo das obras de abastecemento do polígono da Sionlla, cortarase o tráfico á saída do Polígono do Tambre polo Periférico e pola N-550 (dirección Santiago) o venres 31 de agosto, entre as 22:30 e as 7:00 horas. A saída do Polígono realizarase pola rúa do Tambre ou pola rúa da Polleira, a carón do cemiterio de Boisaca.
Xa o sábado 1 e domingo 2 de setembro, cortarase o acceso ao Polígono dende o Periférico e a N-550 entre as 22:30 e as 7:00 horas, accedendo os vehículos á área industrial polas rúas anteriormente citadas. 
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

AMES
Na praia fluvial de Tapia festa de peche do servizo de bibliopiscinas

A partir das 16:30 h. haberá un obradoiro de pintado de camisetas e as 18:30 h. a narradora e escritora, Charo Pita, encargarase de contarlle un conto aos nenos e nenas que participen nesta festa.
-------------------------------
A parroquia amiense de Lens celebra durante esta fin de semana as festas na honra do seu patrón san Paio 
O programa de festexos comeza hoxe ás 13:00 horas, cunha misa cantada. Tralo xantar, ás 18:00 horas, xogaranse as semifinais do campionato de tute no teleclub da parroquia
------------------------------
A décimo terceira etapa de La Vuelta a España, que consta de 172,8 quilómetros, desenvolverase entre Santiago de Compostela e Ferrol. Arredor das 13:30 h o pelotón pasará pola avenida da Maía e pola avenida da Peregrina, ambas dúas situadas en Bertamiráns, camiño de Negreira. Dende a Policía local de Ames avisan que estas rúas estarán cortadas ao tráfico durante o tempo que pase o pelotón por territorio amiense. Debido a iso recomendan evitar pasar pola avenida da Maía e da Peregrina entre as 13:00 h e as 14:00 horas.

ORDES
A partir das 11 e ata ás 13 horas a piscina municipal acollerá unha serie de competicións e probas coas que se despedirán os cursos de natación ata o vindeiro ano. Búsqueda do tesouro, partidos de waterpolo, xincanas, ou carreiras de sacos entre outros serán algunhas das competicións que os monitores teñen previstas. 

OROSO


A derradeira actividade da Semana Cultural 2012 terá lugar hoxe a partir das 19 horas na piscina municipal. Trátase do espectáculo de cabaré da compañía ‘Manicómicos’, dirixida a todos os públicos. No caso de que a meteoroloxía fose desfavorable, esta representación trasladaríase ao Centro Cultural Fernando Casas e Novoa.


SILLEDA
No mosteiro de Carboeiro aCadaCanto as 9 e media da noite
Guadi Galego, Guillerme Fernández, Xavier Díaz e Xosé Lois Romero son os artífices do traballo resultante deste xuntoiro de artistas con traxectorias independentes. Aínda que xa teñen coincidido en moitas ocasións, esta é a primeira vez que os catro participan de forma conxunta


Ningún comentario: