Dende o Concello de Silleda séguese a traballar para que a nena de Sante poida contar coa parada que lle corresponde
Silleda, 29 de febreiro de 2012
O Concello de Silleda está a traballar cada día para que a nena de Sante, na parroquia de Laro, poida contar coa parada que lle corresponde para desfrutar do servizo de transporte escolar.
Na actualidade estanse a levar a cabo todos os trámites necesarios, e aínda que este tema trascendeu aos medios recentemente, o primeiro informe enviado á Xunta de Galicia con por mor disto, ten como data o 20 de setembro do pasado ano, tan só 4 días despois de que a familia da pequena presentase a solicitude correspondente no Concello, e dende entón non se aparcou o tema nin un só día.
A día de hoxe, dende a Xunta de Galicia recoñeceron que cometeron un erro, posto que a estrada á que afecta este tema non pertence ao Ministerio de Fomento, entidade á que remitían ao Concello e tal como informara nun principio, senon que compete á Consellaría de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras, así como á Consellería de Educación polo tema da marquesiña e parada do autobús escolar, organismos estes dous aos que o Concello lles ten que solicitar permiso. A situación era que dende a Xunta, indicóuselle ao Concello que todas as peticións e reclamacións se lle debían facer ao Ministerio de Fomento posto que era o responsable da vía á que afectaba este problema, cando é unha estrada que compete ao goberno galego, e non ao central.
Recoñecido e rectificado este erro por parte do goberno autonómico, o Concello de Silleda continúa traballando para que non afecte máis ao tema iniciou conversas coa Subdirectora Xeral de Xestión Orzamentarioa da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e tamén co Delegado Territorial, Cores Tourís, e que ambos cargos se mostraron moi receptivos a buscar unha solución na que prime sempre o interese xeral, sen esquecer en ningún momento o especial deste caso, e a partir de agora, o tanto o goberno local como as entidades autonómicas manteranse en continuo contacto, para dar co mellor fin para este tema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario